lunes, 21 de diciembre de 2009

OSDESEMPRE NA CARBALLEIRA DE XABARIS




Este sabado, Os de Sempre participamos na inauguración de un novo espacio verde, ecolóxico e enotgráfico en Salceda do cal xa vimos falando neste blog como é a carballeira de Xabaris. Como xa víñamos contando e facendo un seguimento das ditas obras de recuperación desta carballeira, pensamos que debeu ser esta a causa de que o Alcalde de Salceda se puxese en contacto connosco para reclamar a presencia nesta inauguración do noso grupo folclórico, así Os de Sempre compartimos protagónismo musical co grupo de Gaitas do Castro Barreiro.



O concello tivo a honra de convidar os veciños da Feira e Castro Barreiro para que se acercaran o lugar e disfrutar desta nova area de recreo e compartir un viños e escoitar o noso repertorio musical. Despois dos discursos protocolarios, o protagonismo foi para os mais vellos do lugar que foron os encargados de descubrir o penedo conmemorativo no que figura a data de dita inauguración.



Na foto de arriba podedes ver como quedou a fonte de Xabaris, unha vez rematada as obras, e na foto de abaixo asi estaba cando fixemos a primeira referencia a esta carballeira no noso blog, no inicio das obras



Na foto de arriba podedes ver como quedou todo o espacio da fonte e lavadoiro de Xabaris, unha vez rematada as obras, e na foto de abaixo asi estaba todo cuberto de silvas e ortigas cando fixemos a primeira referencia a esta carballeira no noso blog, no inicio das obras.






estado actual do lavadoiro






Momento no que descubren por parte dos mais vellos do lugar o menhir conmemorativo






Momento estelar da regueifa musical entre Os de Sempre e o gupo do Castro Barreiro



Discurso protocolario por parte dos membros do goberno do concello sobre as obras que se levaron a cabo nesta zona e bla..bla...bla...



miércoles, 9 de diciembre de 2009

ESPIRITU NAVIDEÑO




Justificar a ambos ladosDisfrutando de estes días de descanso da ponte da Constitución en terras do Rhin, entre Alemaña e Francia. Puiden comprobar o pouco espiritu navideño que temos os galegos, que pouco disfrutamos desta datas, e que rápido entramos en polémicas, como o que estes días se debate en Salceda, sobre quen ten que sufragar os gastos do alumeado navideño de Salceda, si o concello ou os comerciantes. Pois ben, sin posicionarme a favor de ninguen, contarvos para quen non tivo a oportunidade de visitar Alemania ou a Alsacia Francesa, a forma de disfrutar e vivir o nadal nestas localicades e ben distinta a nosas, non só se remiten o alumeado navideño.



Mercadillo de Nadal en Estrasburgo

Reflexionando un pouco, pois xa que copiamos o tradicional papa Nöel, que adornan os nosos balcóns, e outros costumes mais do Nadal, porque non importar outras tradicións, decirvos que en pobos e cidades nas que estivemos alemanas como Offenburgo, Baden-Baden, Geggenbach, ou francesas como Estrasburgo, són os propios comerciantes os que engalonan e adornan os seus negocios de tal forma que é un reclamo para os propios cidadáns e visitantes que se acercan os escaparates reclamados pola sua ornamentación, asi podemos ver como unha simple carnicería se adorna completamente desde a entrada principal ata a antena de TV no faiado, con adornos do nadal, porquiños de peluches, falsas salchichas de celofan, etc, etc, pastelerias con casiñas de chocolates, regalices, etc, as cervecerias donde se pode saborear a cervexa de Nöel, (Biere du Nöel), e moitos mais exemplos, luces e decoración que crean unha atmosfera de conto de nadal.

Pola sua parte, os concellos habilitan pistas de patinaxe, nas que agora tamen disfrutamos en Galicia, os típicos arbores de nadal e algunha ornamentacion que outra nas ruas, como as polas de abetos que adornan as ruas das vilas. Pero o que mais chama a atencion e como principal atractivo, e o mercadillo de Nadal. O concello habilita unhas casetas de madeira, stands, nas prazas dos pobos para todos os comerciantes que queiran verder os seu productos, e donde o visitante pode adquirir artesania popular, regalos navideños, disfrutar de comida regional, productos tipicos e de viño dulce quente, para escorrentar o frio, e outras moitas cousas que comprar.

Día tras día, cativos e maiores baixa a rúa e acércanse as pistas de patinaxe, céan nos multiples postos de comida e como non disfrutan como tolos do viño quente (Glühwein) pero que moi quente case fervendo, disfrutan dos doces de nadal, da cerveza de Noel, dos Crépres de Nocilla. Todos xuntos, vellos e novos, luces, cheiros e adornos, doces e bebidas quentes, crean un ambiente máxico que fan unhas navidades inolvidables e de ensoño.

Por iso, a que ven tanta polémica co alumbrado navideño de Salceda, cada comerciante de Salceda que engalone, e coloque o seu propio alumeado e adorne o seu negocio e o faga atractivo para chamar pola xente e o concello que habilíte stands e crea un mercadiño Navideño, xa verídades como se ía encher a praza do concello e as ruas de Salceda de xente, de xente de aqui e de acola.

Mercadillo de Geggenbach


Pista de patinaje de Baden-Baden


Cerveceria en Baden- Baden



Ventana de unha pastelería en Estrasbrugo




Estrasburgo


Ruas de Estrasburgo




Concello de Geggenbach


Posto de Salchicas en Offenburgo


Offenburgo


Mercadillo de doces en Baden-Baden


Mercadillo de Baden-Baden

Geggenbach

Geggenbach



Geggenbach

Cerveceria en Estrasburgo



domingo, 15 de noviembre de 2009

COMIDA INVERNAL DA PEÑA DO CARALLO




1ª comida invernal celebrada polos membros da PEÑA DO CARALLO, no pote da Feira. O motivo desta comida non foi mais que para xuntarnos todos e disfrutar dunha boa laconada con grelos, e para pagar as nosas cotas mensuais, tamen houbo moito debate nas largas horas de sobremesa, de que facer co noso capital economico.... si comprar un bombo, si comprar unha caixa... si gastalo en outros temas...e entre tanto debate, entre tantos licores e tantos grelos, que o final foise cargando o ambiente, intoxicando as opinions, enfectizando os aires, que foi imposible chegar a un acordo, non houbo courum, houbo desacourum. E o debate foi posposto para outra data, outro dia na que as nosas almas estean purificadas de gases farturentos. Por certo, o lacon asi como as patacas e chourizos estaban moi ricos, pola contra, os grelos faltaballe media hora de fervura, pero é que xa eran as tres da tarde e a estas alimañas non habia quen os aguantara o redor dos pucheiros.

Admitimos propostas para que facer con 1000 Euros aproximadamente que é o orzamento que temos para gastar antes de que remate este ano.



Sustancias psicotrópicas



Especies Alcaloide, alucinogenas


Non.... Sal, sal gorda de salar o porco....




Increible, pero... tivemos postre



Cañete, cantante da Orquesta Sur