viernes, 24 de julio de 2009

DIA NACIONAL DE GALICIA

25 de Xullo, Día Nacional de Galicia, como así se recolle no Decreto Lei do 1 de Xaneiro do 1979, seguramente toda a prensa escrita do país, neste día recurrirá o idioma galego para realizar as suas publicacións ou alomenos o reflictirán nas suas páxinas principais, aparecerán así, os bandos institucionais, os pregóns e outros ensalzamentos dos partidos políticos, que posiblemente análogos no seu contido pero con pinceladas e matices diverxentes, ensalzarán a bonanza de Galicia, das suas xentes, do seu paisaxe, dos seus persoeiros, Castelao, Rosalia....do seu valor etnográfico, cultural ou de outras formas de expresión propia que lle dan singularidade a nosa identidade, .... mais pasado este día, volverá a prensa a expresarse en castelán, os políticos en disputarse a sua galeguidade, desaparecerán as cuñas publicitarias do Día da Patria, e esas todas louvanzas sobre a nosa terra quedaran esquecidas ata o proximo ano, ou se cadra ata o 17 de maio, porque neste día é realmente cando a maioría da ciudadanía galega, sente e respira un pouco de Galeguismo, que tanto temos marxinado, menuspreciado e minguneado, chegando incluso a avergoñarse da sua identidade galega, quizais por perxuicios sociais de séculos pasados., aínda que lle coste a moitos recollecelo, estes que renegan de galegos, pero que no fondo síntense orgullosos de selo. Pero chegou este día, e dá igual que ideais políticos teñas, de dereitas ou esquerdas, sexas nacionalista galego ou nacionalista español, na diversidade é donde está a riqueza dun pobo, o día Nacional de Galicia é para todo as persoas nacidas en Galicia e adoptívas desta terra, asi que disfruta deste día como GALEGOS....e presume de Galeguidade áinda que tan só sexa por un día.


Miles de Asociacións na diáspora celebrarán este Día Nacional, desde centros Galegos sitos en toda España, ata o Xapón pasando polos Centros Galegos latinomamericanos ou centroeuropeos, disfrutarán de un día de pulbo e muiñeira, divulgando a nosa cultural polo mundo, quedándose estes, coa morriña da terra nai que endexamais olvidarán.


E agora un pouquiño de Cultural Xeral para saber porqué se celebra esta data e cal é a sua orixe, o texto está sacado de VIEIROS.

A historia do Día da Patria
Puido ser en orixe unha celebración pagá celta reconvertida polo cristianismo. O pasado pérdese na escuridade de séculos, pero o futuro, como dicía Alexandre Bóveda en vésperas do 25 de Xullo do 1935, "...o futuro é da Terra e Noso"

Nun 25 de xullo....
Era o ano 893 cando el-rei Afonso III lle fai doazón á igrexa de Santiago da vila de Areas. No 1311, Fernando IV concédelles aos arcebispos de Santiago o señorío sobre a cidade. En 1846, A Xunta Superior do Goberno de Galicia proclámase soberana. No 1908 redáctase o Regulamento Xeral da Exposición Rexional de Productos artísticos e industriais de Galicia. En 1909 inaugúrase en Santiago a Exposición Rexional Galega. Alí exhíbense productos artísticos e industriais de Galicia.

Pero as orixes da celebración como tal desta xornada remóntanse ao 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.

A II Asemblea Nacionalista acorda institucionalizar o ‘Día da Patria o 25 do mes de Santiago’. Dende esta primeira convocatoria, as manifestacións organizadas para conmemorar o Día da Patria estiveron sempre condicionadas pola situación política do momento, aínda que sempre co eixo central da reivindicación dos símbolos e a identidade do país.

Nos anos 21 e 22 celébrase sen obstáculos. Con liberdade e ata con certa esperanza de renovación. Coa dictadura de Primo de Rivera os anceios vense freados e o endurecemento da política impide as celebracións ata 1931. Retoman entón as Irmandades o seu discurso sobre os valores galegos. “O Día de Galicia. O día da Nosa Fala Nacional.

Son anos dunha ilusión que toma forma no Estatuto de 1936. Logo, como dicía Otero Pedrayo no ano 36, "para ir vivindo convén espaciar as cousas tristes. Todas xuntas afogarían ó peito máis bravo".

O franquismo
A Guerra Civil trae moitos días de silencio, tamén para a reivindicación da patria. Paseniñamente irase recompoñendo a conciencia dende mediados de século cando se recupera a misa en galego na honra de Rosalía. Arredor dalgúns galeguistas históricos mantense vivo o facho en Compostela onde en peregrinaxe chegan os narradores e poetas da época para asistiren ao oficio de Santo Domingo de Bonaval en honor dos versos de Rosalía. En definitiva a renderlle homenaxe á voz silenciada do pobo. Na longa noite de pedra tamén as sociedades galegas na emigración manteñen acesa a convocatoria.

A finais da década dos 60, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de xullo.

Mais non é ata ben entrados os anos 70 cando se avanza outro chanzo. Chega a hora das reivindicacións da soberanía nacional. No lume dun réxime que esmorece e co ímpetu das cada vez máis emerxentes inquedanzas políticas do país, o que era un pequeno acto simbólico na intimidade intelectual dun grupo de amigos convértese nunha referencia para moitas gorxas con ánimo reivindicativo.

Cara finais dos 70, a celebración recibía nome diferente segundo as opcións políticas. Para o PCE ou o PSOE era o 'Día Nacional de Galicia'. O PG ou o POG estreaban a denominación de 'Día da Patria'. É no 1973 cando se empeza a utilizar o termo "Día da Patria Galega", denominación que pouco a pouco se vai consolidando e que se mantén na actualidade.

Chega a autonomía...

Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, organizacións políticas e institucións públicas programan todo tipo de actividades para conmemoraren esta data. Declaracións institucionais da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego. Bandos municipais chamando ós veciños e veciñas a celebrar o Día e a colocar a bandeira galega o mesmo 25 de xullo en rúas e balcóns. Conferencias, mítins e xornadas de confraternidade que preceden ou teñen lugar o propio día do Santiago. E por suposto, as manifestacións populares que ese mesmo día percorren as rúas de Compostela.


O Santiago matamouros ao que gababan os xornais doutras épocas por esas datas, dálle paso a outro Santiago ben diferente. Das malleiras da policía e as viaxes aos cuartelillos pasouse á evidencia e a normalidade da democracia que o converteu no que hoxe é unha festa cun significado especial: O Día da Patria ou o Dia Nacional de Galicia.


Video publicitario da Xunta do Día Nacional de Galicia

2 comentarios:

An dijo...

Como ben dis, é unha magoa que a meirande parte dos galegos, so se lembren de santa marta cando trona. Vergoña teria que darnos laiarnos por ser o que somos. SAúdos e bo día da patria galega.

TROMENTA dijo...

Bueno, nós por aquí decimos que só se lembran de Santa Barbara cando Trona, pero para os de Vilagarcia será Santa Marta, e o que decíamos da variedade da identidade galega. Bo día da Patria para tamén ti.

[Valid Atom 1.0]