martes, 10 de febrero de 2009

O ENTROIDO DE SALCEDA, PARTE 2

Seguimos e continuamos intentándovos explicar e achegar un pouco de este pique do entroido de Salceda de Caselas.
Como xa vos contamos na anterior entrada, o entroido de Salceda celebrase en dous Barrios da parroquia de Santa Maria de Salceda: O barrio da Feira e Castro Barreiro, nestes barrios realizanse unhas carrozas e comparsas que desfilan os martes de entroido desde cada barrio ata a plaza do concello aproximadamente 2km de percorrido nos cales estas carrozas e comparsas son seguidas por moita xente, donde as musicas e as comparsas non paran de tocar e bailar. O chegar a praza do concello desde cada carroza, primeiro un barrio e despois o outro, alternando cada ano, realizan un discurso sobre o tema exposto na sua carroza burlandose do barrio contrincante, recurrindo moitas veces o insulto e os tradicionais motes, motes que xa todo o mundo coñece e o relaciona co persoñaxe, esto todo discurre o martes de entroido, antigamente, estes dous barrios desfilaban o Domingo de Entroido, pero esto causaba grandes problemas nas xentes das comparsas, pois de tanto baile no Domingo moitos traxes se descosían co cal tiñan que amañalos para estar listos e lucidos para o martes, finalmente decidiuse reducir o desfile tan só o martes, considerado como festivo local en Salceda, na actualizade desde fai uns anos o domingo desfilan tamen as carrozas e comparsas de outras parroquias e barrios Salceda ou mesmo de outros concellos que participan asi no concurso organizado polo concello de Salceda loitando por un premio en metalico, aclarar que o noso entroido o da Feira e o Barreiro non loitan por ningun tipo de premio, o unico premio é o recoñecemento e a valoración por parte do publico.

A parte do desfile do Martes, están as verbenas, que se celebra a noite do Luns e a noite do Martes. Esta e outra caracteristica deste carnaval de Salceda pois en este dous dias xuntanse en Salceda as mellores orquestras que se poden atopar en Galicia. Tanto nun barrio como no outro queren ter as mellores orquestras, e puxan por levar para o seus barrios as mellores, estas contractación levanse en secreto e tan só a comision de festa saben das orquetras que se contractan, pero o curioso e que estas orquetras non se anuncian nos pasquin das festas ata o xoves ou venres do entroido, e decir, escasos 4 días antes das festas, así evítase que o outro barrio contracte outra orquestra mellor, ou algunha atuación de ultima hora. Os pasquins que anuncian as festas colocanse o xoves ou o venres e producese unha carreira e unha loita por colocalos no mellor sitio posible e no lugar mais vistoso, Salceda desperta o sabado pola mañá cos seus escaparates empapelados cos pasquin da festas, estes pasquin a parte de anunciar as orquestras, tamen mostrar unhas rimas que nós lle chamamos chistes dedicados as xentes do outro barrio sobre alguna torpeza que realizou durante o ano, aparecen asi os motes tipicos como MALETIN, LOCO FOUZAÑAS, A MOTORETA, PARVOVIROSA, ROSI DE PALMA, O PLUTO, O POLLITO EXPLOSIVO, O CARCABELIÑAS, O CENICIENTA O OURELLUDO ENCADENADO, O PIJO PALOTE, O CABEZUDIÑO, estes son alguns dos motes que vos podedes atopar nos pasquins.

As verbenas distan unha da outra de 100 metros e moitas veces os altavoces dunha festa escoitanse con forza na outra, as verbenas están moi concurridas de publico que duran ata altas horas da madrugada, sobretodo a verbena do luns donde a maioria da xente se disfraza e van de unha festa para outra organizandose un gran ambiente polo camiño, e sobretodo mota diversión e moitas borracheiras. O rematar as verbenas o Luns e o Martes,a la polas 5 da mañan, da lugar o falar polos altavoces, que consiste en que a xente do barrio colle o microfono da megafonia e poñense a berrar cousas moitan veces intendibles contra o outro barrio e comenza asi un pique que remata coas gorxa rotas dos falante, escoitanse cousas como EI CASTRIÑO, ESES CANECOS, CASTRO BARREIRO CARA DE CARNEIRO, ou FEIRA PICA CARA DE MICA, estas rimas son míticas.

