martes, 19 de mayo de 2009

OUTRA TONTERIA DO GARGANTA PROFUNDA

Chegounos o noso correo un e-mail dunha persoa que estaba moi molesta con unha noticia do Confidencial do VIGOMETROPOLITANO con data do 16/04/09. O blog de OS DE SEMPRE, non quere ser un blog político nin expresar temas políticos, pois xa bastante o mamamos nos medios de comunicación, pero resulta que léndo este correro fai unha referencia a peonalizacion da rua Doctor Zungunegui e no último parrafo o autor de esta opinion o "GARGANTA PROFUNDA" que non debe de ter 2 dedos de frente, criticaba a pasividade dos veciños do Barrio da Feira e Castro Barreiro de non nos queixar a tempo para impedir a peonalizacion, por iso facemos esta entrada para aclaras as cousas, vamos a ver señor GARGANTILLA PROFUNDA:


-1, Na reunión celebrada este inverno pasado no C.C.A Feira co Alcalde Marcos Besada, xa lle mostramos os veciños da Feira que non estabamos de acordo coa peonalizacion da rua Dotor Zunzunegui mentres non se lle buscase un acesso correcto para os da Feira.


-2, A maioria dos veciños da Feira creemos que a peonalizacion é unha boa obra na que poderemos disfrutar cos nosos cativos dunha zona de esparcimento libre de transito, sempre cando se dispoña de aparcamentos proximos.


-3, Os da Feira, queixamonos do anterior goberno municipal por non preveer, dimensionar unha ruas anchas con espacio para aparcamento no momento en que Salceda ainda se estaba edificando e era posible realizar estas previsión.


-4, e por ultimo nos os veciños da Feira non lle facemos a pelota a ningun partido político por moitos ideais que teñamos xa sexan de esquerdas, dereitas ou nacionalistas. Nós buscamos o mellor para o noso barrio e si hai que criticar o goberno actual de Salceda, se critica, como se fixo na reunión, cousa que por suposto o Gargantilla Profunda nunca fixo durante o Goberno do Señor Chicho e mira que tivo oportunidades, por que de esos polvos vienes estos lodos, en idioma cervantino.


Aqui vos queda a noticia completa, a critica os da Feira ven no ultimo parrafo.


por Garganta Profunda - 16/04/2009


Nato no uso da palabra cervantina aos veciños e veciñas de Salceda. G.P.


Non, non é o Kremlin aínda que semella (e máis cando sabes como gobernan). Non, é o goberno de Salceda ou o goberno de Besada, o da serpe azul como marca. E entre os seus soldados destaca o fidel escudeiro Fortunato ou Nato. O mesmo que escoitou como Ulises a sireas, pero a diferenza do argonauta, el cando se inaugurou o parque Raíña Aragonta. ¿Lembran? Besada falaba do sacrificado, do fidel escudeiro Nato que -¡sen cobrar!- queimábase en perfecto holocausto por Salceda dun xeito altruísta que debía conmover, non só o alcalde que inaugurou un parque que el non fixo rodeado de nenos e nenas (que diría o nacionalista e mandaría esculpir el placa que no arranca a oposición como fan noutros concellos outras oposicións), senón a todos os salcedenses.


Pois ben, dedicamos este confidencial, ‘confidencial confidencialisimo’ como di un amigo que goza do lindo cando escribimos de Salceda, a Fortunato. Porque o fidel escudeiro de Besada falou na lingua de Cervantes durante a reunión cos veciños pola humanización –eles nunca falan de peonalización, sonche o demo- da rúa doutor Zunzunegui. Como me comentaba ese meu amigo: “Garganta, creo que é porque están a facer caso do novo presidente da xunta que fala dun bilingüísmo ‘amable e cordial’”. Pois pode ser certo, porque dentro de todo a malísimo do goberno de Besada, Nato é o máis presentable.

O que me extrañou foi a pouca asistencia de público. Case tanto como que Nato falara en castelán. Unha parte dos veciños eran do Bloque para controlar a asemblea que eles teñen moita experiencia porque sonche moi asemblearios.


¿Onde estaban os d’A Feira e O Barreiro? Logo van a se queixar cando as cousas estean feitas e non haxa remedio. Unha vergonza a participación veciñal na explicación da humanización-peonalización-zona de xogos que van implantar polas súas pis… narices o goberno nacionalista con orla socialista que case non se nota nin se ve.

.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Este garganta profunda debe estar a sueldo do PP ou intenta emitar a Ferico Jimenez Losantos ou mira moito Intereconomia, en vez de demonizar a ZP, este elemento teimouna con Besada. Xente como esta acaban coa carreira de periodismo, Ah perdon, que este non é periodista este é un pesetero.

Anónimo dijo...

que bueno, que bueno ... o gargantilla este é do que non hai. non merece a pena ter que dicir nada, nótase de que pe coxea ...
""" RETÍRATE TIO """
POR CERTO, ESTOU CO ANÓNIMO ANTERIOR EN TODO, TODO E TODO ... SAÚDOS.

Anónimo dijo...

Vivan Os de sempreee!!
Abaixo o garganta profundaaa!!!

