domingo, 14 de noviembre de 2010

II XANTAR ANUAL DO CARALLO



O proximo sabado día 27 de novembro, as 14:30 posiblemente no recinto do Pote da Feira, celebraremos a comida anual de inverno da Peña do Carallo, así que todos os membros de dita peña terán que estar o día nos pagos das cotas para poder asistir o xantar. Como sabedes está exposto na cantina da Feira o carton para realizar os pagos do ano 2010, asi como tamén o menu do xantar, que consistirá en cocido galego, con sopa, galiña vella, todo do porco, carne da falda e do xarrete, patacas, feixon, verzas, chourizos, .... e moito viño. O grupo encargado de organizar este xantar esta composto por Manolo e Ruben de Cholo, Jose e Cesar Fariña, Manolito de Rocha e Oscar. Para o ano quedan encargados de organizar as actividades e a cena do veran e o xantar de inverno: Toñi e Josiño de Milagros, Cesar de Albina, Enri, e Pablo de Gildo. Para o ano seguinte o grupo encargado é Martin, Javi Vello, Abel, Paco de Sara e Ruben de Fino.