miércoles, 24 de junio de 2009

NOITE DE SAN XOAN



A Asociacion Cultural A Feira, organizou esta noite pasada a tradicional noite de San Xoan con sardiñas, viño e pan para todos os socios, e despois da medianoite prenderon lume a unha espetacular fogueira presidida por unha gran sardiña que ardeu ata as altas horas da madrugada. A pesar de estar unha noite fresca a xente acercouse o recinto da Asociación e poido degustar das sardiñas, e como non da actuación musical de OS DE SEMPRE, aínda que estabamos algo mermados en número, pois tan só eramos tres membros da nosa agrupacion musical, fixemos o que puidemos, e parece que algo gustou.

Anos atras quedan estas noites máxicas xunto coa noite de San Pedro, cando se ia polo barrio a roubar os carros, portais, e outros apeiros de labranza e se levaban con moita emoción o adro da Igrexa outra tradición perdida no barrio, e xa van unhas cuantas as que levamos mencionadas neste blog. Aínda que hoxe se podía ver na rotonda do centro da Esfarrapada un carro roubado esta noite. A ver si para o próximo ano preparamos unha entrada coa ultima noite dos carros na que a rapaceada da Feira participou nesta tradición, pois hai unha filmación realizada, teremola que buscar e dixitalizala.



A fogueira de San Xoan da Asociacion Cultural A Feira, ainda sen rematar.


A Sardiña que coronaba a fogueira

Preparando as brasas para asar as sardiñas.








O Equipo Directivo repartindo sardiñas e viño

Pouco a Pouco a xente foise acercando as mesas para probar as sardiñas.



A xente comentaban que as sardiñas estaban moi boas a pesar de estar pouco asadas.








A medianoite cos primeiros minutos do día de San Xoan, prendeuse lume a fogueira, como a tradición pagana manda.




Pouco a pouco foise esmocerendo as lapas


Os cativos atónitos ante o lume





Cando o lume empezou a esmorecerse a xente animouse a saltar a fogueira e liberar a alma de todo embruxamente realizando salto a traves da fogueira.




As luces e sombra da fogueira asemellanse os espiritus e almas que fuxen de ser purificados polo lume










video da queima da fogueira de San Xoan


.

No hay comentarios:

[Valid Atom 1.0]