domingo, 1 de febrero de 2009

O ENTROIDO DE SALCEDA, PARTE 1

Carroza da India, ano 2004



Como todos sabedes, xa estamos no mes do Entroido, e Salceda de Caselas xa cheira a carnaval. Salceda conta con un Entroido ou Carnaval singular dos mais antigos da provincia de Pontevedra e seguramente de Galicia, pese a non ser moi coñecido e promocionado como poden ser os dos concellos limítrofes (Tui, Porriño, Ponteareas) ou mesmo Vigo, que sendo de menos tradición, menos raigame, xa teñen mais fama e mais público e conta con mais axudas economicas por parte das Administracións.



Folletos que anos atras se repartian por Salceda, donde se podían atopar chistes e cantigas de burla sobre o barrio contario.


Na parroquia de Santa Maria de Salceda existen dos barrios, o barrio da Feira e o de Castro Barreiro, que compiten entre si por demostrar quen dos dous fai mellor carnaval. Este carnaval consiste nunha competicion por ver quen ten as mellores orquestras nas verbenas do luns e martes de entroido, a mellor comparsa e sobretodo a mellor carroza, carroza e comparsa que desfilará o Martes de entroido desde este dous barrios a praza do concello de Salceda de Caselas donde realizarán un discurso exaltando as maldades do barrio contrincante. Gracias o carnaval estes dous barrios contan cun forte caracter de asociacionismo, dando lugar en decadas pasadas o nacemento dos primeiros Centros Culturais do concello de Salceda. Podese decir que o barrio xira todo entorno o carnaval, as actividades culturais, as infraestructuras sociais, as relacións personais (antiguamente as xentes dos dous barrios non se falaban nestas datas).


Non se sabe en que datas comenzou o entroido de Salceda, pero os documentos mais antiguos atopados, cartas que mandaban os veciños destes barrios os seus familiares emigrados en America donde lle pedían consello, diñeiro, roupas e sacos para as festas do entroido, estaban datadas sobre os anos 1880, cando a emigración se concentraba no Rio de Janeiro e en Buenos Aires, por iso que o entroido de Salceda non ten nada que ver con entroido tradicional que se celebra nos concellos ourensans de Xinxo, Laza ou Verin, o entroido de Salceda é unha rivalidade entre dous barrios donde, a bulra, a maldade e o maligno, atopase no barrio contrincante, onde se elixe un tema e se encarna nunha carroza, donde as xuventudes dos barrios participan nas comparsas, onde as mulleres elaboran os traxes dos desfiles, donde os mais cativos dedícanse a espiar o barrio contricante, por estas datas todo é entroido. Mais que entroido o de Salceda é un Carnaval, como dixemos antes, pola influencia da antigua emigración en America.

Nesta carta que lle redacta un pai a un fillo que ten emigrado no Rio de Janeiro con data de 1888, podemos observar que xa fan referencia o carnaval polo que podemos afirmar que o carnaval de Salceda polo menos está datado desde o ano 1888.



Salceda a 15 de diciembre de 1888





Nesta fotografia do ultimo parafo desta carta, un irman do emigrado pidelle a este que lle envíe algo gracioso para os carnavales, dice algo asi:


- hermano mio te voi a aborrecer un rato de tiempo, yo quisiera que si nos arreglaras una cosa con la que no te diera mucho trabajo, yo quisiera que me la mandaras para los carnavales, pero yo queria que fuese una cosa que reíra la gente con ella.


Con este parrafo queda demostrado que os carnavales de Salceda teñen mais de 100 anos de vida.




Cóntase polas xentes mais vellas do barrio, que según lles contaban a eles os seus avós, o entroido naceu de dous Seráns que había na parroquia, un na Fonte da Pedra, (no eido dos Suarez) e o outro no Barral (na carballeira do Barral), dista un barrio de outro, uns escasos 100 metros en liña recta, tan só separados polo regato da Ameixoa. Estes Seráns formábanse durante o inverno para fiar o liño, e cando se remataba esta tarefa, a principios da primavera facíase unha festa e troula donde se vestían os cabaleiros do barrio todos engalonados e montados nos seus cabalos desfilaban pola festa metendose cos mozos e mozas. Estes seráns foron rivalidando ata derivar nas festas do entroido, que nos tempo da Dictadura franquista, chamaronse festas da primavera, ou festas na honra o santo que cadrase no martes de entroido, pois nos anos mais duros da Dictadura estaba prohíbido celebrar o entroido, mais estas prohibicións non foron quen de parar esta tradición que se manten ata o día de hoxe.


