viernes, 5 de junio de 2009

PECHADO POR REFORMAS


ABERTO POR REFORMAS, PECHADO POR ALBERTO

Como grupo de jaiteirada que somos "OS DE SEMPRE" grupo de musica folklorica galega, queremos expresar a mais enerxica protesta pola expulsión do locutor do programa "Aberto por Reformas" da Radio Galega, Xurxo Souto, e polo novo matiz que a nova dirección lle impuxo a este programa O programa da Radio Galega, Aberto por Reformas que ata o luns dirixía Xurxo Souto, era o unico programa da radio autonómica que loitaba pola música galega dentro de un espacio de radio formula, foi pechado o pasado luns 1 de Xuño pola nova direccion da Radio Galega, e como primeira medida decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa. Este programa era un espacio aberto a todos os grupos galegos de calquera expresion musical, e son moitos os grupos Galegos que xa manifestaron a sua oposición a esta medida. O martes 2 de xuño, ás sete e cinco da tarde, o programa comezou coa mesma sintonía e o mesmo nome, pero con un presentador distinto, Xusto López Carril. Non só era unha voz distinta, senón unha nova filosofía de programa na que a música galega perdía completamente o protagonismo, a pesar de manter formato. López Carril abriu a emisión con unha primeira canción de Bruce Springsteen.

Xurxo Souto que estivo fai menos de un mes en Salceda de Caselas, concretamente na festa Trececatorceadora co seu grupo Os Tres Trebóns, finalizou esta última emisión final despedíndose dos oíntes, dando as grazas, e reivindicando a riqueza e o valor da música galega:
- "chega o momento da despedida. Hai máis de tres anos principiabamos esta aventura. E agora chega o momento de dicir adeus, e dicir grazas (...) Grazas a tantos artistas galegos, a tanto talento. Somos un pobo de artistas. Cando chegamos houbo certas dúbidas. Había quen dicía que non había música galega de abondo para encher unha hora de programación diaria. E a verdade, e dígoo sen ningún pudor, é que botamos por fóra. A aventura continúa. Agora chega o tempo de que veñan outros compañeiros para manter aceso este facho sonoro. Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu".


Audio da despedida de Xurxo o dia antes:




Recoñecendo que como subdirector de programacion da Radio Galega, como era Xurxo Souto ata o 1 de xuño, non podería seguir mantendo este cargo o haber cambio politico na Xunta, si creémos que se podería manter como locutor de programa, mantendo a mesma filosofía, porque creemos que debe exister un programa que recolla o sonido dos grupos galegos e difundilos a traves das ondas para que todos os poidamos coñecer e disfrutar, quen sabe pero.. o mellor nos "Os de Sempre" tamen teríamos cabida neste programa. Para este ano xa tiñamos preparado unha cancion do Rodaballo para participar no apologhit 09, a cancion do veran en Galicia, pero agora teremola que traducir o injles, para poder participar.



Dada a importancia da existencia dun programa de estas caracteristica, que difunda a cultura musical galega, xa seña tradicional ou moderna, estase a organizar por todo internet medidas de protesta para recuperar o espíritu do programa.

Unha das primeiras medidas é remitir á radio galega o sentir do moitos mozos, e non tan mozos, que colleron este programa como xeito de expresión dunha cultura que está aí e que axudou a xurdir unha morea de grupos músicais, de todos os estilos e cunha proxección discográfica que fixo batir nestes últimos anos o record de publicacións de discos e festivais.

Si queres protestar, envia un correo coa tua queixa a estes correos:

info@crtvg.es
abertoporreformas@crtvg.es
sxpl.secretaria@xunta.es
dir.rg@crtvg.es


Para mais informacion sobre este tema, visita:

http://www.blogoteca.com/malmequer/

http://www.vieiros.com/


http://www.ghastaspista.com/novas/

http://www.komunikando.net/
.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Na web komunikando.net hai un manifesto no que se pode asinar tanto de forma individual como colectivos, grupos, asociacións, etc... para protestar polo cambio radikal que sufriu o programa.

Un trezecatorzeador.

[Valid Atom 1.0]