E TEMPO DE SEMENTAR
Estamos en tempos da sementeira, anos pasados eran tempos de moito traballar no campo, eran tempos de aproveitar a riqueza que a nai natureza lle agasallou a nosa terra galega, que nos permitía ser autosuficientes, producindo nos mesmos os noso cultivos. Abandonamos pouco a pouco este labor, este esforzo, pero tamén privilexio, acomodándonos nas grandes superfícies de consumo que nos ofrecen estes productos que agora preferimos mercar aínda que nos sepan a raios, insípidos, hormonados, ¿sociedade consumista? nón, sociedade acomodada, sociedade coresterolizada, sociedade hipertensa, sociedade enviciada, moito vicio, moito vicio.
Ah! claro que os mais novos non sabedes o que é a Sementeira, o que significaba para nós cando éramos pícaros, con unhas pouquiñas palabras relacionadas coa actividade e moito sentimento interarémosvos transmitir esta labor agrícola, ahí vos vai esta ensalada:
leiras sementadiñas de millo e patacas
A sementeira significaba:
- A chegada do calor, os longos días de sol.
- Apañar a herba de xoio, a gadaña, o ancazo, a pedra de afilar a gadaña, o peine de apañar a herba enganchado no tractor, facer os meducos, o lazo dos meducos coas herbas mais grandes, cargar os tractores cos meducos secos nas leiras, a cabeza chea de xoio da herba, deitarse enrriba do tractor cargado coa herba camiño da casa.
- Estercar os campos, a horquilla, o ancazo, o nitramon 15-15-15, a cinza da peteira, as pillas de abono repartidas polas veigas, polas hortas, plantacion de pementos, de tomates, de leituga, as patacas, os tirabeques, as xudias, os feixóns, as hervillas, cebolas, allos, ¡AUTOSUFICIENTES!.
-O madrugar nas mañanciñas dos sabados, o ruido dos tractores, o chiar dos carros polos camiños e nos campos. O bullicio das xentes, vellos, mozos, cativos, mulleres nas veigas proximas, o sol das 12, o cansancio dos máis traballadores, o aburrimento dos máis cativos enrredando o tempo con algunha volvoreta ou xoaniña. O legón, o tractor labrando un novo rego, a leiva, os callos das máns, o rego maestro, o consello dos mais vellos.
-A chegada das anduriñas e demais paxaradas, o canto do cuco, as badaladas no campanario da igrexa o mediodía, as lavandeiras comendo bechos nos regos recien labrados, as bubelas, o niño de ratos na terra labrada, o canto dos grilos na tardiña quente.
-Os camiños e estradas cheas de bostas, terróns e bareixas, as vacas, os carros, os canciles, o arado, a grade, o sacho, o almorzo ou merenda campestre nas cabeceiras das veigas, nas panasqueiras, os tragos de viño por botella refrescada no rego da auga ou entre os verdes fentos, as tortillas, os ovos e xamon cocido, os marotes debaixo das viñas, camiñar descalzos pola terra fresca.
- A sementadora, o gran das espigas e o gran hibrido, a verdura para plantar, as vacas cos vozales postos, o rabo das vacas espantando as moscas, un pequeno charco no medio do rego pola mixada dunha vaca, o polvo da terra metido na boca, a gorxa seca.
- A fome, a sede, os vasos de viño fresco con gaseosa e unha pedras de xeo, as sopas de burro cansado, as leitugas, as cereixas, a fruta verde, sentarse a mesa despois dunha boa ducha e dun día duro de traballo.
- O mallar a herba con paus na eira, aproveitar a semente para o ano, as cadelas de frade, os cempés e demais bichuilla, a herba mallada para facer a meda, o pau da meda, o can atado o pé da meda, as ganchillas, o picor do corpo , os ronchons, as caras coloradas, as alpacas, o curucho das medas feito con frores e unha neumatico vello, A Festa do Dolores ou de Santa Barbara, a romeria de San Cibran.
- Os pantalons cortos, as chanqueletas, o sombreiro de palla e as gorras publicitando material de construcción ou pesticidas, as camisetas sin mangas, as espaldas queimadas polo sol, a choiva de maio, a treboada, o cheiro da terra mollada, pero sobretodo era tempo de moita sede.
Que pouco nos gustaban estes traballos cando éramos pequenos ou mociños, sempre poñendo escusas cos exámenes, mais agora como añoramos eses tempos. Rediós, darnos uns lejóns que levatamos a crise a lejonazos.
Vaia este video co canción da Sementeira de Fuxan os Ventos, para collernos o sacho e volvamos a cultivar as nosas hortas, e despois enton poderemos decir ¡¡¡¡ VIVAMOS COMO GALEGOS !!!!
.
.
2 comentarios:
esta entrada da sementeira, paréceme "preciosa" unha das mellores das publicadas,véñenme tantos e tantos recordos,ata me parece estar percibindo os cheiros, a calor,o cansancio,a sede... ningún tempo será mellor que o pasado por mo bó que sexa.
O video moi acertado.
felicidades tromenta.
ë uma entrada que fai recordar: tempos pasados,
a tua xente que moita xa non estan con nos,
os cheiros propios dos nosos campos,
en resumen fai brotar uma magoa de añoranza
Publicar un comentario