TROMENTA dijo...

Bueno, mais que pesetero, este tipo de xentuza son manipuladores da realidade, pretenden engañar a xente, crear un estado de opinion a favor dos seus intereses propios, importandolle ben pouco cal sexa a realidade da noticia a difundir, pero a xente non é tonta e ten un criterio propio das cousas e sabemos que estas noticias carecen de rigor e estan manipuladas.

Anónimo dijo...

¿Sabedes si o Garganta Profunda colleu este nome facendo referencia o caso WATERGATE ou pola pelicula porno dos anos 70, GARGANTA PROFUNDA?, eu penso que sintese mais identificado pola pola peli porno, pois ten pinta de ser un chupapis.., perdón.

TROMENTA dijo...

A ver, a responsabilidade das tonterias que el escribe non é toda achacable o Garganta Profunda, algo de responsabilidade tamen a terá a direccion de VIGOMETROPOLITANO por deixarlle publicar esta chorradas, sin saber si son verdade ou mentira, o que esta claro e que o VIGOMETROPOLITANO interesalle que alguien escriba estos bulos para obter eles algun tipo de beneficio.

Bueno, pois que sepan que cos da Feira non se meten nindiós, mecajonaconaqueosvotou.

Anónimo dijo...

E que dase a "casualidade" de que o Garganta Profunda é o director do Vigometropolitano!!!

Anónimo dijo...

Eu coido que esta clarísimo. @ garganta profunda é un/unha prostitut@. E como a maioría no seu oficio esta explotad@ polos proxenetas de turno. ESES SON OS QUE DAN NOXO. Aprovéitanse da ignorancia, inxenuidade ou necesidade dos demais para sen poñela cara nin o cu enchela carteira e vivir sen rañala.

Anónimo dijo...

bueno en parte garganta profunda ten razon, por que se protestou no dia da reunion tanto na feira como no barreiro pero non se tomou ningunha das medidas de protesta.E é certo q traballa para medios de comunicacion de vigometropolitano e é un confidencial donde xente con informacion manda correos para denunciar situacion adversas e a peatonalizacion para xente tanto do barreiro coma da feira perxudicanos,e outra cousa sempre hay peridistadas de todos los lados non so e jimenez los santos senon tamen falade de gabilondo e da ser cuatrogrupo sogecable.Hay xente para todo. y reflexionar se a xenta da feira e o barreiro fixo algo eu creo q non

TROMENTA dijo...

Pero bueno,eu non creo que a peonalizacion sexa perxudical para Salceda, todo o contrario, crean un ambiente mais armoniosos e tranquilos, non sei porque hai que estar en contra da peonalizacion, darme algunha razón. Outra cousas é buscar os acessos a Feira e Barreiro pero como o concello nos informou, farase no seu tempo un enlace a via que ven de Salvaterra. Agora ben porque non se critica o urbanismo que fixo a anterior corporación, porque non se comproban a vericidade dos correos que lle chegan a Vigometropilitano, e por ultimo non se pode comparar a Jimenez Losantos con Iñaki Gabilondo, facendo esta comparacion o ultimo comentario queda fora de calquiera razonamento. Podemos compara a Iñaki con Carlitos Herrera pero por favor algo mais de rigorosidad Jimenez Losantos non é un periodista e un manipulador, a cadenar ser e a radio española que ten mais oyentes non creo que todos se deixan manipular, un pouquiño de cabeciña...e non vos deixar levar polo forofismo exacervado.

Anónimo dijo...

"En parte garganta profunda ten razón..."??? ten razón de ser, e a súa razón de ser é tocarlle o carallo os do concello ¿por que? por botar fora os seus amos.
Si lees os seus últimos escritos (incluído o que esta na entrada do blog) desde logo non son denuncias de xente con información, senón comentarios de taberna para poñer a parir os do outro barrio simplemente por iso, por ser do outro barrio. Esas caralladas están ben e teñen graza no Entroido, que diso na Feira e no Barreiro sabemos bastante. Pero o tipo este caeulle a careta hai tempo e xa sabemos todos de que barrio é. Dende logo periodista non é. Coido que no único que acertaches foi en comparalo con Jimenez Losantos.

Anónimo dijo...

haber o non ter argumentos buscamos defectos do anterior goberno municipal(estando eu en desacordo coa sua politica),a min pareceme ben q a peatonalicen a calle pero as cousas ou se fan ben ou non se fan, a calquera lle gusta ter un concello donde una plaza ampla dea a benvida os turistas, pero esas obras de enartecemento o social quedan moi ben pero a min recordame as innaguracions franquistas ou partidos de futbol cando a cousa pintaba mal, xa q proyectos propios fixeron poucos, moitas das obras foron porlle o punto final a obras do anterior goberno, e sxa q sacas a feira este goberno foi quen botou una base de hormigon na feira para estar ali sen nada.e si falamos de radio a cadena mais escoitada e ondacero ou tampouco gusta recoñecelo senon mirades share de aundiencia para ver q dice, e outra cousa sobre iñaki q non t acordas as mañans cando estaba aznar no poder como daba caña, o problema foi q jimenez los santos fixo entrar no xogo a gabilondo e gabilondo caiu.e esta e un bo blog xa q te enteras das cousas q pasan en barrios veciños pero non qeda ben que o que leve o blog q non sea imparcial, pero isto si que e bonito q a xente este concienciada de q e a politica. saudos

Anónimo dijo...

