viernes, 26 de diciembre de 2008

RANCHO DE REIS


Rancho de Reis de Salceda na actualidade recuperado polo grupo O SERAN


O RANCHO DE REIS DE SALCEDA


Nestas datas tan sinaladas donde celebramos as festas do Nadal, no concello de Salceda de Caselas inténtase manter e recuperar unha antiga tradición que se viña celebrando anos atras nestas datas de Nadal concretamente no día de Reis, o chamado Rancho de Reis, rancho que ten unhas características que distan dos tradicionais ranchos que se celebran o longo de toda Galicia como pode ser o de Gulans, Riofrio ou do Norte de Portugal, unha variedade de rancho que o grupo O Seran recuperou estes ultimos anos, e na que nos o grupo Os de Sempre estamos concienciados e preparados para levar a cabo dita recuperación desta danza e na que probablemente para o proximo Nadal do 2009 poderemos danzar e tocar o Rancho de Reis, agora estámonos reunindo coas ultimas persoas que formaron o antiguo Rancho de Reis, para que nos trasmitan os 14 puntos desta danza, a musica que se tocaba e a indumentaria utilizada.

Antigamente en Salceda de Caselas existían dos ranchos, como non, o Rancho do barrio de abaixo (A Feira) e o rancho do barrio de arriba (O Barreiro), ademais da rivalidade do carnaval tamen había rivalidade co rancho de Reis, por certo tamén había o rancho de Carnaval, que diferenciaba do Rancho de Reis por ser mais numeroso e pola sua indumentaria.
Centrándonos no Rancho de reis, O rancho de Reis de Salceda, estaba formado por dous danzantes que bailaban entorno dunha figura A Dama, acompañado de gaiteiros, tamboril e bombo, polo tanto non existe a danza dos paus e dos arcos ou das cintas nin tampouco se baila dentro da igrexa. A figura da Dama esta representado por un neno (varon) vestido de Dama todo engalanado de ouro, xoias de ouro que se pedía polo barrio ou nas parroquias veciñas, sombreiro e manton, os danzantes vestían pantalons cortos e medias altas de cor blancas, na cabeza un sombreiro de duas puntas e unha castañetas nas suas mans que ían repinicando o son da danza. Na vispera do Reis, o rancho danzaban nas casas das parroquias de Salceda, deixando para o día de Reis o seu propio barrio, había persoas que acompañaban o rancho para ir pedindo nas casa si querian ver danzar o rancho, outras tiraban os fogos de palenque si os caseiros o aceptaban, o rancho danzaba na sua casa a cambio e este pagaba pola actuación e asi recaudabanse uns cartiños.

Existía unha gran rivalidade que empezaba na vispera da noite de Reis, pois os dous ranchos pelexaban por ser os primeiros en chegar a igrexa de Salceda, o que se chamaba "coller a Igrexa", as doce da noite tiraban o fogos de palenque anunciando que a igrexa fora collida. O día seguinte os dous danzantes do rancho que collera a igrexa, tiñan o honra de axudar a misa, cantar o Canto de Reis, e ser o primeiro rancho en bailar no adro da igrexa e na caso do cura co cal o outro rancho quedaba relegado a un segundo plano. Producíanse momentos de tensión na hora de coller a igrexa e segundo contan, o rancho do barrio de abaixo chegou a ir a igrexa cunha escopeta de caza para intentar desaloxar o rancho de arriba.

Rancho de Reis do barrio de abaixo (A Feira)



Rancho de Carnaval do barrio de abaixo (A Feira)



O RANCHO DE REIS EN XERAL

O rancho de Reis en xeral, que se celebraban ou celebran en boa parte de Galicia, exhibían na totalidade ou en parte os pasos clásicos: arcos, castañetas, entrenzado, paos, etc., realizados normalmente durante as procesións patronais, en Salceda so se mostran os pasos de castañetas.
Con certa frecuencia poseen características chamativas comúns, interesantes de analizar, como a indumentaria predominantemente blanca, con adornos florais, exóticos e de abundancia (por exemplo a presencia de cantidades importantes de ouro). Os ritos entorno a unha divinidade foron cristianizados e, tal vez coma unha continuación deles, aínda siguen dalgunha maneira vixentes entre nós en forma de populares romarías galegas, como por exemplo a da Virxe da Franqueira en A Cañiza (Pontevedra) na que, precisamente, báilase unha destas danzas. Os cantos de Reis forman parte do que podiamos chamar en conxunto "cantos de Nadal", unha tradición moi extendida na totalidade do territorio galego que consiste en xuntarse un grupo de persoas para interpretar polas casas dos lugares, seguindo un itinerario, unha serie de cantos alusivos o nadal. Os musicólogos, distinguen entre eles os propios cantos de Nadal, os cantos de Ano novo, os Aguinaldos e os cantos de Reis. Pertencen a un pasado recente da tradición musical galega que en varios lugares están sendo recuperados. A intensidade coa que aínda permanecen na memoria da xente supón unha motivación importante para elo. Os relatos dos maiores están cheos de beleza cando falan de que previamente se facían uns ensaios para que todo quedara ben. Aprendíanse as letras, buscábase a afinación, conxuntábanse os instrumentos, poñíase moita ilusión. Era habitual que saíra algún instrumento melódico como a gaita ou o alcordeón pero os cantores tamén levaban percusións como pandeiretas, pandeiros e charrascas varios.


