jueves, 4 de diciembre de 2008

O NADAL GALEGO



Xa chegamos de novo o mes de Nadal. Xa están os turróns nos supermercados, os xoguetes na televisión, o alumeado ornamental nas ruas dos concellos, os arbores de nadal nos fogares, os vestidos de lentexuelas nos escaparates e por DESGRACIA, os Papanoeles nas casas e edifícios de case toda Galicia, apolados nos balcóns, nas ventanas, nas escaleiras, nas chimeneas, nos letreiros luminosos...por Deus, ¿estarán desorientados co cambio climatico?, ¿pensarán que Galicia é Galiponia ou Galilandia?, que actuen os nosos políticos, que prohiban a dito personaxe, esto es feismos urbanístico, outra tradición imposta polos yankees, pola Coca-Cola, polo capitalismo mais consumista e nos como somos como ovejitas nos la papamos, e ignoramos as nosas propias tradicións como pode ser cantar os Manueles, O Rancho de Reis, O Cepo de Nadal, pero que lle vamos a facer...seguiremos al buen pastor. Si hai algunha ouvella descarrilada e queira saber algo sobre o Nadal tradicional en Galicia, intentaremosllo mostrar e explicar nesta nova entrada de Os de Sempre.


Botamos de menos o calvo da navidade.


As orixes celtas da festa do Nadal, comenza o 21 de decembro, coa chegada do solsticio do inverno celebrandose a antiga festa celta do "Alban Arthuan". O cristianismo marcou o día 25 de Nadal para lembrar nacemento de Cristo coincidindo coas celebracións profanas e desa maneira capitalizou a festa. O "Alban Arthuan" era un dos antigos festivais celtas do lume. Tiña lugar durante a noite que ía do 21 ó 22de decembro, e coincidía co solsticio de inverno. Nos celtas existía o costume chamado "das Velas do Nadal". Esta era unha tradición que consistía en manter unha vela encendida en honor á deusa Nai Terra durante o solsticio de inverno, usando os restos da vela do ano anterior. Debía arder durante doce horas para traer boa sorte. Como orixe desa tradición xurdiu unha das tradicións máis antigas e de maior tradición en Galicia: o chamado "Cepo do Nadal" ou "Tizón do Nadal". O "Cepo do Nadal" era unha cepa grande de madeira boa, de carballo xeralmente, que se botaba no lume da lareira para que ardese durante toda a noite. En algunhas comarcas tamén se usaba o chamado "Lume novo" (as brasas deste lume, facíanse nas lareiras das casas queimando toxo ou leña miúda, logo eran bendicidas o Sábado Santo e gardábanse porque daba boa sorte á familia e encendíanse na noite de Nadal). O calor deste lume xuntábanse a xente e cantaban panxoliñas, contaban historias da Santa Compaña, de mouros, serpes, encantos, contos de rir, etc mentres os nenos xogaban. Os carbóns que facia deste cepo, non se tiraban, gardábanse nun curruncho da casa por que tiñan propiedades máxicas. Cando tronaba collíase borralla do cepo de Nadal e botábase de novo á lareira, para espantasen os tronos.

O árbore de Nadal era tamén orixinalmente un costume pagano; adoitaban poñerse decoracións con moitas cores colgando da árbore, normalmente un piñeiro, para simbolizar os diferentes obxectos estelares que tiñan relevancia entre os celtas: o sol, a lúa e as estrelas, e tamén para representar as almas dos que morreran durante o ano anterior.

O Nadal encerra múltiples tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sin preguntarnos, moitas veces, que significado teñen. O Nadal galego ancestral ten tamén unha relación agraria, cando o labrego –debido ó mal tempo e ós días curtos- concentra o seu esforzo en traballos artesanais dentro da casa ou en labores como a matanza do porco. Avós, fillos, netos… reúnense a carón do lume onde, según os contos, tamén se congregaban as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto cos cantos, os donativos…, conforman as tradicións nadaleiras que hoxe algunha ainda se conservan. Grupos de mozas e de mozos percorrían as aldeas ou parroquias cantando panxoliñas en Nadal, Xaneiras ou Manueles en Aninovo e todas elas eran de literatura popular transmitidas oralmente. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba un donativo xeralmente en especie (chourizos, torradas, roscas, etc.), que despois consumían en foliada propia da idade. Velaquí, unha oportunidade festiva aproveitada polos rapaces, que podían conseguir algúns bens que en tempo non festivo controlaban os adultos. A obriga destes últimos era entregar o donativo, arriscándose, en caso de non facelo, a sufrir o ataque verbal da rapazada. Por iso o cantar podía ser de loanza, en caso de obter o desexado, pero tornábase ferinte, e mesmo insultante, no caso contrario.Por exemplo:

De alabanza e agradecemento:

