domingo, 15 de noviembre de 2009

COMIDA INVERNAL DA PEÑA DO CARALLO




1ª comida invernal celebrada polos membros da PEÑA DO CARALLO, no pote da Feira. O motivo desta comida non foi mais que para xuntarnos todos e disfrutar dunha boa laconada con grelos, e para pagar as nosas cotas mensuais, tamen houbo moito debate nas largas horas de sobremesa, de que facer co noso capital economico.... si comprar un bombo, si comprar unha caixa... si gastalo en outros temas...e entre tanto debate, entre tantos licores e tantos grelos, que o final foise cargando o ambiente, intoxicando as opinions, enfectizando os aires, que foi imposible chegar a un acordo, non houbo courum, houbo desacourum. E o debate foi posposto para outra data, outro dia na que as nosas almas estean purificadas de gases farturentos. Por certo, o lacon asi como as patacas e chourizos estaban moi ricos, pola contra, os grelos faltaballe media hora de fervura, pero é que xa eran as tres da tarde e a estas alimañas non habia quen os aguantara o redor dos pucheiros.

Admitimos propostas para que facer con 1000 Euros aproximadamente que é o orzamento que temos para gastar antes de que remate este ano.



Sustancias psicotrópicas



Especies Alcaloide, alucinogenas


Non.... Sal, sal gorda de salar o porco....




Increible, pero... tivemos postre



Cañete, cantante da Orquesta Sur




martes, 3 de noviembre de 2009

EXCURSION A PENA PARK

Xa esta preparada como cada ano excursión da Asociación Xuvenil do Centro Cultural da Feira, e este ano cruzaremos a fronteira e achegarémosnos a Braga, A Pena Aventura Park. Dandolle unha nova volta de tornillo, buscando novas experiencias, nesta edicion abandonamos a tranquilidade dos pobos de montaña e o noso espiritu senderista e etnografico para meternos de cheo en novas actividades de risco, aventura e emoción.


Si che gusta a aventura xa sabes, os próximos días 5, 6 e 7 de decembro, teis que nestar nesta excursión ó parque Pena Park en Portugal para maiores de 18 anos.


PREZOS POR PERSOA:
SOCIOS 90 €
NON SOCIOS 130 €

O PREZO INCLÚE:

  • ALOXAMENTO
  • CENA DO SÁBADO
  • PENSIÓN COMPLETA DO DOMINGO
  • DESAIUNO E COMIDA DO LUNS
  • ACTIVIDADES: FANTASTICABLE E PAINTBAL


RESUMO APROXIMADO DA VIAXE:

  • Sábado 5: Saída da Feira ás 9:30 con parada para comer e visitar Braga.
  • Domingo 6: actividades no parque. baixada en fantasticable e torneo de paintball
  • Luns 7: Desaiuno, tempo libre, comida e regreso á Feira.
INSCRICIÓN ATA O 15 DE NOVEMBRO MINIMO PARA REALIZAR A EXCURSIÓN 20 PERSOAS


Cando remate o prazo de inscipción, avisarase para facer unha reunión cos interesados e falar todos os temas relacionados coa viaxe.


FANTASTICABLE

O Fantasticable consiste num cabo com 1538m a uma altura de 150m, que liga os lugares de Lamelas e Bustelo, em que as pessoas podem “voar” nele a uma velocidade máxima de 130km/h, sendo considerado o maior Fantasticable do mundo!

No Fantasticable as pessoas serão presas a um cabo e deslizarão por ele de uma montanha para a outra a diferentes velocidades, tendo a sensação de que estão realmente a voar.

Para ver como é, clique aquí
[Valid Atom 1.0]