Cheo, abarrotado estaba o torreiro da Concepcion durante todo o sabado pasado, desde as primeira horas da maña ata a altas hora da madrugada, un trasego de xente que se inmolou coas multiples actividades organizadas pola Asociación TREZE CATORZE.
Vacios, esgotados quedaron os tanques de cervexa de caña, as cervexas de lata, os refrescos, o viño, o pulpo, as camisetas de SALZEDA. As existencias prevista pola organizacion quedaronse cortas este ano, non contaban con tanta xente nin que tiveran tanta sede. O día acompañou, e a xente animouse a achegarse ata o recinto, pola mañan disfrutaron de maxia, as primeiras horas da tarde participaron dos xogos tradicionais, e os diversos talleres, despois impresionaronse cos malabares e o pique de musica tradicional entre vascos e galegos e xa pola noite, e despois de todo o dia de troula, desfixeron o seu corpo coa festa rachada cos grupos LEO I ARREMACAGHONA, OS TRES TREBONS E OS HOMES SEN MEDO, O SONORO MAXIN, DAKIDARRIA, rematouse a festa con sesion de DJ's.
As primeira horas da tarde da festa
Este foi o pulpo indultado pola organizacion, o resto foi papado.
As primeiras cervexas, a esta hora ainda había, as 4 da tarde.
Actuacion dos TRES TREBONS
Os Venancios brothers bailando ajarrados, a ver si cando sexa as Festas da Concepcion tamen estan bailando ajarrados.
Actuacion dos Tres Trebóns
4 comentarios:
Para a 3ª Festa Trezecatorzeadora a ver si nos invitan Os de Sempre para facer unha regueifa musical, nós non cobramos nada pero bebemos de carallo.
Pero que avisen con tempo que temos que ensaiar.
Os bailes... jajajajaja, que pa beber non nos fai falta...
Boas!
Son membro da orghanizacion da Festa, e en primeiro lugar, graciñas pola publicidade que nos fixestes, en segundo lugar, graciñas polo gran resumo (con videos incluidos!!), e por último... Por suposto que estades invitados á III Festa Trezecatorzeadora!!!!!!!
Vémonos o ano que ven
Vaia FESTAZA!!! volveremos pro ano sen dubida
Publicar un comentario