lunes, 13 de julio de 2009

XANTAR DO SOCI@ 2009

Como xa é tradicional o segundo domingo do mes de xullo vense celebrando desde fai moitos anos, no parque recreativo dos Agueiros o xantar dos socios-as da Asociación Cultural A Feira, organizada pola directiva do centro, que este ano e desde fai tres anos ofreceron un menu composto de carne o caldeiro, viño, postre frutícola e licor de cafe para todos os asistentes, eso si previo pago de 8 euros por comensal.



A mañá comenzou coa tradicional Parva, que consiste en tomar un anaco de pan de millo acompañado de un vasiño de augardente de herbas, despois, preto do mediodía disputouse o partido de solteir@s contra casad@s, gañando os solteir@s a pesar das falcatruadas dos casad@s.

Coa chegada das autoridades invitadas ( o párroco e o alcalde, socios de honra), comenzouse a repartir a comida a todos os asistentes, moita pataca e moita carne serviu a directiva, despois de comer e xa servindo os cafeses e chupitos, entramos en escea OS DE SEMPRE, que fixemos un espetacular percorrido polas mesas dos asistentes deleitando a todos con un magnifico repertorio de musica popular galega, aínda que para moitos se lle fixese moi coñecido.

Pola tarde e como tamén xa é tradicional xogouse unha interminable partida de chave que por pouco se nos fai de noite, demostrando así que todos temos moi pouco potencial para este xogo, despois aínda se tirou pola corda, os casad@s estaban algo escocidos da partida do futbol e querían revancha, e de esta vez si gañaron, a parte de están mais pesados e non hai que os movan, gañaron tamen por outra falcatruada pois superaban en numero os soteir@s, partindo estes en clara desventaxa.

Unha vez puxado pola corda todos, incluído os castivos, chegou a hora de recoller todo, e xa o reloxio se aproximaba as 9 da noite.

Os pirubicos comentando a borracheira da noite anterior





Comenzaban o reparto da comida










Mesa dos comensais de Os de Sempre

Repartindo a racion de froita







Trosky tamen participou do evento



Preparando e afinando as gaitas


Momento da racion de cafeses e chupiños


Preparandose para o Campionato Mundial de Chave, categorìa amateur
O primeiro lanzador participante procedente da Republica Popular da Paxariña


Mentres os maiores xogaban a chave o mais pícaros xogaban a non sei o que.


O Presidente de nuestra Asociacion demostrando toda a sua capacidade chavística





A xente comenzaba a impacientarse pola tardanza do remate do campionato

Mentras outros ían limpando e recollendo todos os aparellos

Apesar de servir patacas a diestro e siniestro, algun pataca aínda sobrou


Atención al animal casado, camuflado entre el follaje de los helechos acecha a su presa...



A terceira Idade, pasaron de xogar a chave e decantáronse por votar unha timba.

Partida de brisca, obserseve quen leva o xogo, será Mucha que espera recibir alguna seña por parte de Licia?, mais claro auga...


Pablin Benzemuuuuuuuuuu


Despois de 3 horas xogando, na mitade do campionato ian en cabeza Josiño e Oscar, ¿serían eles os gañadores?



A maxima autoridade de Salceda, en pleno lanzamento, haberá que confirmar a noticia nos diarios deportivos, pero o noso alcade parece ser que non lle da a chave nin tirandolle a un metro de distancia, que falta de puntería.

O concelleiro de Obras, por non ser menos que o alcalde, tampouco lle atinou a chave, notase que recibe ordenes de partido, -Si eu non lle dou, ti tampouco-, dixolle o alcalde



Despois de 10 horas de campionato, estes foron os vencedores, Dani Parada e Carlos Troncoso, orgullosos mostran os seu trofeo que lle acreditan como campións mundial de chave amateur.



O final estes incautos recibiron o premio a Deportividade, 3 bolas de pan e unha botella de viño







Preparandose para o lanzamento da corda


Os solteiros en pleno esforzo inutil ante a masa dos casado





Video da actuacion do pasamesas dos de Sempre

1 comentario:

nena dijo...

SEÑOR REPORTERO ONDE ANDABA VOSTEDE ONTE K NON VEU RETRATAR O PRIMEIRO PARTIDO DE VOLEY-FEIRA?

[Valid Atom 1.0]