jueves, 18 de junio de 2009

A CARBALLEIRA DE XABARIS



Este días estanse a levar a cabo os traballos de recuperación da Carballeira de Xabaris, para convertila nun parque natural e etnográfico que aumentará o patrimonio turistico de Salceda, todos sabedes donde está situada, alí donde o regato da Ameixoa separa a Feira do Castro Barreiro.



O concello de Salceda de Caselas a través de esta actuacion pretende recuperar un espacio natural no rural de Salceda o caron do pazo da Aballe, patrimonio arquitectónico do municipio, e por donde discurre o Sendeiro das Greas (GR-58), e por donde un trasego de centos de persoas percorren o camiño nas noites do entroido de Salceda para asistir as verbenas da Feira e do Castro Barreiro, producindose situacións singulares, malia que agora o camiño esté asfaltado e xa non se atopen as grandes laxes e pedras que dificultaban o percorrido, pero que o facía tamén mais divertido.




Así estan as obras agora, vamos a ver como queda todo esto

A actuación realízase nunha superficie de 1.610 metros cuadrados, por un total de 47.761 euros financiados polos fondos Estatais de Inversións. Os carballos existentes, moitos de eles centenarios, se lle sumará novas plantacións, instalaráse un sistema de socalcos, con muros de contencións e taudes vexetais, para intentar salvar os 9 metros de desnivel que hai desde a parte mais alta ata o regato da Ameixoa, colocaranse mesas, bancos e vaias de madeira, e faranse zonas de aparcamento no tramo do vial Salceda-Picoña.



Nunha segunda fase, recuperarase as ribeiras do regato da Ameixoa, o lavadoiro e a fonte de Xabaris. Esperamos que esta segunda fase se faga pronto e non quede no esquecemento, é unha pena que non se poida disfrutar por completo de todo esta area, pois hai que recordar que tamen había un muiño a escasos 50 metros de esta área, o muiño do Carallou, pero que polo abandono quedou nun estado ruinoso e posteriormente se desfixo, foi unha pena que se perdera este valor etnografico, é seguramente como non se apuren en facer a segunda fase creo que tamen se terminará por perder o lavadoiro no que tanto nos gustaba ir de pequenos coas nosas nais, para así mollar os pés ou meter a cabeza debaixo do rebosadoiro, ou xogar cos tacos grandes de xabon que perfumaban as nosas roupas, naqueles tempo donde non había a lavadora nas casas.

Estado actual do lavadoiro, todo cuberto por silvas e ortigas

A fonte de Xabaris



2 comentarios:

An dijo...

Agardo que remate ben e non fagan unha desfeita como acostuma a ser. A recuperación do noso patrimonio natural e arquitectonico e necesario para preservar a nosa cultura. SAúdos e aperta...por certo, tocouche a caixaq de cervexa?
XD

TROMENTA dijo...

Ata o dia 30 de xuño, non termina a promoción de Estrella Galicia, terei que agardar unha semaniña mais.

[Valid Atom 1.0]