A matanza do porco. matanza do porco.
A berra e un conxunto de berros dun porco cando o van matar.
San Martiño oficial de Monforte ó Nepal.
O magosto para agosto, safaris do porco, filloas de sangue,
Galicia embutida: ¡Fai un sol de carallo!, ¡Galicia caníbal!
O matador, mestre de cerimónias da matanza do porco, cocho, gocho, marrau ou como lle queirades chamar, é quen decide donde matalo e como matalo. Sabedes como esta a lexislación actual, a EU non permite que o animal sufra no momento da matanza, co cal antes de acoitelalo temos que intertar matalo de un susto ou provocarlle un infarto o corazón, outro metodo é usar as pistolas aturdidoras que lle desfai o cerebro, OJO como utilizar estas pistolas que son moi falsas e tanto lle sale o pistón por adiante como por detras, pero... si estás seguro que non vas ter problemas coa autoridade competente o mellor é que utilices o cuchilo de matar o porco, que para iso se chama cuchilo de matar o porco, porque si fose só para desangralo, sería cuchilo de desangrar o porco, e se fose para matar carneiros, sería o cuchilo de matar carneiros, porque cada cuchilo ten unha función nesta vida, pero isto e outro tema que xa dedicaremos cando non teñamos nada que contar.
Unha vez decidido que o vamos a matar ó cuchilo, e xa todos preparados, o matador, o dono do porco, e os agarradores, case sempre familiares, porque hai que explicar que o matador pode ser alguien alleo a familia, que ven a matar o porco, cobra e despois marcha, os agarradores suelen ser algun familiar que veñen a axudar a agarralo, estes quedan a comer e incluso a cenar, e despois marchan levando algun anaco do porco.
E comenza a acción:
- O dono entra na corte e agarra o porco con un lazo que lle mete na boca, entre os dentes, intenta sacar o porco da corte, o porco nun primeiro momento, confiado, dá uns paso cara a porta pero cando mira a xente que esta esperando fora, acojonase. O matador co cuchilo de matar o porco na man, ponse algo nervioso a ver o tamaño do porco, comenza a tensión, o dono do porco chama polos agarradores, o porco acojonase mais aínda, entón berra, e senta o cu no chan, e clava as patas dianteiras, co cal non avanza para fora da corte, co cal, entra en acción os agarradores, cada un por cada costado do porco e agarranlle as ourellas do cocho, pero esto non se move, escoitanse gritos: ¡AJARRA AQUI, HOSTIA!, ¡BOTALLE UNHA MAN O RABO! e entra outro agarrador e agarralle no rabo e intenta levantarlle as patas traseiras, e o porco segue sin moverse, a corte esta toda chea de lama e estrume, e o porco tamén, e as ourellas do porco escorreganlles das máns pola lama, as caras desencaixadas dos agarradores mostran o seu esforzo, as mulleres que estan fora co caldeiro para recoller o sangue non saben que facer, fan preguntas absurda: ¿Axudovos a agarrar?, e respondelle o porco cun berro que sigue sin sair da corte, a tensión vai en aumento. Enton o matador decide xa matalo na corte, e chama pola muller para recoller o sangue, o dono do porco tira con mais forza do lazo para que o porco faga mais forza no sentido contrario, ley de Porkov, canto mais me tiren do fuciño mais forza fago no cuciño. Entra o matador, algo brilla na oscuridade da corte, o cuchilo de matar o porco entre en escea, agachado e na man do matador o cuchilo aproximase por debaixo da gorxa do porco perforandolle o peito, buscandolle o corazon, a aorta, a arteria ou se cadra o pulmón, busca algún organo vital, e... atopao. O cocho berra, o patron berra, os agarradores berran, ¡AJARRAR FIRMES AJORA, QUE VAI MANDAR UN SACOVANO! e efectivamente, o porco salta no aire, intenta librarse dese aguillón que lle perfora o peito, salta das patas dianteiras, agora das traseiras e por ultimo turra coa cabeza, intenta librarse do lazo, sigue berrando, o agarrador do rabo recibe unha patada na canilla e solta o rabo, o porco queda medio ceibe, o matador realiza unha ultima envestida e quita o cuchilo, o sangue sale a borbotóns, a muller intenta recollela no caldeiro, case cae, non deixa de revolver a sangue, a forzas van cedendo, a do porco como a dos agarradores, e chega outro latigazo do porco, e cae o agarrador do lado dereito, incorporándose rapidamente, pero entón o matador como gran predicador e vidente, dice: XA PODÉDES SOLTAR, ESTE XA ESTA MORTO, e pouco a pouco o porco vai caendo no chan, encima do costado dereito, patalexa, ronca, xa non berra, o sangue espándese no estrume, o patron solta o lazo, a muller sae da corte con medio caldeiro de sangue, volve a tranquilidade, os agarradores mostran as suas feridas de guerra, mentras falsas sonrisas volven as suas caras, no seu interior un unísono "YES, WE CAN" sae das suas gorxas, o matador limpa a arma homicida, mentres no chan agonía o animal, intentandose aferrarse o ultimo suspiro de vida.
