martes, 24 de marzo de 2009

II FESTA DO XABARIN EN SALCEDA DE CASELAS


Xa está aqui a segunda edición da Festa do Xabarin organizado pola comisión de Festas da Concepción que o proximo Domingo 5 de Abril a partires das 11:00 da maña comenzará a repartir sobre 1500 racións de Xabarín.

Para poder facer fronte a estas preto de 1500 racións, prepararanse 400 quilos de xabarín, 200 quilos de pataca e 90 quilos de arroz, a un prezo de 10 euros unha ración, acompañada tamén de viño caseiro da Ribeira Sacra (sobre 450 litros) e pan. O cociñeiro que levara a cabo dita degustación é Serafin Parada, panadeiro e cazador que estará acompañado nos fogons por Martin Acuña (O Cenicienta), Javier Martinez (O Vello) e Jose Fernadez (O Roxo) todos eles veciños da Feira e excelentes cociñeiros e como non, membros e colaboradores de OS DE SEMPRE. No caso de choiva, a festa gastronómica realizaráse no Centro Cultural da Devesa do Concello de Salceda de Caselas.



A Festa do Xabarín naceu nunha idea da comisión das Festas da Concepción do ano pasado, cando en dita comisión estaba composta por numerosos cazadores dos barrios de A Esfarrapada, A Feira e Castro Barreiro, para recaudar cartos para as Festas da Virxe da Concepción que este ano se celebrará os dias 1, 2 e 3 de Agosto.

Si queredes ter mais información sobre esta festa e sobre a entrevista que lle realizaron a Julio Fernandez (Juli) o presidente da comision de Festas da Virxe da Concepcion podedes visitar en internet a paxina de Vigometropolitano e queixadevos a ese medio de quen organizan a festa do Xabarin son A COMISION DE FESTAS DA VIRXE DA CONCEPCION e non da COMISION DE FESTAS DE SANTA MARIA, hai que ter mais creedibilidade, fiabilidade e ser mais verídicos e non escribir por escribir, como as tonterias que escribe o GARGANTA PROFUNDA.

A comision de Festas da Virxe da Concepción 09, a noite da presentación para os medios da II edición da Festas do Xabarin.



9 comentarios:

Anónimo dijo...

Xabarin, Xabarin, UUUUUUUUUU, Eu tamen irei a Festa do Xabarin de Salceda de Caselas.

Anónimo dijo...

O garganta profunda teríamos que chamarlle (gargamel o tundas), porque a sandeces de tonterías que dí e para collelo e levalo de novo a parbulitos. Quere ter un periódico dixital e o único que ten e un portal político dos Concellos onde pode metelo fuciño, Señor GP, dedícate a por información que sea de fiar, porque os lectores non somos tontos e si non cobras do Concello de Salceda mellor, máis cartos para os veciños/as.

TROMENTA dijo...

Bueno, non vamos a polemizar cos de Vigometropolitano e Garganta Profunda e a sua idioloxia política, non vaia a ser que nos poñan outra denuncia como os do Castriño.

Anónimo dijo...

no puede haber a gente q no le guste lo q diga garganta profunda pero en muchas cosas tiene razon. A lo mejor q diga eso a gente no le parece bien

Anónimo dijo...

Os textos de GP che pode gustar ou non, eso e como todo neste mundo Pero nas suas noticias só expresa o seu punto de vista que realmente esta moi politizado e partidista perdendo toda credibilidade a noticia que pretende informar, hai que contrastar unha noticia, pois non todo e negro ou blanco, tamen hai grises. Xa se sabe antes de leer a noticia a quen vai criticar.

Anónimo dijo...

es q GP no es un redator del vigometrpolitano si no q es un confidencial, quien tenga una noticia se la envia y ya esta el tela publica

Anónimo dijo...

Tiene que haber de todo, yo creo que las columnas de los periódicos, los apartados como garganta profunda etc. son para poner, si le deja el periódico, lo que al columnista le parece, eso sí siempre y cuando la noticia esté contrastada, lo que no puede ser es por tener un apartado en un periódico en papel, digital, etc, puedas poner lo que a tí te parezca a pesar de que no sea del todo cierto. Un saludo, el blog muy bueno, enhorabuena a la pandilla que componeis este tinglao porque lo teneis muy pero que muy bien montado.

Marisco dijo...

O meu forte e o marisco, pero pasarei por Salceda para ver como sabe o xabarín, según me contaron o ano pasado esgotouse, a ver si este ano tendes a mesma sorte, un saudo.

Anónimo dijo...

O de Garganta Profunda debe ser polo ben que a chupa aos políticos do PP.

[Valid Atom 1.0]