martes, 25 de enero de 2011

TODOS SOMOS MINCHO



Increible todo o acontecido con Mincho, policía local de Salceda e veciño do noso barrio da Feira. Totalmente intolerable os actos sufridos desde estes ultimos meses cara a sua persona, pintadas ameazantes, danos no seu coche, pero o ultimo altercado xa non ten nome, incendio e desfeita da sua vivenda de verán en Hio (Cangas). De mal nacidos, de terroristas, mafiosos se poden calificar estes actos, por moito que sexan as diferencias, discrepancias, ou o que fose o acontecido entre Mincho e a otra parte, non se pode permitir esta reación, para elo o concello de Salceda convoca para maña as 12h. na praza un acto de apoio a Mincho e de repulsa de estes actos violentos...Esperemos que as forzas de seguridade actuen con celeridade e dé con estes desalmados que non teñen cabida na vila de Salceda.

miércoles, 12 de enero de 2011

INCIDENTE CO RANCHO DE REIS

Non pretendemos abrir antigas loitas producidas na parroquia de Salceda de Caselas co tema do Rancho de Reis, pero queremos denunciar un pequeno incidente, desagravio cara o noso grupo OS DE SEMPRE, pois nos meses de verán presentamos a un chamamento do Grupo O SERÁN para retomar nós coa danza de Reis, pois as dúas persoas que ata esa data o estaban bailando non se atopaban con folgos para seguir interpretando esta tradicional danza...Cando acudimos o primeiro ensaio desta danza un dos danzantes encargado de ensaiarnos díxonos que él non se atopaba con ganas de nos ensaiar, pois que xa era maior e non se lembraba de moitos puntos e si podíamos buscar a outras persoas que nos ensaiara e nos aprendera esta danza cousa que ata agora nos resultou moi dificil de atopar alguén disposto a perder o seu tempo para nos aprender esta danza... A sorpresa foi maiuscula cando nos atopamos o día de Reis con un rancho novo feito con danzantes foráneos a nosa parroquia e a Salceda, ¿Quen ensaiou a esta xente? ¿Non quixeron esaiarnos OS DE SEMPRE, por ser do barrio da Feira? ¿Por que non se nos consultou nada? ¿ E mais correcto enseñarlle a xente da parroquia o rancho de Reis ou a otras personas de fora de Salceda? ¿Que opina a concelleira de Cultura sobre este feito?...


[Valid Atom 1.0]