miércoles, 29 de octubre de 2008

O MAGOSTO, SAMHAIN, OU HALLOWEEN

Lembrades cando estudiabamos na EXB, cando eramos pequenos o chegar novembro celebrabamos a noite de HALLOWEEN nas aulas dibuxando bruxas e pantasmas, facendo cabazas con caras monstruosas, a que si.., a que vos acordades, pois ben, agora xa non se celebra, porque agora nos colexios de Galicia celebran o SAMAHIN ou SAMAIN, do gaelico SAMHUINN, pronunciado (sou'en), antiguo ritual celta.

Ainda quedan espacios e lugares que celebran o HALLOWEEN, o (JALO BIN). Pubs e discotecas do mais cool que organizan a festa Norteamericana, tamen podian organizar o Dia de Accion de Gracias, ou o 4 de Julio, día Nacional de EEUU, porque celebrar o HALLOWEEN, non sei a que se debe esta celebración, ¿marketing?. Total, resulta que despois organizan unha festa que se parece o Carnaval mais hortera que se poida celebrar, donde o mais orixinal de dita festa e ir vestido de Bruxa ou de Freddy Krueger ou na decoración do local con velorios e telas negras (moi orixinais), pois que sepan, que o SAMAHIN ou HALLOWEEN, e moito mais que unha festa de disfraces.

O Samhain tampouco se pode decir que é unha tradición propiamente galega, o Samhain é unha tradición celta, e como non está moi claro si fomos un pobo celta pois... O que é verdadeiramente noso e o Magosto que nace como evolución do Samhain celta. Para os celtas, o primeiro de Novembro marcaba a data do fin do ano, o cambio de estación do veran para o inverno, de antar o sol fora da casa a recollerse o caron do lume dunha lareira para matar o frio, a morte do Sol para entrar no tempo da oscuridade. Nesta festa participaban todas as persoas do poboado, onde se celebraban unha serie de rituais, donde a porta do Sidh, do mais alá, do lugar onde se atopaban os mortos, era aberta para que aquelas persoas mortas se poideran comunicar cos vivos. Segundo as nosas vellas tradicións, as almas viñan á terra no "día de defuntos" con moi diversos fins. Por iso nuns lugares poñianlles de comer, para que non pasasen fome, noutros botaban ese día un gran pao ó lume, para que quentasen, e noutros non se podia barrer a casa por si había algun espiritu entre o polvo, outros costumes era deixar un prato na mesa ou racións de comida ou bebida para os defuntos.

A festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comenzo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando as pólas de serbal e teixo, e con esta fogueira inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas. Os druidas subian os carballos e aceñeiras a recoller as baias do visco para despois poder realizar pocimas maxicas con poderes curativos, o estilo Panoramix. Era nesta festa onde os druidas podían comer carne de porco e beber viño, formandose moi a menudo grandes orxias. Durante eses días antes do aninovo, tiñan lugar os sacrificios de animais: pola data había que comezar a almacenar para facer fronte os duros meses que viñan por diante. Estes sacrificios facianse co obxectivo de provisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a sua peculiar matanza, como a que se celebra en Galicia por San Martiño. Durante esa noite, unha "porta" se abría, e a dimensión dos vivos ficaba en comunicación coa dimensión do mundo dos mortos, alomenos por unhas horas. Durante este período non se podia sair da comunidade, pois nesta noite, a comunidade so se puñan en contacto cos seus próprios antepasados. Durante esas horas, encendianse fogueiras por todas as aldeas. Non se prendían coa intención de horrorizar os malos espíritus, se non que se encendian para poder guiar os mortos na escuridade da noite, para que atopasen os seus parentes e fogares.