A señora ama da casa - ten a color da cereixa
i ela como é boa moza - sen esmola non nos deixa.
A señora ama da casa- ten o ramo de pracer
co viño na bodega - pra nos dare de beber.
A señora ama da casa - ten cara de serafin
cando entra pola igrexa - todos os anxos lle rin.
Esta casa sí que é casa - estas sí que son paredes
a muller que nela está - é muller entre as mulleres.
Si esta casa fora miña - como é destes señores
xunto ó portal do curral - prantaría un xardin de frores.
Á súa porta nos tén - coma un feixe de moita leña
a esperar pola resposta - que da súa mau nos veña.
A casa ten bon cortizo - e tamén há ter bon mel
nós vimos buscar un peso - que nos mandou o Sr. Manuel.
Señora ama da casa - cachee ben os bolsillos
se non nos há de dar cartos - déanos ovos e chourizos.
E, á señora ama da casa - nunca a cabeza lle doia
se nos dera un torresmiño - pra lle untare a zanfoña.
E, a señora ama da casa - como é tan honrada
subirá ó caínzo - e cortará sen tasa.
E, o señor amo da casa - como é tan honrado
baixará ata á bodega - e traerá un gran xarrado.
Esta vai por despedida - hoxe aquí non cantomos outra
os señores desta casa - doxe un ano nos oian outra.
Angelitos somos - del cielo venimos
bolsillos traemos - dinero pedimos.
Déanolo o aguinaldo - se no lo han de dare
que vimos de lonxe (lexos) - e temos que andare (marchare).
Manden aguinaldos - señores,a nós
polo Nacemento - do Fillo de Dios.
Manden aguinaldos - se nolos han dare
que somos de lonxe - queremos marchare.
Moitos anos viva - a dona da casa
pra dar o aguinaldo - nunca foi escasa.
Moitos anos viva - o dono tamén
temos por noticia - que é home de ben.
Aquí hai mociñas - que gastan salero
que nos han de dare - o viño do xerro.
Aquí hai mociños -que gastan sombreiro
que nos han de dare -a real enteiro.
Os señores desta casa - saberannos perdonare
que somos rapazas novas - e non sabemos cantare.
Dios llo pague, señora - Dios queira que dun ano
me dea vosté o aguinaldo - coas súas benditas manos.
Quédense con Dios, señores, - astra ó ano que volvamos
se non nos vemos eiquí - ¡que no Ceo nos vexamos!.
Aquí nos deron - a recadadiva ;
quén nola dou - moitos anos viva.
Eles que vivan - e nós que vivamos
e roguen a Dios - que no Ceo nos vexamos.
Déanos o aguinaldo - anque sexa pouco
un touciño enteiro - e a mitade doutro.
Déanos, señora - déanos o viño da pola
¡san Antonio lla defenda -que o raposo non lla coma!.
Se dan o fumeiro - vamos contentiños
vámonos correndo - co noso meniño;
a Virxe contenta - tamén os pastores
por ver aquel Neno - nacido entre frores.
Catro macebos xuntiños - aquí xuntiños estamos;
e tan cansados os catro - que é preciso alimentarnos.
De moi lonxe xa viñemos - noite que andar aínda falta;
as forzas piden reparo - mollo as gorxas e non de auga.
Chourizo, pois, longaniza - uña de porco, fuciño;
ou de xamón dúas tortillas - con dous xarriños de viño
De cantar xa nos cansamos - por probes non nos desprecien
que se algo os ricos non dan - os probes mal se remexen.
Vivan e vivamos todos - que para todos Dios nos dou saúdiña,
¡cante o merlo! - ¡adiós ano que acabou!
Esta vai por despedida - oxe aquí non canto outra
os señores desta casa - de hoxe un ano me oian outra.


De bulra-castigo (da cabra fanada):

Cantámosche os reises,
guedellos de cabra
cantámosche os reises,
non nos deches nada (bis)
Somos os reises do "quiquiriquí",
vimos a ver que nos botan eiquí;
somos os reises do "cacaracá",
vamos a ver que nos botan alá.
Sómos os reises da "cabra fanada"
viñemos aquí...¡ non nos deron nada!!.
Aquí vimos catro,
cantaremos oito
déano o aguinaldo,
"fociño de cocho";
ó aguinaldo vimos,
ó aguinaldo andamos
se nos dan touciño...
¡tamén o levamos!;
Somos os reises do "quiquiriquí"
se non nos dan nada...
¡cagámoslle eiquí!.


OS MANUELES, era cantado polos mozos na madrugada do fin de ano:

manuel, manueliño
manuel, xerro de viño
manuel, manueliño
manuel, cara de cera
quen me dera ser sol
para que manuel se derretera
manuel, manueliño
manuel, pernas de ancazo
pola ponte da ribeira
botabas un contrapaso
aí vai o manuel deixalo pasar
aí vai o manuel coas zirolas e pano na man
co pano na man co pano na man
aí vai o manuel deixalo pasar.


