miércoles, 24 de junio de 2009

NOITE DE SAN XOAN



A Asociacion Cultural A Feira, organizou esta noite pasada a tradicional noite de San Xoan con sardiñas, viño e pan para todos os socios, e despois da medianoite prenderon lume a unha espetacular fogueira presidida por unha gran sardiña que ardeu ata as altas horas da madrugada. A pesar de estar unha noite fresca a xente acercouse o recinto da Asociación e poido degustar das sardiñas, e como non da actuación musical de OS DE SEMPRE, aínda que estabamos algo mermados en número, pois tan só eramos tres membros da nosa agrupacion musical, fixemos o que puidemos, e parece que algo gustou.

Anos atras quedan estas noites máxicas xunto coa noite de San Pedro, cando se ia polo barrio a roubar os carros, portais, e outros apeiros de labranza e se levaban con moita emoción o adro da Igrexa outra tradición perdida no barrio, e xa van unhas cuantas as que levamos mencionadas neste blog. Aínda que hoxe se podía ver na rotonda do centro da Esfarrapada un carro roubado esta noite. A ver si para o próximo ano preparamos unha entrada coa ultima noite dos carros na que a rapaceada da Feira participou nesta tradición, pois hai unha filmación realizada, teremola que buscar e dixitalizala.



A fogueira de San Xoan da Asociacion Cultural A Feira, ainda sen rematar.


A Sardiña que coronaba a fogueira

Preparando as brasas para asar as sardiñas.








O Equipo Directivo repartindo sardiñas e viño

Pouco a Pouco a xente foise acercando as mesas para probar as sardiñas.



A xente comentaban que as sardiñas estaban moi boas a pesar de estar pouco asadas.








A medianoite cos primeiros minutos do día de San Xoan, prendeuse lume a fogueira, como a tradición pagana manda.




Pouco a pouco foise esmocerendo as lapas


Os cativos atónitos ante o lume





Cando o lume empezou a esmorecerse a xente animouse a saltar a fogueira e liberar a alma de todo embruxamente realizando salto a traves da fogueira.




As luces e sombra da fogueira asemellanse os espiritus e almas que fuxen de ser purificados polo lume










video da queima da fogueira de San Xoan


.

lunes, 22 de junio de 2009

CENA ANUAL DA PEÑA DO CARALLO


Este venres día 26, as 22:30 no Restaurante Vilafría, celebraremos a cena anual da Peña do Carallo, así que todos os membros de dita peña terán que estar o dia nos pagos das cotas para poder asistir a cea. Xa está exposto na cantina da Feira o carton para realizar os pagos do ano 2009, asi como tamén o menu da cena, que consistirá en:

Necoras
Navallas
Langostinos cocidos
Vieiras

Chuleton de Boi

Viños Albariño e Rioja
Cafes e Chupitos.




jueves, 18 de junio de 2009

A CARBALLEIRA DE XABARIS



Este días estanse a levar a cabo os traballos de recuperación da Carballeira de Xabaris, para convertila nun parque natural e etnográfico que aumentará o patrimonio turistico de Salceda, todos sabedes donde está situada, alí donde o regato da Ameixoa separa a Feira do Castro Barreiro.



O concello de Salceda de Caselas a través de esta actuacion pretende recuperar un espacio natural no rural de Salceda o caron do pazo da Aballe, patrimonio arquitectónico do municipio, e por donde discurre o Sendeiro das Greas (GR-58), e por donde un trasego de centos de persoas percorren o camiño nas noites do entroido de Salceda para asistir as verbenas da Feira e do Castro Barreiro, producindose situacións singulares, malia que agora o camiño esté asfaltado e xa non se atopen as grandes laxes e pedras que dificultaban o percorrido, pero que o facía tamén mais divertido.