As cabazas que actualmente decoramos con bocas terrorificas e malvados ollos, colocadas nos camiños e valados para asustar os viandantes é o unico costume que pode coincidir co americano Halloween. En Galicia polo Samain era costume baleirar nabos de grande tamaño (non foron cabazas até que chegaron de América) para poñerlles dentro candeas. Nas Rías Baixas, os nenos xogaban estes días coas cabazas, facendo caras con elas, e poñéndolles pelo e bigotes con barbuxa de millo, antes de acenderlles velas. No ritual celta do Samhain eran as propias cabezas cortadas dos enemigos as que utilizaban coa finalidade de espantar os espíritos malvados. Esta práctica perdurou na Idade Média sustituida a cabeza cortada do enemigo nun principio por cabezas de animais e posteriormente por outras simbólicas feitas de pedra que acabarian sendo a orixen mais tarde das gárgolas que aparecen en monumentos religiosos.

No ano 1582, producese o cambio da festividade do 1º de Novembro, sendo nese ano quando se leva a cabo a reforma do calendario juliano en vigor para outro mais adaptado a época, o Gregoriano. O Papa Gregório XIII decidiu entre outras cousas que o dia seguinte ó 4 de Outubro de 1582 fose o día 15 eliminando polo medio dez días. Isto fai que a festa do 1º de Novembro pase a ser o 11 de novembro do novo calendario gregoriano, día que continuou sendo o da celebración da festividade tradicional do Samahin e que en Galicia se denomina agora San Martiño ou Magusto con unhas caracteristicas propias debido a evolucion da festa. Por tanto o dia 1º de Novembro do novo calendario gregoriano corresponderia ó vello 25 de Outubro do vello calendario juliano, que era o dia na que a iglesia católica celebraba o dia de Todos os Santos. En Inglaterra, unha vez imposto o calendario gregoriano no século XVIII celebrarian a festa do “All own een” a vispera dese novo 1 de Novembro no que ainda perduraba o costume das cabezas cortadas da tradicion Samhainica na que agora mais civilizada e cristianizada incluía cabazas. En Galicia a festa mantense no 11 de Novembro gregoriano, o vello dia 1º do calendario juliano, e conservando unha tamén vella parafernalia pagana de (incluída a Santa Compaña -procesión de mortos -) a comida con castañas implicando a salvación dunha ánima por cada castaña comida, e as tipicas cabazas. Pero como a iglesia católica quixo cristianizar todo, o dia 11 de novembro, dia do Magusto pagano, pasou a ser dedicado o obispo bracarense San Martiño de Dúmio antiguo patron da Galicia, seguindo coa vella loita do cristianismo contra o paganismo, pasando a denominarse o dia de San Martiño. Ainda hai outro elemento cristianizado: A noite dos rituais de máxia druídicos, agora convertido en noite das bruxas era tradicionalmente a víspera do Samhain/Magusto, dia do fin do ano céltico que agora, esquecidas as tradición, seguirá a ser tamén o dia de fin de ano, pero desta vez segundo criterios modernos será o 31 de Decembro dia de San Silvestre.

O nome de Magusto daselle varios oríxes etimoloxicas dentre elas a de “MAGNUS USTUS” que ven a significar algo asi como “gran fogueira” donde MAGNUS é grande e USTUS, queimado, ardido. Pode ter unha certa lóxica pero hai outra que ten que ver coas palabras “MAGUS” feiticeiro, bruxo, mago e “USTUS” queimado, querendo falar quiza dunha fogueira para queimar magos segundo criterios cristianos antipaganos medievais. Quiza se refira a fogueira onde os magos facian as suas queimadas entendidas como rituais con fogo. Pode derivar de aquí a queimada galega co seu ritual, o conxuro. Na tradición galega o Magosto nace do Samhain celta empobrecido últimamente polo pouco coñecemento e reducido a unha tradición gastronómica con castañas, viño e chourizos, seguramente o que a iglesia catolica buscou durante seculos.

O magusto



lunes, 27 de octubre de 2008

O RODABALLO

Aqui vos queda a video-canción do Rodaballo, himno oficial da PEÑA DO CARALLO In the world enteiro. Subide o volume dos vosos altavoces e escoitade e memorizade a letra pois seguro que a vades ter que cantar en moitas ocasións.




Esta canción debe de ser outra versión, pois os da Peña do Carallo cantan, "Unha barca de Marin coa proa de carballo......e aqui dicen unha lancha de Marin.... pero bueno, mais ou menos, o importante e que a cantemos todos algo.