Hai moitisimas características, tradicións e anedotas que vos podemos contar, pero deixaremolo para outra proxima entrada. A continuación podedes ver fotografias do arquivo fotografico da Asociación Cultural A FEIRA, polo tanto só son fotos do barrio da Feira, si queredes ver fotos do barrio do Castro Barreiro visitar a paxina http://www.carnavalcastrobarreiro.es/ ; Estas fotos antiguas van desde os anos 1947 ata os anos 1969, para a proxima entrada publicaremos desde o ano 1970 ata 2008.


Ano sin determinar



Ano sin determinar



Ano sin determinar


Ano sin determinar



Ano de 1947



ano de 1948




Ano de 1950


Ano de 1953



Carroza do ano 1954



Ano de 1955


As carrozas desfilando na praza do Concello de Salceda, ano 1956



Mozas e mozos posando diante do que hoxe é o Centro Cultural de A Feira, no ano 1956



Un mar de xente no torreiro de festas da Feira no ano 1956



Carroza entrando na Feira no ano 1959


Comparsa de Mariñeiros no ano 1959



foto do ano 1961



Ano de 1961

ano de 1962


Ano de 1963


Ano de 1965

Ano de 1969



comparsa do Barreiro ano 1969



Ano sin determinar


Ano sin determinar


ano sin determinar



ano sin determinar




ano sin determinar



ano sin determinar

ano sin determinar



ano sin determinar


ano sin determinar



Para ir picando:

-Hey Castriño como estan eses canecos? ¿EEE? ¿Xa empezou a cuchiquera a funcionar?



VISTO PARA SENTENCIA A FEIRA NON TEN COMPETENCIA




7 comentarios:

An dijo...

Pois xa me fiseches ganas de velo....pasadeo ben. Saúdos e apertas

TROMENTA dijo...

Para An e para todo o mundo que queira descubrir o Entroido de Salceda, si queredes pasar un Luns e Martes de entroido con moito cachondeo, diversión e libertinaxe, xa sabedes a donde tendes que vir, A Feira,como non, porque no Castriño son unha banda de amargados e infelices, ¡Vamos todos para A Feira!!!!!

Anónimo dijo...

Los carnavales de Salceda estan bien, pero los de Tui participan muchas mas comparsas

ajulla dijo...

Como comentaba o anónimo, en Tui hai máis carrozas, pero como as da Feira ningunha!!!!!!!
E despois non creo que topes unha festa, un luns pola noite, a tope de xente nova ata altas hora da madrugada, beillando cunha orquesta, vente, neve, chova ou caia pedraza.
Íso quererá dicir algo, así que xa sabedes, os que nunca estivestes, este pode ser o 1º ano, porque si probades seguro que repetides....

Fonte do Viño dijo...

Castriño vas arder no Cruceiro e afogar na poza de Liñares

FONTE DO VIÑO dijo...

Quen foi o que puxo e mesmo nome que o meu, Fonte do Viño xa existía... pero non pasa nada porque supoño que os dous somos da Feira non... Así que agora máis que nunca hai que comezar a publicar algún sainete cómico para os nosos contrincantes de Castro Barreiro. "Comezando coma sempre" A COMPANÍA FONTE DO VIÑO PORÁ EN ESCEA OS SEGUINTES SAINETES CÓMICOS. "E rematando coma sempre" VISTO PARA SENTENCIA, A FEIRA NON TEN COMPETENCIA.

Anónimo dijo...

bos díasssssss a tod@s .... pero que carnavales de Tui, nin de Porriño, nin da Feira .... o que fala así non ten nin idea. Os mellores, como non, OS DO BARREIRO ... PORQUE NOS SOMOS NOS ... si algún de vos quere divertirse de verdad, e pasar uns días de cachondeo pasade polo Barreiro, SOBRE TODO O LUNS e o ano que ven seguro que repetides. Por certo, para todos nosos amigos da Feiriña ... je,je, je... este ano ides apañar unha tunda, je, je,je ... COMO CADA ANO, CLARO ...