Carroza da India, ano 2004
Folletos que anos atras se repartian por Salceda, donde se podían atopar chistes e cantigas de burla sobre o barrio contario.
Na parroquia de Santa Maria de Salceda existen dos barrios, o barrio da Feira e o de Castro Barreiro, que compiten entre si por demostrar quen dos dous fai mellor carnaval. Este carnaval consiste nunha competicion por ver quen ten as mellores orquestras nas verbenas do luns e martes de entroido, a mellor comparsa e sobretodo a mellor carroza, carroza e comparsa que desfilará o Martes de entroido desde este dous barrios a praza do concello de Salceda de Caselas donde realizarán un discurso exaltando as maldades do barrio contrincante. Gracias o carnaval estes dous barrios contan cun forte caracter de asociacionismo, dando lugar en decadas pasadas o nacemento dos primeiros Centros Culturais do concello de Salceda. Podese decir que o barrio xira todo entorno o carnaval, as actividades culturais, as infraestructuras sociais, as relacións personais (antiguamente as xentes dos dous barrios non se falaban nestas datas).
Nesta carta que lle redacta un pai a un fillo que ten emigrado no Rio de Janeiro con data de 1888, podemos observar que xa fan referencia o carnaval polo que podemos afirmar que o carnaval de Salceda polo menos está datado desde o ano 1888.
Salceda a 15 de diciembre de 1888
Nesta fotografia do ultimo parafo desta carta, un irman do emigrado pidelle a este que lle envíe algo gracioso para os carnavales, dice algo asi:
- hermano mio te voi a aborrecer un rato de tiempo, yo quisiera que si nos arreglaras una cosa con la que no te diera mucho trabajo, yo quisiera que me la mandaras para los carnavales, pero yo queria que fuese una cosa que reíra la gente con ella.
Con este parrafo queda demostrado que os carnavales de Salceda teñen mais de 100 anos de vida.
Cóntase polas xentes mais vellas do barrio, que según lles contaban a eles os seus avós, o entroido naceu de dous Seráns que había na parroquia, un na Fonte da Pedra, (no eido dos Suarez) e o outro no Barral (na carballeira do Barral), dista un barrio de outro, uns escasos 100 metros en liña recta, tan só separados polo regato da Ameixoa. Estes Seráns formábanse durante o inverno para fiar o liño, e cando se remataba esta tarefa, a principios da primavera facíase unha festa e troula donde se vestían os cabaleiros do barrio todos engalonados e montados nos seus cabalos desfilaban pola festa metendose cos mozos e mozas. Estes seráns foron rivalidando ata derivar nas festas do entroido, que nos tempo da Dictadura franquista, chamaronse festas da primavera, ou festas na honra o santo que cadrase no martes de entroido, pois nos anos mais duros da Dictadura estaba prohíbido celebrar o entroido, mais estas prohibicións non foron quen de parar esta tradición que se manten ata o día de hoxe.
Ano sin determinar
Ano sin determinar
Ano sin determinar
Ano sin determinar
Ano de 1947
ano de 1948
Ano de 1950
Ano de 1953
Carroza do ano 1954
Ano de 1955
As carrozas desfilando na praza do Concello de Salceda, ano 1956
Mozas e mozos posando diante do que hoxe é o Centro Cultural de A Feira, no ano 1956
Un mar de xente no torreiro de festas da Feira no ano 1956
Carroza entrando na Feira no ano 1959
Comparsa de Mariñeiros no ano 1959
Ano de 1961
ano de 1962
Ano de 1963
Ano de 1965
Ano de 1969
comparsa do Barreiro ano 1969
Ano sin determinar
ano sin determinar
ano sin determinar
ano sin determinar
ano sin determinar
-Hey Castriño como estan eses canecos? ¿EEE? ¿Xa empezou a cuchiquera a funcionar?
7 comentarios:
Pois xa me fiseches ganas de velo....pasadeo ben. Saúdos e apertas
Para An e para todo o mundo que queira descubrir o Entroido de Salceda, si queredes pasar un Luns e Martes de entroido con moito cachondeo, diversión e libertinaxe, xa sabedes a donde tendes que vir, A Feira,como non, porque no Castriño son unha banda de amargados e infelices, ¡Vamos todos para A Feira!!!!!
Los carnavales de Salceda estan bien, pero los de Tui participan muchas mas comparsas
Como comentaba o anónimo, en Tui hai máis carrozas, pero como as da Feira ningunha!!!!!!!
E despois non creo que topes unha festa, un luns pola noite, a tope de xente nova ata altas hora da madrugada, beillando cunha orquesta, vente, neve, chova ou caia pedraza.
Íso quererá dicir algo, así que xa sabedes, os que nunca estivestes, este pode ser o 1º ano, porque si probades seguro que repetides....
Castriño vas arder no Cruceiro e afogar na poza de Liñares
Quen foi o que puxo e mesmo nome que o meu, Fonte do Viño xa existía... pero non pasa nada porque supoño que os dous somos da Feira non... Así que agora máis que nunca hai que comezar a publicar algún sainete cómico para os nosos contrincantes de Castro Barreiro. "Comezando coma sempre" A COMPANÍA FONTE DO VIÑO PORÁ EN ESCEA OS SEGUINTES SAINETES CÓMICOS. "E rematando coma sempre" VISTO PARA SENTENCIA, A FEIRA NON TEN COMPETENCIA.
bos díasssssss a tod@s .... pero que carnavales de Tui, nin de Porriño, nin da Feira .... o que fala así non ten nin idea. Os mellores, como non, OS DO BARREIRO ... PORQUE NOS SOMOS NOS ... si algún de vos quere divertirse de verdad, e pasar uns días de cachondeo pasade polo Barreiro, SOBRE TODO O LUNS e o ano que ven seguro que repetides. Por certo, para todos nosos amigos da Feiriña ... je,je, je... este ano ides apañar unha tunda, je, je,je ... COMO CADA ANO, CLARO ...
Publicar un comentario