Ola
Si pides argumentos tes que ser consecuente. ¿cales son os teus para dicir que a peonalización esta mal feita e polo tanto non se debe facer? coido que TROMENTA expuxo os seus a favor da peonalización. Por outra banda paréceme un pouco de “morro” que sendo el quen mantén o blog (concordo contigo que é un bo blog) lle pidamos que non exprese a súa opinión, podendo poñer nos o que nos peta.
Saúdos

Anónimo dijo...

Oes!!!
Iso que dis sobre que o tema “a min recordame as innaguracions franquistas ou partidos de futbol cando a cousa pintaba mal” e cachondeo ou ...
Franco morreu cando eu tiña 10 anos, e non lembro moito da politica municipal daqueles tempos, pero teño entendido que alguén nomeaba un alcalde e este puña concelleiro, perdón, concejal, a quen lle saia do seu entendemento.
Do que si estou seguro é, que con Franco esta xente non estaba gobernando o concello seguro. Outros, non o teño tan claro.
Vivan Os de sempre!!

Anónimo dijo...

Si
Que nos tempos de Chicho (ou de Franco que ese coñeceu os dous sistemas) acórdome eu cando ía el e os seus concelleiros polas parroquias a explicar como ían facer o parque, as piscinas municipais a Praza Raiña Aragonta o novo concello etc. Deixando ben claro como se ían levar a cabo os proxectos e, especialmente, o seu financiamento.
Non como agora esta xentiña que se limita a facelas obras sen dicir nada para especular co terreo publico. Xa se ve como en pouco tempo xa teñen negocios inmobiliarios e sei de boa tinta (díxomo jarjantilla profusa) que teñen a biblioteca ordenada, non coma Chicho que de tanto traballo desinteresado polo pobo nin tempo tiña de ordenala.
¡¡¡ Espertade que no concello hai xente honrada !!!
Poderán facelo mellor ou peor, pero non lle deben o posto a ninguén mais que ós que os votaron, estudaron na publica e o que puideron, e iso si, falan jallejo ou castejano sejun les cuadre. Pero están a facer aquilo para ó que a xente os escolleu. Dirixir e organizar ó concello.
Acabo de descubrir o blog. Parabéns TROMENTA e moitas grazas. Nacín a beira do Ameixoa aínda que agora estou no exilio e emociónome cando miro que os de sempre seguides aí.
Unha aperta sentida. Forza para @s de Sempre

TROMENTA dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
TROMENTA dijo...

TROMENTA dijo...
Pois claro que non son imparcial, todos temos un ideais, non coñezo a nadie que sea imparcial, pero despois están os extremos e moitos estan nos extremos donde non ven a realidade e transformana en intereses propios. A placa que botou o concello de Salceda na Feira esta así por culpa da Deputacion que nón nos quere poñer agora o parque que prometeu nas eleccións municipais pasadas, porque agora gobernan un partido distinto a seu en Salceda, porque a placa foi cousas da Directiva do centro cuiltural que lle foi a pedir o Concello si lle botaban unha placa para un parque infantil que lle prometeran o señor Chico a traves da Deputacion, o concello cumpliu a Deputación non. O actual equipo de goberno de Salceda leva 3 anos gobernando non lle pidamos o que outros en 30 anos non fixeron, por favor, sexamos serios, non creamos debates esteriles, son 3 anos contra 30 anos, non podemos facer comparativas. Ah... por certo, nadie dixo nada sobre o urbanismo de Salceda. Criticamos a peonalizacion pero o urbanismo de Salceda do anterior goberno, nada de nada, debe ser que esta moi ben estructurado e consensuado cos veciños de Salceda. Despois, no tema dos medios de comunicacion, Iñaki non caeu pasouse a Cuatro e quedou Francino que lle dá mil voltas a Herrera, pero non te olvides do gran Luis del Olmo que tamen esta por enriba de Herrera encanto a rigor periodistico, a Gemma Nierga polas tardes na ventana non ten a nadie que lle faga sombra, Carrusel Deportivo, El Largero,non podemos facer comparativas como dixo Jose Maria Garcia, uns teñen un Portavions e outros un tirachinas, pero bueno esto xa é outro debate no que non vamos a entrar, porque cada un ten as suas preferencias, e todo isto ven o conto de que o Garganta profunda se meteu cos veciños da Feira de non lle facer oposición o Concello pola peonalizacion, a oposicion teran que lle facer outros que para eso foron os elexidos.

Anónimo dijo...

No hagáis caso, ese tío tiene de periodista lo que yo de monja, je, je, je.
lo de garganta profunda es por lo que le hace al PP.
en Nigrán la tiene tomada con el alcalde del soe.
animo y a seguir! me encanta vuestro pulpo.

[Valid Atom 1.0]