Así estan as obras agora, vamos a ver como queda todo esto

A actuación realízase nunha superficie de 1.610 metros cuadrados, por un total de 47.761 euros financiados polos fondos Estatais de Inversións. Os carballos existentes, moitos de eles centenarios, se lle sumará novas plantacións, instalaráse un sistema de socalcos, con muros de contencións e taudes vexetais, para intentar salvar os 9 metros de desnivel que hai desde a parte mais alta ata o regato da Ameixoa, colocaranse mesas, bancos e vaias de madeira, e faranse zonas de aparcamento no tramo do vial Salceda-Picoña.



Nunha segunda fase, recuperarase as ribeiras do regato da Ameixoa, o lavadoiro e a fonte de Xabaris. Esperamos que esta segunda fase se faga pronto e non quede no esquecemento, é unha pena que non se poida disfrutar por completo de todo esta area, pois hai que recordar que tamen había un muiño a escasos 50 metros de esta área, o muiño do Carallou, pero que polo abandono quedou nun estado ruinoso e posteriormente se desfixo, foi unha pena que se perdera este valor etnografico, é seguramente como non se apuren en facer a segunda fase creo que tamen se terminará por perder o lavadoiro no que tanto nos gustaba ir de pequenos coas nosas nais, para así mollar os pés ou meter a cabeza debaixo do rebosadoiro, ou xogar cos tacos grandes de xabon que perfumaban as nosas roupas, naqueles tempo donde non había a lavadora nas casas.

Estado actual do lavadoiro, todo cuberto por silvas e ortigas

A fonte de Xabaris



martes, 16 de junio de 2009

ESTRELLA GALICIA LIGHT




Xa podemos disfrutar da nova cervexa de Estrella Galicia, a Estrella Galicia Light, con menos calorias e menos alcohol para todos os que vos queixaddes de que a nosa Estrella e moi forte e amarga, pois xa non tendes queixa porque agora presentan a Estrella Galicia Light con 35% de calorias menos e 2,5º de alcohol.

Si a Estrella Galicia de toda a vida e de unha riqueza de forte sabores e gran presencia na boca, digamos un Robert Bodegas a Estrella Galicia Light e moito mais suave, fina e de sabores delicados como Pilar Rubio


Preme no seguinte enlace e teredes mais informacion de Estrella Galicia Light,

www.estrellagalicialight.es

jueves, 11 de junio de 2009

FESTISAHARA-SALCEDA 09

Nova edicion do festisahara, festival benefico que terá lugar o Sábado 20 de xuño no campo e futbol que hai detras do pavillón de Salceda, cun prezo de 5 euros a entrada.

Actuarán en directo grupos: BALDOSA AMARILLA, ISLEM HIJO DEL DESIERTO, RUXE-RUXE, DISEMIA, SOM DO GALPOM e TOÑITO DE POI E RASA LOBA.

O Festisahara Salceda 09 é organizado pola Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en colaboración co Concello de Salceda de Caselas e outras administracións co obxetivo de recaudar fondos para o apoio ó Pobo e refuxiados saharauis.

sábado, 6 de junio de 2009

IX FESTA DO POLO ASADO


Xa temos outra actividade para acercarnos o proximo fin de semana o torreiro de Festas da Parroquia de Santa Maria. Outra actividade organizada pola Comisión de Festas da Concepcion 2009 que organiza a IX Festa do Polo Asado, este ano xa comenzará a festa na noite do sabado donde poderemos apreciar bo viño con chourizos quedando para o domingo o prato forte do Polo Asado, donde comenzaran a servir a partires das 12.00, pero antes teremos a sesion vermut con Pulpo e Ourella. A festa estará tamen amenizada por unha charanga que acompañara os comensales.