.

martes, 21 de octubre de 2008

OS GAITEIROS DA FEIRA

Buscando entre o arquivo fotografico do Asociación Cultural A Feira, atopamos a estirpe dos de Sempre, regrasando as orixes a traves de diferentes fotografias de distintas decadas que nos mostran a pegada do folclore galego no barrio da Feira, sempre baixo a influencia do entroido que é realmente quen marca o ritmo do asociacionismo e da cultura no barrio.

Non houbo nunca, un gran grupo de gaitas e baile como pode ser actualmente a Banda de Gaitas de Entenza que acadou o 1º posto no Campeonato Nacional de Bandas de Gaitas celebrado en L'hospitalet de Llobregat (Cataluña) no 2007, pero si houbo moitos grupos pequenos que tocaban en actividades culturais dos centros culturais de Salceda ou dos arredores. Tampouco tivemos unha figura sobresainte que destacara musicalmente, pero sí bos gaiteiros.

Grupo de Gaiteiros na romeria de San Cibran


Os primeiros grupos de baile e gaitas estaba dirixida por Jose Acuña alias Meiriño, chegando a actuar na praza do obradoiro en Santiago de Compostela, maiormente se actuaba cando visitaban o Centro Cultural algunha autoridade como foi Don Mariano Rajoy por aqueles tempos na Deputación provincial de Pontevedra ou en anos anteriores cando era moi comun que personaxes e autoridades pertencente o rexime visitaba o Centro Cultural, pois dito Centro pertencia a Red Nacional de Teleclub de España, e tamen polas asociacións pro-Franquistas que aqui había.


Na decada dos 80-90, formase un grupo de Gaitas baixo a dirección de Don Salvador, que actuan co nome do Grupo de Gaitas do C.C.D A Feira, desfacendose a mediados dos 90, ainda que a principios do 2000, o gaiteiro Abel Perez, que perteneceu a Xarabal e que toca na Banda de musica de Salceda, quixo reorganizar de novo grupo de gaitas aportando un toque mais Folk, aportando novos musicos e instrumentos, pero a cousa non saiu adiante, actuando tan só unha vez, desfacendose de novo o grupo.

Estas escaramuzas que quedan do grupo de gaitas, van ir tocando en cenas, despedidas, excursión, e volve a xurdir en 2006 para tocar e bailar baixo o nome de grupo Os Folklorico OS DE SEMPRE. De seguir coa progresión que se esta levando seguramente chegaremos moi lonxe tanto que xa estamos preparando a actuación para o dia de investidura de Barak Obama como presidente de EE.UU, preparados todos que os cambios son chegados, e si os yankees elixen por primeira vez un presidente afroamericano porque nón nos OS DE SEMPRE poderemos chegar a ser algo neste mundo...e en tempos de crise, como os que estamos sufrindo neste momento, que mellor que sair a rua como musicos ambulantes e quitar unha perrillas



As autoridades da epoca nos actos oficiais de inauguración do CCD A Feira




Fotos da actuación do grupo de baile pola visita de don Jose Antonio Campos Borrego, delegado provincial de Información y Turismo nos tempos da Dictadura Franquista, abaixo a noticia da visita recollida nun periodico da epoca, leede a cronica, que non ten desperdicio.



Actuación en Santiago de Compostela



Don Mariano Rajoy na inauguración das obras do acondicionamento do Centro Cultural, moi acondicionado o centro non parece pero .... seguramente que tamen contou coa actuación do grupo de baile.


Primeira e unica actuación do grupo folk Fonte do Viño.


A banda de Gaitas do C.C.D. A Feira a finais dos 80

Os mismos pipiolos que na foto anterior: Juan meiriño, Martin meiriño, Josiño, Manuel Ledo, Abel Perez, Paco, Josiño de Milagros, Andres de Clara, e Andres de Gumian, case todos hoxe participan cos de sempre.

