miércoles, 1 de abril de 2009

SEMANA SANTA

A NOSA PASCUA PERDIDA


Dia 1 das Calentas Apriles do 2009, proximos estamos a Semana Santa, as vacacións de moitos, o descanso de poucos. Anos atras a Pascua en Salceda estaba fortemente marcada polo acto de Baixar a Cruz, que consistía na visita do parroco polos barrios da parroquia a bendecir as casas. Acompañabao nesta labor o sancristán o cal traía un crucifixo que ofrecía a todos os inquilinos e persoas que se atopaban na casa para que o bicasen. O párraco bendecía a casa soltando unhas cantas gotas de auga bendita acompañado pola latinoria de "LA PAZ ESTE EN ESTA CASA Y EN TODOS LOS QUE EN ELLA MORAN..." mentras fora da casa escoitábase as notas musicais dun gaita e o repeniqueo dunha caixa. O rematar de bicar a cruz o sancristán encargábase de recoller os cartos con que se lle pagaba por realizar dita bendición, ¿xa sabedes non?... o típico sobre que se lle escondía entre o centro de frores que se poñían na mesita do salón. O parroco dirixíase o Pai de familia da casa e conversaba un pouquiño mentras lle tiraba polas ourellas o mais cativo da casa ou comentaban algo sobre a educacion dos fillos e presuradamente dirixíanse para a próxima casa, a así ata recorrer todas as casas da parroquia.


O domingo de Pascua tocáballe os barrios das Esfarrapada, A Pedra, e Pegullal. O luns de Pascua tocáballe os da Fonte da Pedra e todo o Castro Barreiro e o martes de Pascua a Cruz visitaba a todo o barrio da Feira, neste barrio era costume antigamente realizar unha verbena que se celebraba na Formiga, no torreiro de Martes de Pascua, de ahí lle ben o nome. Anos mais tarde e xa sendo eu un mociño acordome que se celebrou durante uns anos esta festa no torreiro da Feira.


Bailando no Torreiro de Martes de Pascua (A Formiga)



O Baixar a Cruz significaba tanto para nós, que todo xiraba entorno a este ritual, a limpeza do fogar por parte das féminas da casa, o adecentamento do xardín, as entradas as vivendas, aproveitábase tamén para realizar calquera arreglo interior da casa, como pintar paredes e teitos ou mercar algun moble. Os cheiros da Pascua alternábanse entre a lixívia utilizada polas nosas nais e as frores violacias das enrredadeiras que por abril arrecendían o aire, pero o cheiro que mais nos gustaba os mais cativos era ulir esas roscas recen feitas que nos regalaban os nosos padriños, cheiro que invadían toda a casa e que che facía cair na tentación de levar unha rebanada de rosca a boca, tentación que ía minguando cos pasos dos días, aborrecido de comer foses a donde foses rosca. Todos colaborábamos para que a casa recibira coa sua mellor cara o Señor Párroco e os demais veciños. Labores que se realizaban durante esta semana xa que anos atras nadie salía de vacacións por Semana Santa.

A chegada do mes de Abril, era o anunciamento da chegada do verán, nestas datas que coinciden case sempre coa Pascua, eran tamén as datas de mudar as roupas de inverno polas roupas de verán, aproveitábase que se facía limpeza xeral na casa para retirar as mantas da cama, os abrigos dos armarios e outras pesadas prendas para dar paso a roupas mais lixeiras, pero tamén era o tempo de mercar roupa para estrenar o día de Beixar a Cruz. Decadas atras era costume estrenar roupa en datas sinaladas, na Semana Santa, na festa do Concepcion ou na do Cristo, ou na tempada de outono para ir a escola, fora de estas datas era algo inusual mercar roupa.

Para nós que éramos nenos o feito de estrenar roupa era algo do mais esperado da semana santa, pois lémbrome de ir o mercadillo do mercores da Esfarrapada e comprar a roupa para logo estrenar o luns Pascua que era cando a cruz visitaba o meu barrio e presumir diante dos outros nenos do guapo que estaba coa miña roupa nova e con algunha recompensa que ademais da rosca me daban os meus padriños, claro que eles tamen estrenaban e cada un fachendeaba do seu. Outro feito que mais me lembro era ir correndo detras da Cruz, de casa en casa, para coñecer así os fogares dos nosos veciños, como estaban os salón amoblados, a decoración, os cores, etc... sempre me chamaba a atención os enormes reloxios que colgaban da paredes, as lamparas de cristaliños suxeitas do teito, os cadros dos antepasados ou as vitrinas coas vaixelas ornamentadas con motivos frorais ou con algunha dinastía imperial China, o mais cool nos oitenta.... Coa escusa de Baixar a Cruz entrabas nas casas que durante o ano non ías ter a oportunidade de visitar, xa ven sexa porque non tiñan nenos da nosa idade ou porque eran de distinto nivel económico e non se relacionaban cos veciños. Cando fomos medrando e fixémonos mozos, a escusa de Baixar a Cruz, para ir de casa en casa derivou non pola nosa inquietude por observar a decoracion de fogar se non por sentarse o redor dunha mesa unha vez que o párraco marchase, para enchernos de rosca e viño, dando lugar as nosas primeira borracheiras.

Ano tras ano, o ritual de Beixar a Cruz foi dexenerando e praticamente o ritual cristián foi adsorvido polo ritual pagán, que consistía en ir de casa en casa bebendo e comendo, facendolle pouco caso o "LA PAZ SEA EN ESTA CASA Y EN TODOS LOS QUE EN ELLA MOREN". Ademais xuntouse coa explosión demográfica da Esfarrapada, a construción de numerosos edificios fixo imposible que o párroco visitase todalas moradas e as que visitaba, moitos mofandose de el entregábanlle no sobre en vez de cartos, papel hixienico, recortes pornográficos ou diñeiro do monopoly, polo que se decidiu deixar o que para min era a mellor tradición cristiana desta rancia Iglesia Catolica Romana que temos hoxe.



3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡ como me gustaba esta época ¡
a verdade é que foi unha época das que recordo con máis cariño. E que razón tes Tromenta, o mesmiño que facías ti, lémbrome que o facía eu. Parece que estás a falar de min ... moi, moi bo resumen, saúdos e bicos. ...

ajulla dijo...

Que nostalxia.....
A verdade é que creo que todos os da nosa época temos ese mismo recodo tan maravillodo de BAIXALA CRUS...
E si que é unha pena que se deixara de facer, porque para unha cousa na que realmente participaba a xente nova... En fin, que teremos que seguir recordando con nostalxia eses preciosos momentos.
Penso que os rapaces das novas xeracións nunca van saber o que era o espíritu da pascua, menos mal que estas tí para tranmitirlle una pequena parte do que era...

Nachete dijo...

Que boas fotos. E increible como cambian os tempos, e cada vez mais rápido.

[Valid Atom 1.0]