jueves, 20 de noviembre de 2008

OS DE SEMPRE EN SAN MARTIN DE MOREDA (ASTURIAS)

Os días 10, 11 e 12 de novembro, unha pequena representación do grupo OS DE SEMPRE, desplazáronse ata o pobo de San Martin de Moreda, no concello asturiano de Aller, para disfrutar das Fiestas de los Humanitarios San Martin de Moreda, declarada Festa de Interes Turistico Nacional, e asi aprender da cultura e da tradición de outros pobos para poder aplicala despois nas nosas actividades que fagamos en Salceda.

O día Forte destas festas é o 11 de novembro, día de San Martin, e comenza cunha misa cantada acompañada das gaitas asturianas e tambor, despois fronte a iglesia de San Martin, na praza maior, celebran unha puxa de productos típicos da rexión "Puya'l ramu", e continuación realizase un gran desfile polas ruas da vila, donde se pode apreciar as xentes de Aller vestidas cos traxes tipicos da rexión, grupos de gaiteiros, carrozas alegóricas as tarefas mais tradicionais asturianas, e sobretodo moita sidra. As ruas por donde se desenvolve o desfile estan preparadas con multiples postos de venda de sidra, e a xente mentras esperan ou disfrutan do desfile, van comprando e bebendo sidra, todo isto antes de comer. O menu deste día rico en calorias, consiste en Fabada, Panchon e Casadielles, e pódese degustar en calqueira restaurante, bar, tasca ou bodegon, pois todos ofrecen este menu. A fabada xa sabedes o que é, o Panchon é algo tipico do concello de Aller, son como unhas migas de pan esfaroladas o que se lle engade mantequilla e azucar ou mel, as Casadielles e unha especie de empanadilla rechea de noces ou avelás.

Despois pola tarde xuntanse na plaza do pobo e queiman estas calorias a base de bailes tradicionales o son das gaitas, e pola noite chocolateada, verbena e fogos de lucería, mención especial tén a Asociación de Humanitarios de Moreda, esta sociedade nace no ano 1905 con caracter benefico e de axuda social similar a unha ONG, intentando axudar os mais necesitados e mediando en conflictos que poidan xurdir con outros pobos. Desaparece nos tempos da Guerra Civil, retomando novamente en 1966 a sua actividade, agora encamiñadas a recuperar, manter e defender a cultura popular e tradicional asturiana sin olvidar a axuda social, tomando o dia do patrono San Martin como o día da hermandade celebrando unha xantar entre todos os socios.



Fotografia sacada diante da igrexa de San Martin ainda que pareza do seculo pasado, foi a semana pasada.


Gaitas tocando no interior da Igrexa o Asturias Patria Querida.

Grupo de mozas vestidas cos traxes tradicionais

O día é unha mostra, exaltación e difusión das distintas expresións culturais e sociais do pobo asturiano tanto musicalmente, como na indumentaria, baile e danza a si como lingüísticamente, o BABLE é falado tanto por os mais cativos como polas mais anciáns e por toda a clase social e está moi presente na festa, como se fose o idioma oficial, idioma que por certo reclaman que sea declarado oficial polo estado Español.

O dia non foi moi favorable, unha fria choiva casi neve acompañou as primeiras horas da xornada.



Aqui vos queda un video dun baile que asemella a unha jota, a ver se as nosas mestras de baile pillan os puntos, e sacamos nós un baile similar, parece sinxelo...






Escanciadores no desfile escanciando sidra e repartíndoa entre o publico.

Desfile de unha Xanda, o que nos lle chamanos comparsa

.

No hay comentarios:

[Valid Atom 1.0]