Banda de Gaitas Xarabal, na decada do 80, onde tocou o noso gaiteiro Abel Perez, formaban o grupo os que despois foron grandes gaiteiros, Carlos Nuñez, Anxo Pintos de Berrogueto, Xose Manuel Budiño, Jose Luis Ojea do Castro Barreiro, tamen podedes atopar nesta foto a Don Tiano, lembrades a Don Tiano pois sale aqui na foto


As partes que forman a Gaita Galega, para que lle chamedes polo seu nome a cada cousa
.

miércoles, 15 de octubre de 2008

ENSAIOS PARA SEMPRE

Ainda que vos parece mentira, si... nos tamén ensaiamos algo, non todo vai ser espontaniedade e interpretación. Estamos ensaiando porque o dia 8 de Novembro actuaremos por segunda ocasión no magosto que celebra a Asociación Cultural A Feira, e deleitaremos os veciños e socios coas nosas musicas e os nosos bailes galegos, e como non, queimaremos litros de augardente nunha espetacular "QUEIMADA".

De momento estamos preparando unha muiñeira e unha ghota con bastante imperfecións por parte dos danzantes, seguro que no dia do baile o faremos moito mellor, pouco a pouco, e poñendolle moita voluntade vamos mellorando, ainda que non se note moito. Tan só estamos ensaiando 2 dias a semana e creédeme realmente o esforzo e desgaste físico é supremo, queimando calorias e cargando os xemelgos e brazos co dichoso picado da Xota ou Ghota, tamen a Muiñeira cansa, pero é mais levadeira.

E despois de tanto salto para un lado e salto paro outro, paso adelante paso atras, tacon punta tacon, que mellor que recuperar forzas e grasas queimadas con unha boa chourizada regada de viño novo, que xa vai apetecendo, que xa estamos no Outono, mais que lle pese a alguns, que xa veñen os cogumelos, as noces, as castañas, os figos, o viño novo, a augardente, a carne de caza, YUHUUU, ALEGRIA, quen dixo que o outono era triste...que mellor que estar calor dun bo lume asando uns chourizos, bebendo vo viño e parolando con bos amigos, iso non ai dios que o pague, por iso nós despois de tanto danzar vamos para o pote a papar.


Preparando e poñendo a punto a gaita de Francisco

Os Danzantes esperando a que sone a Ghota.

As chicas no picado da ghota


Montse machacando o picado cos chicos, mentres Sylvia parece ser que ten problema con Xabi.


Exahustas de tanto esfuerzo




Os chouriciños bailando na parrilla, sudando e pingando no lume como sudabamos nós antes.








Estes tres xa non eran eles, xa estaba o viño novo facendo delas, Menos mal que era mencía, si chega a ser Jaca menuda cagarría




Os videos que a continuación podedes ver, non somos nos OS DE SEMPRE, pero chegaremos a bailar igual que eles,...ou incluso mellor.

Video de unha Xota

Video de unha muiñeira.

.

martes, 7 de octubre de 2008

DESPEDIDA DE ABELITO

Pois si, como non vos iamos a mostrar a despedida de Abelito, IMPRESIONANTE, posiblemente a mellor despedida celebrada por os de sempre, e nada mellor que dedicarlle un apartado en exclusividade, pois xa correu o tempo desde aquel 29 de marzo de 2003, e alguns estamos agora bastante cambiados, mais bonitiños e algo mais alopecicos pero...


Sabado pola mañá, baixando da Feira para a casa do noivo
.
Recibidos polo noivo na Fontedapedra
.

Despois de comer e beber, sesión cubata e baile
.

O aforcado, algo tipico das nosas despedidas. (Ampliar foto)
´
Fotografía anal de alto contido sexual, esto es intolerable.
´
Mais de anatonomia humana, observese as diversidades retales dos exhibicionistas (cús blancos, peludos, gordos, estreitos, cicatrizados, etc,etc, observese, observese...)


Bicando a cruz na turreiro da Feira, ....xa non eramos nós.

Jesucristo dirigiendose a sus descipulos. Comer y Beber todos de el....

Blancanieves show girls

Cenando en Ourense

El Rey de la noche, in the Face.

Facendo o indio nas Burgas.
.
,