Durante un mes, anterior o martes de entroido vaise realizando as carrozas, cosendo a roupa e ensaiando as xentes para o desfile, sempre durante a noite e sempre en secreto, as carrozas realizanse en galpóns construidos especificamente para albergar as carrozas e o material que se utiliza nelas, o traballo de construción da carroza e levado a cabo polos homes do barrio e a roupa do desfile polas mulleres. Moitas veces mentres uns traballan na contrución da carroza, outros dedicanse a espiar o outro barrio producindose momentos de emoción e gran tensión pois, para realizar dito espionaxe aqui ir por veigas, campos, saltar muros e charcos para non ser descubertos e despois chegados o lugar donde se construe a carroza do enimigo, estar en sumo silencio e intertar ollar ou escoitar algo. Como case sempre o intento e inútil, no momento de retirada par facer rabiar os contrincantes tíraselle un petardo ou unha pedra nas chapas que cubren o galpón e rapidamente votase a correr para o teu barrio, mentras miras de reollo como salen os teus contricantes todos apresurados fora do galpon exclamando. Xa non e a primeira vez que se atrapan a estas espias, e se lle da unha labazada, ou se encerran nuha corte con algun animal toda noite, ou se lle castiga con algun traballo a realizar. Estes momentos de espionaxe producense moitisimas anecdotas e historias divertidísimas, que quizá sexa o mais divertido destas festas do entroido de Salceda xunto coa festa do Luns, porque o día do Martes todo é nervios e tensión.

Mais fotos do entroido de Salceda, fotos do barrio da Feira e do Castro Barreiro tamen, que nos os da Feira somos bastante respetuosos e mostramos as carrozas e comparsas neste blog para que todos poidades ver e comparar, non como na paxina do castriño que se ignora as carrozas e comparsas da Feira, quiza por medo a quedar en ridículo.




COMPARSA DA FEIRA ANO 1972






COMPARSA E CARROZA DA FEIRA 1974





CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1974







COMPARSA E CARROZA DA FEIRA 1975

ALADINO






COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1975







CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1976

PRIMAVERA







COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1976









CARROZA DA FEIRA 1977






CARROZA CASTRO BARREIRO 1977









CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1978








COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1978












CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1979








CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1979











A FEIRA 1980

PAVOS REAIS







CASTRO BARREIRO 1980
CASA GRANDE DA PICOÑA










A FEIRA 1981
A CIBELES


CARROZA DO BARREIRO 1981


Este ano concidiron os dous barrios representando a Cibeles, foi espionaxe






A FEIRA 1982

BEN-HUR






CARROZA DE CASTRO-BARREIRO 1982






CARROZA DA FEIRA 1983




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1983







CARROZA DA FEIRA 1984

BATALLA DE PONTESAMPAIO



CARROZA CASTRO BARREIRO 1984





CARROZA DA FEIRA 1985

CASA LABREGA GALEGA




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1985








CARROZA DA FEIRA 1986

II GUERRA MUNDIAL




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1986







CARROZA DA FEIRA 1987
SEVILLA


CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1987




CARROZA DA FEIRA 1988
ILLA DE SAN SIMON






CARROZA DO BARREIRO 1988
AUDITORIO




CARROZA DA FEIRA 1989
BAIONA OU PROCESION DA VIRXE DA ROCA




CARROZA DO BARREIRO 1989






CARROZA DA FEIRA 1990
AS OLIMPIADAS DE BARCELONA 92
ESPETACULAR COMPARSA QUE ROMPEU ASÍ COS ANTIGUOS MOLDES DE IR VESTIDOS TODOS IGUAIS