O Canto de Reis que se canta no remate da misa deste día ven recollido no Cancioneiro de Dorothe Schubarth (Cancioneiro Popular Galego) atopamos dúas versións recollidas en Salceda de Caselas e Vilachán (Tomiño) ás que teríamos que engadir outra que temos observado en Arbo con moita semellanza.



Cántiga de Reis

Que viva y que reine
al verbo encarnado
y al rey de los reyes
Esta noche celebra la iglesia
de la Pifanía de los Santos Reyes,
del oriente salieron diciendo
al verbo encarnado y al Rey de los Reyes
Que viva …
Una estrella le sirvió de guía,
que iba recorriendo el cielo celeste,
más brillante no la tiene el cielo,
ni cielo ni noche más resplandeciente
Que viva …
A Herodes le fue revelado
al ministro suyo por todo su reino
que se teme del rey de los cielos
usando grandeza un santo se vuelve
Que viva …
Pregunten augueros, pregunten
si saben dónde este niño nació.
En Belén los judíos responden
de la profecía y así lo refieren
Que viva …
Entre tanto despachó Herodes
al ministro suyo por todo su reino
y a cuántos niños encuentren
dos años abajo y a todos degüeyen
Que viva …
Despedida los Magos persiguen.
A Belén llegaron y allí oscurece
y aquel rayo brillante descubre
un cielo estrellado y un sol que aparece
Que viva …
Se encontraron con el niño hermoso
y la Virgen Madre que en brazos lo tienen,
anunciando a José y María,
de gozo y ternura sus lágrimas vierten
Que viva …
Luego un sueño le fue revelado.
A un jardín de flores que Herodes pretende
por dar muerte a un sueño inocentes,
sin culpa y sin mancha un santo se vuelve
Que viva …
De rodillas hincado le adoro
a esos más ricos tesoros le ofrezco
oro, incienso y mirra
estas tres ofrendas a su tierra vuelven
Que viva …
Con estas canciones concluyan señores
con estas y otras y unas pañueletas
a este niño pidámosle auxilios
y que nos coloque la gloria celeste
Que viva …
Del tronco salió la rama
de la rama salió flor
del corazón de María
salió Cristo Redentor
Que viva …
Estas son las fiestas
de la Epifanía
que se manifiesta
Cristo en este día.
Que viva y que viva
que viva y que reine
y al verbo encarnado
y al rey de los reyes





Rancho de Reis de Gulans


lunes, 22 de diciembre de 2008

OS DE SEMPRE EN SOTO DE AGUES 3ºPARTE

Ultima entrada da saga de Os de Sempre en Soto de Agues, e con estas cuantas fotos e dous videos damos por rematado estas entregas da excursión.




















Neste video podesde apreciar como as chavales estan poseídas polos espiritus, estan a espera da dosis de queimada para ceibar as suas almas do embruxamento.


Unha das numerosas queimadas que fixemos en Soto de Agues, neste video pódese apreciar a presencia entre nós dun espiritu moi espirituoso, das neboadas das veigas, corvos píntigas e meigas, que se ofreceu a leer o conxuro da queimada, porque nos somos así, cando realizamos unha queimada invocamos os espiritus que estan fora para que particípen con nós da nosa queimada. Outros utilizan a canción de Mago de Oz, grupo madrileño para realizar o conxuro da queimada galega, algo anormal carente de sentimento, moi artificial, e por certo con voz moi afeminada, faltalle a pronunciación propia dun galego do rural que mamou a nosa cultura de pequeno, que se rebozou na lama, que se empapou nos charcos da nosa choiva, que cargou moitos carros de estrume e toxo, que sabe o que é unha guedella porca dunha cabra mal parida, que lle tirou pedras os ghatos que anda a xaneira, que xogou cos sapos, que tiña medo das coruxas, mouchos e bruxas, so así se pode sentir o que esta e decir, porque o conxuro da queimada e algo mais que un discurso, é unha declaración, unha manifestación sociocultural, espiritual, que sae do fondo das nosas almas quedando asi purificadas e libres de todo embruxamento.

lunes, 15 de diciembre de 2008

OS DE SEMPRE EN SOTO DE AGUES 2ªPARTE

Como temos moito material multimedia da excursión de Soto de Agues vémonos na obriga de realizar a segunda parte da anterior entrada con mais fotos e videos da excursión de Soto de Agues co material de enviado por Juan, Andres e Javi.


Que bien que nos llevan de excursión a esquiar un mogollón!!!!




O mismísimo Jans Trönmueller, campión mundial de esqui artistico en caida libre


O equipo de AL FILO DE LO POSIBLE, na III Travesia de Siberia Oriental






Alberto Tombo nun descenso imposible





.



O Pobo de Soto de Agues








cuñaaaaaaaaaaaaaaaoooo!!!!!!!!!!




Lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes.


Parodia de beixar a cruz

Rocíame señor con el ISOTOPO








Meterio bailando coa cociñeira



A nosa camareira bailando con Juan



Nora


Pasodoble de Fary con Nora


Leendo a prensa as 4 da maña


IGOR

.



Jusanitoooooos !!!!!!!!!!!!!!


Javi pedindolle un autografo a Rafaella


Josiño dandose aire




Moita cabra e moito cabrón












O grupo completo.