A seguinte tarefa, xa discorre todo con mais tranquilidade, primeiro, sacamos o porco xa morto da corte, enriba dunha escaleira ou andilla, bueno, este paso non había que facelo si matamos o porco fora da corte, e procederemos a queimalo e limpialo dos pelos, co cal se coloca no chan, fento ou fasco (chamuscas) e deitaremos o porco enriba delas, taparemos o buraco da cuchilada con un folleteiro e a boca cunha pedra, e cubriremolo tamen de chamuscas, isto e a forma tradicional de queimalo, pero moito mais práctico rápido e eficaz é queimalo cun soplete de gas, queda mellor queimado e non te atopas despois no prato cos desagradecidos pelos do touciño, que si co gas queda mais blanco ou mais blando, iso son chorradas. Outra chorrada moi común era utilizar as pezuñas que se lle sacan neste momento o porco, e darllas os nenos para que as poñan nos dedos decindo que eran boas para os abañóns, joder, si seran boas, claro... pois tal como estan as pezuñas ardendo, o que fai e que che queimen os dedos, por iso que che desaparecen os abañons, porque che queda o dedo queimado. Existen zonas de Galicia en donde o porco non o queiman, si non que o escaldan en auga quente. Botanlle a agua fervendo e isto faille levantar ampollas como si dunha queimadura se tratase, e logo, van ir tirando por esas peles levantadas, quitandolle tamen asi os pelos.
Unha vez queimado o porco, lévase para o carro ou banco e procédese a limpalo, aquí e cando entran en acción os nenos da casa, pois eles son os aguadores, os encargados de ir botándolle auga mentres os maiores van fregando no porco, con cepillos ou anacos tellas ou testos. E unha vez limpo procedese a abrir o porco, a ver o que nos atopamos dentro, o primeiro que se observa é si ten moita grasa, moito touciño. Hai xente que xa abre o porco no mesmo banco o carro e outros que o abren xa colgados na bodega. Dunha forma ou outra hai que ir con moito coidado pois e moi normal que o abrirlle a barriga se faga merda, que é cando se pica alguna tripa, retirada xa as tripas, a lengua, os boches e o figado, estas pasan para as mans das mulleres, que se encargan de lavar as tripas para despois facer os chourizas, ainda que agora se comprar e non teis que pasar o mal rato de limpialas, os nenos encarganse de abrir un buraco para enterrar os desperdícios, tamen se encargan de inchar a vexiga, que se colgará a secar para despois levar no entroido, ou para colgar como elemento decorativo, tamen se lle sacan os untos que se envolve en sal e se colocan na salgadeira, da aqui nace tamen a figura do Sacauntos, ser montruosos co cal se asustaban os nenos, e por ultimo marcaselle tamen a cacheira, os xamóns e lacóns para que enfríe mellor e se lle mira o tamaño dos lombos e lagartos, posiblemente o mellor do porco, posiblemente.
A Galicia Canibal, ou a Galicia Gore
O sacauntos
E unha vez xa limpo, deixase enfriar colgado para o dia seguinte despiezalo, e metelo na salgadeira e facer os rixóns. Decir que este día o patrón aproveita que hai xente na casa para ir facer outros tarefas, como por exemplo, ir podar, ou endereitar postes, moi típico. Na cea deste día de matanza xa se empeza a meterlle o dente o porco, as filloas de sangue, o figado, os riñons, son algo típico do día da mantaza. Galicia Canibal.
3 comentarios:
Uff, que fuerte, algunas fotografias son censurables, pero esta bien y nos ayudan a comprender mejor la matanza pues el texto es muy largo y algo incomprensible.
pois a min gústoume moitíiiiiiiisimo o texto, está ben, ben ... ademáis está todo explicado tal cual pasa ese día ... ( incluído o de " AGARRA BEN O RABO HOSTIA ")
a verdade é que ese día, é un día bonito (para todos menos para o protagonista, claro ) a tensión do momento, todo o traballo que ben despòis, pero sobre todo o resto do día, cando se come o fígado, riles todos xuntos e se comentan as mellores xogadas do día, e despóis cando se fan as filloas... ¿¿ alguén provou as filloas de sangue ?? a que son riquísimas ....
bueno, en resúmen, é un día que a min me gusta moito,
Hai, centella, centella, notaseche moito que o ultimo comentario é teu, sobretodo polo das filloas....
Publicar un comentario