CARROZA DO BARREIRO
BARCELONA 92, outra coincidencia ou expionaxe





CARROZA DA FEIRA 1991
O OESTE AMERICANO



CARROZA DO BARREIRO 1991



CARROZA DA FEIRA 1992
A FEIRA NATURALMENTE






CARROZA DO BARREIRO 1992
A EXPO DE SEVILLA





CARROZA DA FEIRA 1993
O TERROR

CARROZA DO BARREIRO 1993
TRANQUILO COMANDANTE





CARROZA DA FEIRA 1994
O MUNDO DA TELEVISIÓN



CARROZA DO BARREIRO 1994
DINOSAURIO






CARROZA DA FEIRA 1995
OS INSECTOS



CARROZA DO BARREIRO 1995
A POLITICA CORRUPTA








CARROZA DA FEIRA 1996
O FUTBOL GALEGO







CARROZA DE BARREIRO 1996





CARROZA DA FEIRA 1997
FANTASÍA





CARROZA DO BARREIRO 1997






CARROZA DA FEIRA 1998
O MUNDO SUBMARINO






CARROZA DO BARREIRO 1998
A CUOTA LACTEA








CARROZA DA FEIRA 1999
DISNEY





CARROZA DO BARREIRO 1999
O EURO E A PESETA









CARROZA DA FEIRA 2000
2000 DEFECTOS





CARROZA DO BAREIRO 2000
CHINA



CARROZA DA FEIRA 2001
AFRICA



CARROZA DO BARREIRO 2001
TAMARA










CARROZA DA FEIRA 2002
OS VIKINGOS




CARROZA DO BARREIRO 2002







CARROZA DA FEIRA 2003
OS CATRO ELEMENTOS





CARROZA DO BARREIRO 2003









CARROZA DA FEIRA 2004
A INDIA








CARROZA DO BARREIRO 2004









CARROZA DA FEIRA 2005
V CENTENARIO DON QUIXOTE


Representacion-parodia dos da Feira da Carroza do Barreiro, funcionou o servicio secreto de espionaxe.





CARROZA DO BARREIRO 2005
O CIRCO








CARROZA DA FEIRA 2006
EXIPTO







CARROZA DO BARREIRO 2006
A VOLTA O MUNDO








CARROZA DA FEIRA 2007
A CORRUPCIÓN URBANISTICA




CARROZA DO BARREIRO 2007











CARROZA DA FEIRA 2008
O CARNET POR PUNTOS






CARROZA DO BARREIRO 2008









VISTO PARA SENTENCIA A FEIRA NON TEN COMPETENCIA

24 comentarios:

TROMENTA dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
TROMENTA dijo...

TROMENTA dijo...
Respondendolle o Anonimo do Castriño, supoñendo que é do Castriño porque dudo moito. Que non te enteras que o Luns sempre esta mas petada a Feira que o Barreiro, a festa do Luns remata sempre mais tarde na Feira e sempre con moita mais xente que se quedan ata as 8 ou 9 da maña, que vos sodes uns agoniados e amargados.

Anónimo dijo...

Xa estan os da Feiriña copiando todo, ahora tamen vos deu por hacer unha paxina Web, sempre atrasados, sempre sin ideas propias, sempre copiando do Barreiro, como non, sodes os de sempre.

FONTE DO VIÑO dijo...

Castriño que non te enteras, isto non é unha páxina gué, isto é un blog, por que para ter a páxina coma a que tendes vós non vale a pena. Isto e innovación, aquí pode participar todo o mundo, non e un gueto pechado coma o voso, ou acaso tendes fotos do entroido da feira na vosa páxina.... non coma vates ter fotos da feira, si non todo o mundo se daría conta da diferencia e iso quedaría fatal, VISTO PARA SENTENCIA CASTRIÑO, ESTE ANO MÁIS QUE NUNCA VADES A LEVAR NO FUCIÑO........

Anónimo dijo...

anda, anda, podedes falar .... claro a xente o luns remata na Feira, pero na feira do gando ... que parecedes todos uns animales .... uns a pelexar, outros a zampar, outros tirados no chan, despóis ven a ambulancia a recoller a outro, pero iso que eh???

Anónimo dijo...

OS DE SEMPRE ¡qué orixinal Feiriña!, pois está máis que claro que sodes os de Sempre, os que levades copiando de Castro Barreiro toda a vida .... E por si aínda non vos decatastes (que hai que explicarvos todo) a páxina Web é de Castro Barreiro
WWW.CARNAVALCASTROBARREIRO.ES ¿¿algunha duda??. Ídevos preparando....que o mellor está por vir.!!!!

TROMENTA dijo...

Ostras!!!!, como ladran estes do castriño. Actualizade a vosa paxina que esta mais morta que o voso carnaval, e por si non o sabedes isto non é unha páxina web, isto é un blog, e non é do entroido da Feira, e dun grupo de amigos da Feira, que gracias a deus non somos tan xenófogos como vos, deixamos participar e expresar libremente a todo mundo con estes comentarios, non como vos que censurábades todo o que viñese da Feira.

Anónimo dijo...

Que mais da TROMENTA,o q importa é q volvedes a copiar, non tedes ideas propias.AH, e q é iso de q remata a festa mais tarde na feira? Ti o ano pasado non foches a festa,non? Ou é que estabas perxudicado?

