lunes, 22 de diciembre de 2008

OS DE SEMPRE EN SOTO DE AGUES 3ºPARTE

Ultima entrada da saga de Os de Sempre en Soto de Agues, e con estas cuantas fotos e dous videos damos por rematado estas entregas da excursión.




















Neste video podesde apreciar como as chavales estan poseídas polos espiritus, estan a espera da dosis de queimada para ceibar as suas almas do embruxamento.


Unha das numerosas queimadas que fixemos en Soto de Agues, neste video pódese apreciar a presencia entre nós dun espiritu moi espirituoso, das neboadas das veigas, corvos píntigas e meigas, que se ofreceu a leer o conxuro da queimada, porque nos somos así, cando realizamos unha queimada invocamos os espiritus que estan fora para que particípen con nós da nosa queimada. Outros utilizan a canción de Mago de Oz, grupo madrileño para realizar o conxuro da queimada galega, algo anormal carente de sentimento, moi artificial, e por certo con voz moi afeminada, faltalle a pronunciación propia dun galego do rural que mamou a nosa cultura de pequeno, que se rebozou na lama, que se empapou nos charcos da nosa choiva, que cargou moitos carros de estrume e toxo, que sabe o que é unha guedella porca dunha cabra mal parida, que lle tirou pedras os ghatos que anda a xaneira, que xogou cos sapos, que tiña medo das coruxas, mouchos e bruxas, so así se pode sentir o que esta e decir, porque o conxuro da queimada e algo mais que un discurso, é unha declaración, unha manifestación sociocultural, espiritual, que sae do fondo das nosas almas quedando asi purificadas e libres de todo embruxamento.

No hay comentarios:

[Valid Atom 1.0]