PR-G 79 SENDA DO ARENTEIRO
O sabado 18-04-09, a Asociación Cultural A Feira organizou o tradicional día do senderismo, e este ano fómonos a camiñar o PR-G79 correspondente a Senda do Arenteiro, aínda que os indicadores do camiño marcaban o PR-G76. A ruta discurre desde o parque municipal do Carballiño ata a localidade de Pazos do Arenteiro do concello de Boboras, para un total de 12km, e salvando un desnivel de 500m, e sempre acompañados polo rio Arenteiro, que nos vai facendo numerosas visitas durante o sendeiro atravesando en 5 ocasións o rio por pintorescas pontes. O dia comenzou con unha lixeira choiva que nón nos deixou disfrutar plenamente do parque municipal do Carballiño e da area etnográfica dos muiños do Arenteiro, pero unha vez deixado atras ese tramo, o sol comenzou a traballar, abríndose grandes craros e a choiva remitiu ata despois de comer que apareceu novamente. A ruta vai pasando por diversos tipo de vexetacion, montes de piñeiros nas partes altas do percorrido e bosque de ribeira cando nos achegabamos o río, dando paso as balconadas de viñedo na ultima parte do percorrido xa na comarca do Ribeiro.
Rematamos no bonita aldea de Pazos do Arenteiro e como o seu nome indica, unha aldea chea de Pazos e casonas señoriais que nos falan da importante xente que ali debeu vivir ou veranear, pois a maioria destas casa estan abandonadas ou en estado ruinosos, comenzado agora a verse algun traballo de restauracion.
Unha vez rematado a ruta, o redor das 14:00, fomos comer o parque de Leiro, nunha bonita zona a caron do rio Avia, debaixo dun enorme salgueiral, a Directiva deleitaunos con uns bocadiños de xamón asado e viño, cafe, rosca e licores para recuperarnos do esforzo realizado.
Saída da ruta do Parque municipal do Carballiño
.
.
Pasando polo museo etnografico dos muiños do rio Arenteiro
.
.
Recorrendo as partes altas da Senda do Arenteiro
Un rebaño de ouvellas diante da Igrexa Románica de Moldes
.
.
.
.
Facendo un descansiño para reagruparnos todos
.
.
.
O pozo dos Fumes
.
O inxenieiro forestal explicounos as distintas variedades arboreas da ruta
.
.
.
.
Final da ruta en Pazos de Arenteiro
Igrexa de Pazos de Arenteiro
O Salgueiral de Leiro
O equipo directivo preparando o almorzo
.
A ponte das Poldras
Licor café para dixerir o bistéc
.
Zona de Recreo
.
Reunion de ouvellas , pastores....
O Presidente de nuestra comunidad
Paseo despois de comer
3 comentarios:
Estivo xenial o sendeirismo, é unha gozada ir todos xuntos a unha excursión deste tipo. a pena foi a tempo que non acompañou moito ao principio pero bueno.. logo mellorou. agora só falta ir de Rafting! temos que preparalo todo! un bico para todos
¡QUEREMOS VER AS FOTOS DA VODA DO BOMBEIRO!
¡ NOS TAMEN QUEREMOS AS FOTOS DA BODA DO BOMBERO! ¡ ESTAMOS ESPERANDO POR ELAS !
Si alguien ten fotos da boda do Bombero, que as mande o nosos correo.
Publicar un comentario