Nos nosos tempos mozos cantando panxoliñas na noite de Reis


O Nadal foi sempre un tempo para o reencontro familiar e a reflexión, para vivir con intensidade as noites máis longas. A casa convértese no espacio protagonista e por iso decorámola como o salón dunha verbena que dura ata a entrada do novo ano. Este divertido "rito dos adornos" inclúe a preparación da Árbore, unha actividade que resulta especialmente atractiva para a xente máis nova. Outra tradicion e facer o Belen ou Nacemento. Nos pobos de tradición católica, o nacemento de Xesús nun pesebre de Belén represéntase con réplicas deste momento: o pesebre, o boi e a mula, Xosé, María e Xesús, os pastores e os Reis Magos forman parte da simboloxía popular iniciada por San Francisco de Asís en 1223. O papa noel, tamén coñecido como Santa Claus, a orixe desta personaxe anglosaxona débese buscar na tradición danesa de San Nicolás como un home que repartía agasallos. Unha figura que no século XIX –concretamente no ano 1841- empeza a asociarse a un vello home que tomou a forma actual provocada por un debuxante da Coca-Cola no ano 1931, e co fin dunha campaña publicitaria. Os nosos Os Reis Magos as primeiras referencias de Melchor, Gaspar e Baltasar aparecen por no século VII nun Códice da Biblioteca de París. San Mateo cita nun dos Evanxeos da Biblia e narra como uns Magos, guiados por unha luminosa estrela, chegan a Belén para adorar ó Neno Xesús. Sen mencionar os seus nomes (ata o século IX) nin a súa orixe, algunhas interpretacións din que podían ter sido astrólogos babilonios ou sacerdotes persas, e dise que son tres polo número de agasallos ofrecidos: ouro, incienso e mirra. As tradicionais cabalgatas na noite do 5 de xaneiro anuncian a chegada destes Magos de Oriente que poñen o remate ás festas de Nadal. No centro cultural de A Feira é tradicional que os mais mozos realicen un Belen vivente, e unha cabalgata donde os Reis visitan o noso barrio en distintos medios de locomoción.





A cabalta de Reis chegando a Feira

Pero si algo ten de particular, peculiar e tradicional o Nadal en Galicia, é polo Rancho de Reis, ou Danza de Reis, pero este tema deixarémolo para outra entrada, porque ten moita tematica.

Agora xa non cantamos panxoliñas, nin manueles, agora gastamos os cartos por enriba das nosas posibilidades, preocupados mais en derrochar que en disfrutar destas datas. O mes do consumismo en estado puro, a cena de empresa, a loteria, os regalos de Papa Noel e Reis para os familiares, o traxe de fin de ano (para facer o estúpido na discoteca ou na festa privada) o peinado femenino desa noite, a folla de bacallau para a cena de noiteboa, os langostinos para a cena de anovello, as botellas de albariño para noite de reis, o roscon de Reis, todo suma e cando te das conta agotouseche a paga extra. Chega o tempo do bicarbonato do sal de froitas, do almax, do Gin Tonic, porque somos así, primeiro poñemonos morados cos langostino, despois coas ameixas ou vieiras, seguramente tamén nos queda sitio para unha tapiña de pulpo, e como non o bacallau con coliflor e repolo que fai mama, e claro unha noite de nadal sin turron e noces...e para dixerilo unha copiña de cava ou sidra, que total, pero buenas a esas horas un cafeiño para manternos despertos acompañado dun chupito de licor caseiro, aínda que agora xa postos tamén baixa ben cun cubatita, que xa son horas, e despois claro...remata a noite e os langostinos buceando no viño, o pulpo a hostiazos co bacallau, a coliflor covertida en gases toxicos, os chupitos e cubatas caminito de Belen, e atasco no baño, tembla o retrete, e mais bicarbonato, mais sales de froitas, brutos que somos uns brutos. o día seguinte levántaste para comer, séntaste na mesa pensando en volvar rapidamente para a cama, sin apetito. Volven a desfilar os langostinos agora veñen a pranxa, alguna vieira extraviada aparece tamén na mesa, volves a engulir, outra bandexa cae na mesa, agora xa non se diferencia o bacallau da colifor, pensas en levantarte porque crees que xa se acabou a comida, pero sorpresa...outro prato, aparece un pitiño da casa guisadiño con patatiñas e carneiriño con champiñonciños na sua salsiña, e volveste a sentar, e comes e bebes, e veña carne e veña viño, e volvemos o ritual de onte a noite, turron, noces, cava, cafe, chupito, cubata, a poder ser Gin Tonic, por favor que é dixestivo.







Vivamos o nadal como Galegos


BO NADAL E PROSPERO ANINOVO

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi ben este escritorciño de primeira camada da portada.Pero na miña opinion, se tanto compre tirar das nosas tradicions e costumes no nadal, porque non predicar co exemplo e non utilizar tantas frasiñas no idioma veciño,tanto tirar polo gin-tonic e non unha boa cunca de viño á galega e unha Estrela ou Superbok na disco(1 ou as que veñan ata q o corpo estoupe....). Critica o esaxerado consumismo pero intuimos que na sua casa non faltan os mariscos (inda que "producto galego" si é....) bebidas de todo tipo, turrons,e outros productos de importación...En fin non me vou meter mais con este elemento non vaia ser que na Feira lle deixen de falar.
SAUDOS DENDE LEÓN

[Valid Atom 1.0]