viernes, 29 de octubre de 2010

HUMANIZACION DA ESFARRAPADA



Rematou por fin a humanizacion do centro da Esfarrapada, Salceda esta moito mais guapa, polo que se vé a ciruxia estéctica que se lle fixo moi mal non lle quedou, creo que a nadie ou a moi pouquiña xente lle disguste a humanizacion do centro da Vila de Salceda (que sí que a hai ... pero estos son os que se queixan sempre, moitas veces levados por intereses políticos ou individuais). Haberá agora que buscar unha solucion para a circulacion de vehiculos pesados cara a San Xurxo, Picoña, A Feira e Barreiro, que é o principal problema que trae consigo esta humaizacion.

Comerciantes, visitantes, turistas, nenos, mozos, vellos, os veciños de Salceda en xeral contan agora con mas de 5.ooo metros cuadrados para pasear, charlar, correr, sentarse nunha terraza, disfrutar dun refrixerio, facer compras, xogar os nenos sin preocuparse do transito de vehículos que con anterioridade colapsaba o centro de Salceda.

Gañouse en tranquilidade, eliminouse moito ruido acustico procedente de motos e coches, gañouse en seguridade, hoxe as aceiras de Salceda pódese percorrer con un carriño de bebe ou cunha silla de minusvalidos cousa que antes non se podía facer, pola mala ou nula planificacion urbanística donde o prioritario era a edificación masiva antes da calidade e seguridade de vida dos cidadans. Aproveitouse tamén para renovar a rede de alcantarillado e renovar e mellorar rede electrica e a rede de auga, descubriuse a antiga carretera de adoquíns que a modo simbólico ornamenta a unión das tres ruas humanizadas.

Agora Salceda, xa parece unha vila de calqueira pais centroeuropeo, si, tamén Porriño levou unha mellora coa humanizacion, e Pontevedra e Vigo e moitas outras vilas de Galicia que pouco a pouco se acollen a un modelo de urbanismo de calquera pobo centroeuropeo, os cales tanto nos abraian polos seus nucleos urbanos cuidados, humanizados, peatonalizados, zonas de paseo, as suas zonas verdes e moitas bicicletas, iso é o que falta agora en Salceda, bicicletas, habería que deixar os coches nos aparcamentos que hai nas entradas de Salceda e ter a posibilidade de alugar bicicletas para poder desplazarse polo centro da vila, utopía sí, a día de hoxe, pero realidade e solucion nun futuro.

E responsabilidade de todos os "Salcedenses" conservar todo o material urban, bancos, frores, macetas, farolas, paneis informativos, papeleiras, adoquins, e outros adornos que se colocou que me parece a min que pouco van durar, pola clase de vándalos que actuan en Salceda. Tocalle man dura a policia Local en canto o vandalismo así como a comodidade e pasotismo de moitos de aparcar en doble fila, nas aceiras, no pasos de peons, empedindo un tráfico mais fluido e axil.


























miércoles, 27 de octubre de 2010

FESTA DA CONCEPCION DE INVERNO

Este ano a comisión de festas da Concepcion organiza o día 8 de decembro día da Inmaculada Concepcion (dia santo) un xantar-baile para todos aquelas persoas que son soci@s da Festa da Virxe da Concepcion (festas patroniais de Salceda de Caselas), tamen poden asistir xente que non sexa socia. O xantar consiste en Sopa da Concepcion, Carne o caldeiro, pan, viño e auga, postre e cafe, tamen haberá servicio de cantina, donde se poderá degustar tapas de ourella e zorza, asi como todo tipo de bebidas. O xantar estará amenizado polo grupo musical JJySON, que nos deleitará con unha sesion vermout e posterior sesión de baile despois de comer, tamen haberá un magosto para todos os asistentes.
Os prezos son de 9 euros para os socios, 13 euros para os non socios, e 5 euros para os cativos menores de 12 anos.
Para poder participar nesta xantar-baile, hai que comprar perviamente os tickets que venden os membros da comision de festas, ou chamar os numeros 637 310 545 para a xente da Feira, 626 917 035 para xente do Barreiro e 677 790 447 para a xente de Salceda.

Non vos preocupedes pola frío porque haberá unha carpa totalmente cuberta, o menu é rico en calorías e haberá viño novo polo que o frío non fará acto de presencia.

martes, 26 de octubre de 2010

MANIFESTACION EN PORRIÑO

A plataforma pola defensa dos servicios sanitarios en Salceda, convoca a súa manifestación este sábado día 30 en Porriño, lugar a donde a Xunta de Galicia traslada os servicios médicos dos sábados pola maña de Salceda. Esperamos que sexa un éxito de participación como cando se fixo en Salceda o 18 de setembro, para iso se conta con 5 autobuses para poder desplazar a xente que queira participar nesta manifestacion no Porriño e defender este deireto. Os Autobuses sairán da Devesa as 11:15 da maña ....¡CONTAMOS COA VOSA PARTICIPACION!



viernes, 8 de octubre de 2010

A FESTA DO CORZO NA RADIO GALEGA


Maña, co gallo da Festa do Corzo, a Radio Galega fará unha conexión radiofónica con Salceda para entrevistar no seu programa COÑECER GALICIA, a un membro da organización da Festa Gastronomica do Corzo, que dará a coñecer a todos os radiointes as caracteristicas gastronomicas desta 1ª edicion da festa, posiblemente a unica que se celebra en Galicia, e que vai a marcar un referente. Tamen entrevistará a algun membro do concello de Salceda para falar tamen das numeros obras de adecentamento, de lecer e recreo que se estan a levar a cabo en Salceda.

O programa COÑECER GALICIA que presente Isabel Feire comenza todos os sabados as 12:30 e remata as 14:00, polo que habera que prestar atención a radio desde as 12:30 ata as 14:00.

lunes, 4 de octubre de 2010

I FESTA GASTRONOMICA DO CORZO


Foi chegar as primeiras choivas e ventos do outono, baixar un poucos as temperaturas, para que o corpo xa demande calorías e pratos suculentos, que nos fagan olvidarnos das ensaladas estivais. Xa chegou o tempo de deixar a dieta dos bikinis e bañadores, agora xa podemos comer a rego cheo, enchernos de viño novo, castañas, setas, de porco polo San Martiño, de noces con mel, de aguardente, de grelos, navizas e demais verduras, lacon, patacas novas, cocido, e sobretodo da carne de caza. Pois ben, este fin de semana no torreiro da Concepcion celebrase a 1ª Festa Gastronómica do Corzo.

O corzo pertenece a mesma familia dos gamos, cervos e venados, polo tanto, é una carne magra, baixa en grasa, inferior o 7 %. Sin dubida é a carne mais apreciada e mais tenrra da caza maior, un autentico manxar para sibaritas, que o podes degustar este fin de semana no torreiro da Concepcion desde as 10 da mañá, e non te preocupes pola choiva porque haberá carpa.
[Valid Atom 1.0]