viernes, 5 de junio de 2009

PECHADO POR REFORMAS


ABERTO POR REFORMAS, PECHADO POR ALBERTO

Como grupo de jaiteirada que somos "OS DE SEMPRE" grupo de musica folklorica galega, queremos expresar a mais enerxica protesta pola expulsión do locutor do programa "Aberto por Reformas" da Radio Galega, Xurxo Souto, e polo novo matiz que a nova dirección lle impuxo a este programa O programa da Radio Galega, Aberto por Reformas que ata o luns dirixía Xurxo Souto, era o unico programa da radio autonómica que loitaba pola música galega dentro de un espacio de radio formula, foi pechado o pasado luns 1 de Xuño pola nova direccion da Radio Galega, e como primeira medida decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa. Este programa era un espacio aberto a todos os grupos galegos de calquera expresion musical, e son moitos os grupos Galegos que xa manifestaron a sua oposición a esta medida. O martes 2 de xuño, ás sete e cinco da tarde, o programa comezou coa mesma sintonía e o mesmo nome, pero con un presentador distinto, Xusto López Carril. Non só era unha voz distinta, senón unha nova filosofía de programa na que a música galega perdía completamente o protagonismo, a pesar de manter formato. López Carril abriu a emisión con unha primeira canción de Bruce Springsteen.

Xurxo Souto que estivo fai menos de un mes en Salceda de Caselas, concretamente na festa Trececatorceadora co seu grupo Os Tres Trebóns, finalizou esta última emisión final despedíndose dos oíntes, dando as grazas, e reivindicando a riqueza e o valor da música galega:
- "chega o momento da despedida. Hai máis de tres anos principiabamos esta aventura. E agora chega o momento de dicir adeus, e dicir grazas (...) Grazas a tantos artistas galegos, a tanto talento. Somos un pobo de artistas. Cando chegamos houbo certas dúbidas. Había quen dicía que non había música galega de abondo para encher unha hora de programación diaria. E a verdade, e dígoo sen ningún pudor, é que botamos por fóra. A aventura continúa. Agora chega o tempo de que veñan outros compañeiros para manter aceso este facho sonoro. Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu".


Audio da despedida de Xurxo o dia antes:




Recoñecendo que como subdirector de programacion da Radio Galega, como era Xurxo Souto ata o 1 de xuño, non podería seguir mantendo este cargo o haber cambio politico na Xunta, si creémos que se podería manter como locutor de programa, mantendo a mesma filosofía, porque creemos que debe exister un programa que recolla o sonido dos grupos galegos e difundilos a traves das ondas para que todos os poidamos coñecer e disfrutar, quen sabe pero.. o mellor nos "Os de Sempre" tamen teríamos cabida neste programa. Para este ano xa tiñamos preparado unha cancion do Rodaballo para participar no apologhit 09, a cancion do veran en Galicia, pero agora teremola que traducir o injles, para poder participar.



Dada a importancia da existencia dun programa de estas caracteristica, que difunda a cultura musical galega, xa seña tradicional ou moderna, estase a organizar por todo internet medidas de protesta para recuperar o espíritu do programa.

Unha das primeiras medidas é remitir á radio galega o sentir do moitos mozos, e non tan mozos, que colleron este programa como xeito de expresión dunha cultura que está aí e que axudou a xurdir unha morea de grupos músicais, de todos os estilos e cunha proxección discográfica que fixo batir nestes últimos anos o record de publicacións de discos e festivais.

Si queres protestar, envia un correo coa tua queixa a estes correos:

info@crtvg.es
abertoporreformas@crtvg.es
sxpl.secretaria@xunta.es
dir.rg@crtvg.es


Para mais informacion sobre este tema, visita:

http://www.blogoteca.com/malmequer/

http://www.vieiros.com/


http://www.ghastaspista.com/novas/

http://www.komunikando.net/
.

lunes, 1 de junio de 2009

ROMERIA DE SAN CIBRAN 09



Como desde o ano 1900, o ultimo sabado de maio, despois de rematar a sementeira, a xente acude a celebrar a Romeria de San Cibran no alto do monte do seu mesmo nome a 430 metros de altura con presiosas vistas sobre o val do Tea, que esta situado no límites dos concellos de Salceda de Caselas e Ponteareas, onde se atopa unha ermita e unha cruz con data do 1900 con inscripcions no seus pedestal das numerosas parroquias que participaban na bendicion no seu día. A ermita reahilitada no ano 2001, atopase en terreos da parroquia de San Xian de Gulans pero existen dos torreiros de festas, un en terrenos de Gulans e outro en terrenos da Picoña co cal existe unha pequena rivalidade pola organizacion dos festexos, non así pola organizacion da misa en honra o santo que se celebra conxuntamente.

