viernes, 27 de febrero de 2009

AS XIRAFAS TRIUNFAN O LUNS NA FEIRA

Aqui tendes varias fotos das Xirafas, non son de moita calidade, porque era de noite e non estábamos en moi boas condicións para quitar fotos. Menuda noite de diversion que pasamos o luns de entroido. Foi todo un exitazo, gañamos o concurso de disfraces celebrado na Feira, a xente acudía a nós para quitarnos fotos, e mesmo para pedirnos os disfraz. Tamen están as fotos das Super-heroínas e esperamos que nos enviédes mais fotos das festas e dos disfraces.


Neste video poderedes ver como se realizou o tren da carroza da Feira



Antes de disfrazarnos de Xirafas fixemos unha boa base de callos na barriga para aguantar os cubatas











As Xirafas comendo e bebendo no pesebre.



Os Trogloditas lograron o segundo premio no concurso




Nesta foto podedes observar unha xirafa baixo os efectos do alcohol e con un esjinche de pescozo.



Nesta outra a mesma xirafa cunha Sota de espadas.




As Super-heroinas









miércoles, 25 de febrero de 2009

A FEIRA BARRE O CASTRIÑO

Outro ano mais e xa van moitos en que a Feira gaña de forma moi clara no entroido de Salceda, tanto na sua carroza e comparsa representando o mundo do cine en blanco e negro, como polo sonido que foi claro e contundente, nada que ver o Castriño que non lle funcionou os altavoces nin na praza do Concello e nin no Cruceiro. Con respecto as verbenas mellor non deicir nada, aparte de que anuncian orquestras que despois non traen, onte no Castriño podias xogar un partido de futbol que non che estorvaba nadie.

Teremos os da Feira que levartar un pouquiño mais o pé do acelerador pois si non a este paso en dos ou tres anos quedaremos sin os nosos contrincantes do Castriño, e xa non teremos ningun aliciente para disfrutar do carnaval.

Por ultimo en referencia as denuncias infundadas sobre a espionaxe e sobre o comentario que apareceu neste blog, como dixemos en outras ocasións este blog e dun grupo de amigos da Feira pero para nada e o blog oficial do entroido da Feira como se estivo a decir, nin do centro cultural, e con relación o comentario quixeramos nos saber si realmente foi alguien da Feira, pois mais ben parece que poidese ser alguien do Barreiro que esta asqueado coa xente que ali traballa e que non deixan participar e colaborar a outras persoas o mellor mais preparadas, e con isto non queremos decir nomes, pero haberlos hailos. AH e moitas gracias por aludir a este blog, coa vosa denuncia aumentaron considerablemente o numero de visitantes e fichestedes unha gran publicidade ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ MOITAS GRACIAS !!!!!!

Impresionante carroza da Feira, facendo a entrada na esfarrapada


O gordo e o flaco estiveron presentes na carroza



A locomotora de Buster Keaton

A pelicula de Casablanca tamen apareceu en escea






A elegante comparsa da Feira

Harpo Marx subido no teito da Locomotora LA GENERAL



Os hermanos Marx saludando o publico
A carroza do Barreiro representado a cultura Americana

Momento da actuación da orquestra Olimpus na Feira, impresionante actuación, impresionante o ambiente.




O mesmo momento no Castriño, actuación de Abanico e 10 persoas asistindo o acto.
Castriño a ver si vos dades conta que non tendes o suficiente potencial para competir no carnaval.
.

jueves, 19 de febrero de 2009

PASQUIN DO ENTROIDO DA FEIRA 09

AQUI O PASQUIN DA FEIRA 2009
¡ CASTRIÑO XA CHE DOE A TESTA, CON ESTA PROGRAMACION DA FESTA!

Aqui esta o pasquin das festas do entroido da Feira. Impresionantes Festas do Entroido da Feira, as mellores orquestras do momento, estades todos covidados o noso carnaval. Ampliade a imaxe e poderedes leer os chiste que compañia FONTE DO VIÑO lle dedica os nosos contrincantes do CASTRIÑO, tamen vos queda o pasquin do ano pasado


