viernes, 29 de octubre de 2010

HUMANIZACION DA ESFARRAPADA



Rematou por fin a humanizacion do centro da Esfarrapada, Salceda esta moito mais guapa, polo que se vé a ciruxia estéctica que se lle fixo moi mal non lle quedou, creo que a nadie ou a moi pouquiña xente lle disguste a humanizacion do centro da Vila de Salceda (que sí que a hai ... pero estos son os que se queixan sempre, moitas veces levados por intereses políticos ou individuais). Haberá agora que buscar unha solucion para a circulacion de vehiculos pesados cara a San Xurxo, Picoña, A Feira e Barreiro, que é o principal problema que trae consigo esta humaizacion.

Comerciantes, visitantes, turistas, nenos, mozos, vellos, os veciños de Salceda en xeral contan agora con mas de 5.ooo metros cuadrados para pasear, charlar, correr, sentarse nunha terraza, disfrutar dun refrixerio, facer compras, xogar os nenos sin preocuparse do transito de vehículos que con anterioridade colapsaba o centro de Salceda.

Gañouse en tranquilidade, eliminouse moito ruido acustico procedente de motos e coches, gañouse en seguridade, hoxe as aceiras de Salceda pódese percorrer con un carriño de bebe ou cunha silla de minusvalidos cousa que antes non se podía facer, pola mala ou nula planificacion urbanística donde o prioritario era a edificación masiva antes da calidade e seguridade de vida dos cidadans. Aproveitouse tamén para renovar a rede de alcantarillado e renovar e mellorar rede electrica e a rede de auga, descubriuse a antiga carretera de adoquíns que a modo simbólico ornamenta a unión das tres ruas humanizadas.

Agora Salceda, xa parece unha vila de calqueira pais centroeuropeo, si, tamén Porriño levou unha mellora coa humanizacion, e Pontevedra e Vigo e moitas outras vilas de Galicia que pouco a pouco se acollen a un modelo de urbanismo de calquera pobo centroeuropeo, os cales tanto nos abraian polos seus nucleos urbanos cuidados, humanizados, peatonalizados, zonas de paseo, as suas zonas verdes e moitas bicicletas, iso é o que falta agora en Salceda, bicicletas, habería que deixar os coches nos aparcamentos que hai nas entradas de Salceda e ter a posibilidade de alugar bicicletas para poder desplazarse polo centro da vila, utopía sí, a día de hoxe, pero realidade e solucion nun futuro.

E responsabilidade de todos os "Salcedenses" conservar todo o material urban, bancos, frores, macetas, farolas, paneis informativos, papeleiras, adoquins, e outros adornos que se colocou que me parece a min que pouco van durar, pola clase de vándalos que actuan en Salceda. Tocalle man dura a policia Local en canto o vandalismo así como a comodidade e pasotismo de moitos de aparcar en doble fila, nas aceiras, no pasos de peons, empedindo un tráfico mais fluido e axil.


























1 comentario:

xankpenabella dijo...

Ata agora presumíase de cultura e boa xente,agora pódese quedar en Salceda a calquera hora,,,
Parabéns pola vosa creatividade neste blog.

[Valid Atom 1.0]