lunes, 1 de junio de 2009

ROMERIA DE SAN CIBRAN 09



Como desde o ano 1900, o ultimo sabado de maio, despois de rematar a sementeira, a xente acude a celebrar a Romeria de San Cibran no alto do monte do seu mesmo nome a 430 metros de altura con presiosas vistas sobre o val do Tea, que esta situado no límites dos concellos de Salceda de Caselas e Ponteareas, onde se atopa unha ermita e unha cruz con data do 1900 con inscripcions no seus pedestal das numerosas parroquias que participaban na bendicion no seu día. A ermita reahilitada no ano 2001, atopase en terreos da parroquia de San Xian de Gulans pero existen dos torreiros de festas, un en terrenos de Gulans e outro en terrenos da Picoña co cal existe unha pequena rivalidade pola organizacion dos festexos, non así pola organizacion da misa en honra o santo que se celebra conxuntamente.

Hai que recordar que antigamente subianse os santos a pé desde as distintas igrexas parroquias como a de Salceda, Alxen, Cabreira, Nogueira, Cristiñade, na atualidade solo suben os santos os de Gulans e a Picoña, mantendose ainda a tradicion de subir o monte a pé o día de romeria, tamén son moitos, os mais xovenes, os que acuden xa na noite do sabado quedando a dormir no monte donde se organiza unha verbena e se disfruta de moita diversion. Xa no domingo a xente acude a honrar o santo e a comer coa familia e pasar un dia no monte, era tradicion levar unha espaldilla do porco salada e un garrafon de viño, co cal a farreada e borracheira eran de consideracion concluindo moitas veces a romeria en liortas e pelexeiras.

Os de sempre despois de varios anos sen subir a San Cibran, voltamos esta ano a visitar romeria a pé como manda a tradicion, a pesar de que tan só se animaron un poucos.

Saímos as 9:30 da maña do domingo diante do Centro Cultural da Feira


Noelia desayunando







A expedicion que partiu a pé a San Cibran, outros foron no coche














Almorzando no Padrán, antiguamente aqui faciase un descanso cando subian a pé cos Santos e aproveitaban tamén para almorzar.



Pan de Marruecos.



Tortilla riquíiiiiisima feita por Cristina as 7 da maña.










Reemprendendo o camiño despois de almorzar e 2 botellas de viño.


A parte mais dura por culpa do sol e o polvo do camiño.



















Subida de tractores e chimpíns polo camiño de Cristiñade.





A vista son espetaculares, fixandose ben podedes ver Ponteareas o fondo.






Neste tramo seguianos as xentes do Castro Barreiro que todos os anos suben a Romeria, nunha actividade organizada polo Centro Cultural.




Antigua subida da Parroquia de Salceda cos santos a San Cibran, donde levaban os santos a hombros desde a Igrexa de Salceda, aproximadamente 5 km.


Unha das anecdotas dos Santos que levaban os de Salceda era a Virxe do Carme, chamada polas outras parroquias a Bufona, porque cando se chegaba a ermita de San Cibran, esta Santa poñíana no lugar de San Cibran, xa que este se colocaba na andilla para realizar a procesión, producindose moitas queixas das outras parroquias, vivíndose momentos de tensión incluso pohibindolle o paso da santa o interior da igrexa como sucedeu nunha ocasión.

Chegando a San Cibran preto das 12 do mediodía







Tractores ornamentados




Antigamente moitos subian en burros e cabalos.



Na actualidade a maioría sube en coches





Recuperando os folgos despois da dura subida, non tanto polo camiño, si polo sol.


Imaxe actual da ermita de San Cibran




Imaxe da Cruz de San Cibran


Antiga foto da cruz de San Cibran, podemos ver que antes era monte pelado, hoxe atopase un gran piñeral que aporta moita sombra.



Postos de rosquilleiras refuxiandose do sol.




A moda ye-ye tamen tivo presencia na romeria



A cantina e torreiro da Parroquia de Gulans





A cantina da parroquia da Picoña.





Actuación da Charanga NBA no torreiro de Gulans


Mozas da Feira tocando ou facendo que tocaban na romeria


Minutos antes da celebración relixiosa.



O mítico Penedo de San Cibran na actualidade.



Mozos posando diante do Penedo de San Cibran, portando cada un seu garrafón.






Cibran celebrando o día de San Cibran





Esperando para comer todos xuntos, e disfrutar de un salpìcon, tortilla...








A familia toda reunida, os ovos cocidos, o xamon salado, a espaldilla































4 comentarios:

Ajulla dijo...

Fíxose dura a última parte polo sol, pero o resto estivo moi ben, para repetir de novo en setembro...
E a ver si na próxima somos máis.
E a recuperarse das coloracións do sol e das agujetas, jajajajaja...

Anónimo dijo...

parece que estaban facendo o camiño do Rocio, con esas carretas tan decoradas, os fieles peregrinando, todos o sol ......

Anónimo dijo...

e eu que pensaba que o sendeirismo o inventara a nosa xeración para queimar o colesterol, pero tamén foi invento da igrexa. Hai que foderse.

NENA dijo...

Estivo moi ben a subida o monte e como non o NENO mais eu ya nos apuntamos para a proxima.
O mellor do camiño foi o almorzo sin duda, tan diversocultural.
Xa me informei sobre a devastación k fixeron ala arriba e me dixeron k eses montes onde plantaron o eucalipto son de Gulans e k os alkilaron a unha empresa de celulosa, de ahí ese crime forestal.
Bikiños.

[Valid Atom 1.0]