martes, 10 de febrero de 2009

O ENTROIDO DE SALCEDA, PARTE 2

Seguimos e continuamos intentándovos explicar e achegar un pouco de este pique do entroido de Salceda de Caselas.
Como xa vos contamos na anterior entrada, o entroido de Salceda celebrase en dous Barrios da parroquia de Santa Maria de Salceda: O barrio da Feira e Castro Barreiro, nestes barrios realizanse unhas carrozas e comparsas que desfilan os martes de entroido desde cada barrio ata a plaza do concello aproximadamente 2km de percorrido nos cales estas carrozas e comparsas son seguidas por moita xente, donde as musicas e as comparsas non paran de tocar e bailar. O chegar a praza do concello desde cada carroza, primeiro un barrio e despois o outro, alternando cada ano, realizan un discurso sobre o tema exposto na sua carroza burlandose do barrio contrincante, recurrindo moitas veces o insulto e os tradicionais motes, motes que xa todo o mundo coñece e o relaciona co persoñaxe, esto todo discurre o martes de entroido, antigamente, estes dous barrios desfilaban o Domingo de Entroido, pero esto causaba grandes problemas nas xentes das comparsas, pois de tanto baile no Domingo moitos traxes se descosían co cal tiñan que amañalos para estar listos e lucidos para o martes, finalmente decidiuse reducir o desfile tan só o martes, considerado como festivo local en Salceda, na actualizade desde fai uns anos o domingo desfilan tamen as carrozas e comparsas de outras parroquias e barrios Salceda ou mesmo de outros concellos que participan asi no concurso organizado polo concello de Salceda loitando por un premio en metalico, aclarar que o noso entroido o da Feira e o Barreiro non loitan por ningun tipo de premio, o unico premio é o recoñecemento e a valoración por parte do publico.

A parte do desfile do Martes, están as verbenas, que se celebra a noite do Luns e a noite do Martes. Esta e outra caracteristica deste carnaval de Salceda pois en este dous dias xuntanse en Salceda as mellores orquestras que se poden atopar en Galicia. Tanto nun barrio como no outro queren ter as mellores orquestras, e puxan por levar para o seus barrios as mellores, estas contractación levanse en secreto e tan só a comision de festa saben das orquetras que se contractan, pero o curioso e que estas orquetras non se anuncian nos pasquin das festas ata o xoves ou venres do entroido, e decir, escasos 4 días antes das festas, así evítase que o outro barrio contracte outra orquestra mellor, ou algunha atuación de ultima hora. Os pasquins que anuncian as festas colocanse o xoves ou o venres e producese unha carreira e unha loita por colocalos no mellor sitio posible e no lugar mais vistoso, Salceda desperta o sabado pola mañá cos seus escaparates empapelados cos pasquin da festas, estes pasquin a parte de anunciar as orquestras, tamen mostrar unhas rimas que nós lle chamamos chistes dedicados as xentes do outro barrio sobre alguna torpeza que realizou durante o ano, aparecen asi os motes tipicos como MALETIN, LOCO FOUZAÑAS, A MOTORETA, PARVOVIROSA, ROSI DE PALMA, O PLUTO, O POLLITO EXPLOSIVO, O CARCABELIÑAS, O CENICIENTA O OURELLUDO ENCADENADO, O PIJO PALOTE, O CABEZUDIÑO, estes son alguns dos motes que vos podedes atopar nos pasquins.

As verbenas distan unha da outra de 100 metros e moitas veces os altavoces dunha festa escoitanse con forza na outra, as verbenas están moi concurridas de publico que duran ata altas horas da madrugada, sobretodo a verbena do luns donde a maioria da xente se disfraza e van de unha festa para outra organizandose un gran ambiente polo camiño, e sobretodo mota diversión e moitas borracheiras. O rematar as verbenas o Luns e o Martes,a la polas 5 da mañan, da lugar o falar polos altavoces, que consiste en que a xente do barrio colle o microfono da megafonia e poñense a berrar cousas moitan veces intendibles contra o outro barrio e comenza asi un pique que remata coas gorxa rotas dos falante, escoitanse cousas como EI CASTRIÑO, ESES CANECOS, CASTRO BARREIRO CARA DE CARNEIRO, ou FEIRA PICA CARA DE MICA, estas rimas son míticas.

Durante un mes, anterior o martes de entroido vaise realizando as carrozas, cosendo a roupa e ensaiando as xentes para o desfile, sempre durante a noite e sempre en secreto, as carrozas realizanse en galpóns construidos especificamente para albergar as carrozas e o material que se utiliza nelas, o traballo de construción da carroza e levado a cabo polos homes do barrio e a roupa do desfile polas mulleres. Moitas veces mentres uns traballan na contrución da carroza, outros dedicanse a espiar o outro barrio producindose momentos de emoción e gran tensión pois, para realizar dito espionaxe aqui ir por veigas, campos, saltar muros e charcos para non ser descubertos e despois chegados o lugar donde se construe a carroza do enimigo, estar en sumo silencio e intertar ollar ou escoitar algo. Como case sempre o intento e inútil, no momento de retirada par facer rabiar os contrincantes tíraselle un petardo ou unha pedra nas chapas que cubren o galpón e rapidamente votase a correr para o teu barrio, mentras miras de reollo como salen os teus contricantes todos apresurados fora do galpon exclamando. Xa non e a primeira vez que se atrapan a estas espias, e se lle da unha labazada, ou se encerran nuha corte con algun animal toda noite, ou se lle castiga con algun traballo a realizar. Estes momentos de espionaxe producense moitisimas anecdotas e historias divertidísimas, que quizá sexa o mais divertido destas festas do entroido de Salceda xunto coa festa do Luns, porque o día do Martes todo é nervios e tensión.