Hai que recordar que antigamente subianse os santos a pé desde as distintas igrexas parroquias como a de Salceda, Alxen, Cabreira, Nogueira, Cristiñade, na atualidade solo suben os santos os de Gulans e a Picoña, mantendose ainda a tradicion de subir o monte a pé o día de romeria, tamén son moitos, os mais xovenes, os que acuden xa na noite do sabado quedando a dormir no monte donde se organiza unha verbena e se disfruta de moita diversion. Xa no domingo a xente acude a honrar o santo e a comer coa familia e pasar un dia no monte, era tradicion levar unha espaldilla do porco salada e un garrafon de viño, co cal a farreada e borracheira eran de consideracion concluindo moitas veces a romeria en liortas e pelexeiras.

Os de sempre despois de varios anos sen subir a San Cibran, voltamos esta ano a visitar romeria a pé como manda a tradicion, a pesar de que tan só se animaron un poucos.

Saímos as 9:30 da maña do domingo diante do Centro Cultural da Feira


Noelia desayunando







A expedicion que partiu a pé a San Cibran, outros foron no coche














Almorzando no Padrán, antiguamente aqui faciase un descanso cando subian a pé cos Santos e aproveitaban tamén para almorzar.



Pan de Marruecos.



Tortilla riquíiiiiisima feita por Cristina as 7 da maña.










Reemprendendo o camiño despois de almorzar e 2 botellas de viño.


A parte mais dura por culpa do sol e o polvo do camiño.



















Subida de tractores e chimpíns polo camiño de Cristiñade.





A vista son espetaculares, fixandose ben podedes ver Ponteareas o fondo.






Neste tramo seguianos as xentes do Castro Barreiro que todos os anos suben a Romeria, nunha actividade organizada polo Centro Cultural.




Antigua subida da Parroquia de Salceda cos santos a San Cibran, donde levaban os santos a hombros desde a Igrexa de Salceda, aproximadamente 5 km.


Unha das anecdotas dos Santos que levaban os de Salceda era a Virxe do Carme, chamada polas outras parroquias a Bufona, porque cando se chegaba a ermita de San Cibran, esta Santa poñíana no lugar de San Cibran, xa que este se colocaba na andilla para realizar a procesión, producindose moitas queixas das outras parroquias, vivíndose momentos de tensión incluso pohibindolle o paso da santa o interior da igrexa como sucedeu nunha ocasión.

Chegando a San Cibran preto das 12 do mediodía







Tractores ornamentados




Antigamente moitos subian en burros e cabalos.



Na actualidade a maioría sube en coches





Recuperando os folgos despois da dura subida, non tanto polo camiño, si polo sol.


Imaxe actual da ermita de San Cibran




Imaxe da Cruz de San Cibran


Antiga foto da cruz de San Cibran, podemos ver que antes era monte pelado, hoxe atopase un gran piñeral que aporta moita sombra.



Postos de rosquilleiras refuxiandose do sol.




A moda ye-ye tamen tivo presencia na romeria



A cantina e torreiro da Parroquia de Gulans





A cantina da parroquia da Picoña.





Actuación da Charanga NBA no torreiro de Gulans


Mozas da Feira tocando ou facendo que tocaban na romeria


Minutos antes da celebración relixiosa.



O mítico Penedo de San Cibran na actualidade.



Mozos posando diante do Penedo de San Cibran, portando cada un seu garrafón.






Cibran celebrando o día de San Cibran





Esperando para comer todos xuntos, e disfrutar de un salpìcon, tortilla...








A familia toda reunida, os ovos cocidos, o xamon salado, a espaldilla































[Valid Atom 1.0]