Mais fotos do entroido de Salceda, fotos do barrio da Feira e do Castro Barreiro tamen, que nos os da Feira somos bastante respetuosos e mostramos as carrozas e comparsas neste blog para que todos poidades ver e comparar, non como na paxina do castriño que se ignora as carrozas e comparsas da Feira, quiza por medo a quedar en ridículo.




COMPARSA DA FEIRA ANO 1972






COMPARSA E CARROZA DA FEIRA 1974





CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1974







COMPARSA E CARROZA DA FEIRA 1975

ALADINO






COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1975







CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1976

PRIMAVERA







COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1976









CARROZA DA FEIRA 1977






CARROZA CASTRO BARREIRO 1977









CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1978








COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1978












CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1979








CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1979











A FEIRA 1980

PAVOS REAIS







CASTRO BARREIRO 1980
CASA GRANDE DA PICOÑA










A FEIRA 1981
A CIBELES


CARROZA DO BARREIRO 1981


Este ano concidiron os dous barrios representando a Cibeles, foi espionaxe






A FEIRA 1982

BEN-HUR






CARROZA DE CASTRO-BARREIRO 1982






CARROZA DA FEIRA 1983




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1983







CARROZA DA FEIRA 1984

BATALLA DE PONTESAMPAIO



CARROZA CASTRO BARREIRO 1984





CARROZA DA FEIRA 1985

CASA LABREGA GALEGA




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1985








CARROZA DA FEIRA 1986

II GUERRA MUNDIAL




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1986







CARROZA DA FEIRA 1987
SEVILLA


CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1987




CARROZA DA FEIRA 1988
ILLA DE SAN SIMON






CARROZA DO BARREIRO 1988
AUDITORIO




CARROZA DA FEIRA 1989
BAIONA OU PROCESION DA VIRXE DA ROCA




CARROZA DO BARREIRO 1989






CARROZA DA FEIRA 1990
AS OLIMPIADAS DE BARCELONA 92
ESPETACULAR COMPARSA QUE ROMPEU ASÍ COS ANTIGUOS MOLDES DE IR VESTIDOS TODOS IGUAIS



CARROZA DO BARREIRO
BARCELONA 92, outra coincidencia ou expionaxe





CARROZA DA FEIRA 1991
O OESTE AMERICANO



CARROZA DO BARREIRO 1991



CARROZA DA FEIRA 1992
A FEIRA NATURALMENTE






CARROZA DO BARREIRO 1992
A EXPO DE SEVILLA





CARROZA DA FEIRA 1993
O TERROR

CARROZA DO BARREIRO 1993
TRANQUILO COMANDANTE





CARROZA DA FEIRA 1994
O MUNDO DA TELEVISIÓN



CARROZA DO BARREIRO 1994
DINOSAURIO






CARROZA DA FEIRA 1995
OS INSECTOS



CARROZA DO BARREIRO 1995
A POLITICA CORRUPTA








CARROZA DA FEIRA 1996
O FUTBOL GALEGO







CARROZA DE BARREIRO 1996





CARROZA DA FEIRA 1997
FANTASÍA





CARROZA DO BARREIRO 1997






CARROZA DA FEIRA 1998
O MUNDO SUBMARINO






CARROZA DO BARREIRO 1998
A CUOTA LACTEA








CARROZA DA FEIRA 1999
DISNEY





CARROZA DO BARREIRO 1999
O EURO E A PESETA









CARROZA DA FEIRA 2000
2000 DEFECTOS





CARROZA DO BAREIRO 2000
CHINA



CARROZA DA FEIRA 2001
AFRICA



CARROZA DO BARREIRO 2001
TAMARA










CARROZA DA FEIRA 2002
OS VIKINGOS




CARROZA DO BARREIRO 2002







CARROZA DA FEIRA 2003
OS CATRO ELEMENTOS





CARROZA DO BARREIRO 2003









CARROZA DA FEIRA 2004
A INDIA








CARROZA DO BARREIRO 2004









CARROZA DA FEIRA 2005
V CENTENARIO DON QUIXOTE


Representacion-parodia dos da Feira da Carroza do Barreiro, funcionou o servicio secreto de espionaxe.





CARROZA DO BARREIRO 2005
O CIRCO








CARROZA DA FEIRA 2006
EXIPTO







CARROZA DO BARREIRO 2006
A VOLTA O MUNDO








CARROZA DA FEIRA 2007
A CORRUPCIÓN URBANISTICA




CARROZA DO BARREIRO 2007











CARROZA DA FEIRA 2008
O CARNET POR PUNTOS






CARROZA DO BARREIRO 2008









VISTO PARA SENTENCIA A FEIRA NON TEN COMPETENCIA
[Valid Atom 1.0]