Anónimo dijo...

ummmmmmmm, este anónimo parece que é do Castriño...., e non será un dos tantos do Barreiro que veñen a acabar a festa á Feira??????, hai castriño (millor voute chamar así), castriño, tí non te enteras ou fas que non te enteras????. Porque no remate da festa na Feira si nos pomos a contar cantos hai do Barreiro...., si eu fora de alí deprimiríame, porque ter que ir a rematala festa ao barrio contrario por falta de festa no propio....
En fin, que xa quedan menos días para estar todos de festa!!!!!!!!

NOS SOMOS NOS dijo...

Feiriña, este ano seica non tendes musica, abandonouvos o PIJO PALOTE, vades ter que chamar de novo o Meiriño e a sua charanga.

Anónimo dijo...

Bueno CENICIENTA aburreste pq ainda que non poñas o teu nome, notase bem quen a quen lle doe .Pois para que te enteres no castriño a festa e a mellor, porque na feiriña acabades sempre pelexando entre vos se iso e festa...
como sera pelexar...
CASTRO BARREIRO NOS SOMOS NOS

Anónimo dijo...

BUENO, BUENO, COMO ANDA O PANORAMA ... E EU QUE VOU DICIR ... ¡¡ QUE A FEIRA E A MELLOR ¡¡, QUE TEN O MELLOR CARNAVAL, A MELLOR FESTA, A MELLOR XENTE ...
E VEN CERTO, QUE A ALTAS HORAS DA MADRUGADA, VAN APARECENDO NO TURREIRO DA FEIRA A XENTE DO BARREIRO. CANDO E ASÍ XA NOS DECATAMOS QUE ABAIXO A TROULA REMATOU, E QUE CONTENTOS QUEDAMOS.

TROMENTA dijo...

O que hai que escoitar, os do Castriño no noso blog a chorar. E culpa do PICALORO que lle pechou o foro, entrou en depresión cos vosos comentarios de parvularios. Deixar de escribir tonterias decía o MINORIAS e a traballar na carroza para non levar outra broza.

Escribe o TROMENTA que é amigo do CENICIENTA.

Anónimo dijo...

Pos si que vades ter q traballar xa qUE o orelludo encadenado vos esta marchar, xa mirades o que da feira sale, non sei se vos parece normal que vaia facer as carrozas pa salceda e logo vades ver a competencia que vades ter... jejeje iso solo o fai a xente da feira q non ten cabeza,e con isto xa decimos todooooooooooooooooo e a chorar ides vos o miercoles de ceniza despois da tunda que vos volvemos a dar NOS SOMOS NOS

Anónimo dijo...

Feira feiriña...deixade de tanto falar,e poñedevos a traballar,porque logo pasa o que pasa, tunda do barreiro e outro ano mais a chorar.E tede coidado, que seica hai un do voso barrio que vos esta a traicionar

Anónimo dijo...

www.carnavalcastrobarreiro.es para ver o que o bo carnaval

Anónimo dijo...

www.carnavalcastrobarreiro.es para ver o que o bo carnaval, se queredes aprender algo non deixedes de vela

Anónimo dijo...

www.carnavalcastrobarreiro.es para ver o que o bo carnaval, mai de 11000 visitas de todo o mundo, será porque está morta?... Quiza sexan os da feiriña que estan mortos e xa non teñen ideas novas

Anónimo dijo...

Pois si que esta morta a vosa paxina web, pois si en 3 anos so tendes 11.000 visitas, nos en medio ano xa temos 16.600 e subindo. Por certo nós non temos contratados a nadie en exclusividade e si alguien quere traballar noutro lado non pasa nada... expandimos o nosa sabiduria por certo queredes que vos axude algun da Feira, porque vos soíños non dades feito.

Anónimo dijo...

Hei, Hei, Hei, que pasa Castriño. Mira que ser cerrado para non ver que o voso entroido esta mais que morto e enterrado.

Moito ladra o A CADELA BULLDOG, ten coidado coa PARVOVIROSIS e non sexas tan rabuda, que te infectas de TRIQUINOSIS como a JAMONETA BIGOTUDA.

Anónimo dijo...

Aqui hai moitos comentarios da xente do barreiro que non valen nada, pois so traballan no entroido da Farrapada. Preguntarlle o MALETIN e o MIGUELINHO, ademais de non traballar solo lle dan o viño.

Anónimo dijo...

Que pasa Feiriña, o que faga na Farrapada é cousa miña. No Barreiro hai moito listillo que mete os cartos no bolsillo, non o digo polo alumbrado pero o que o montou está acojonado.

siempre fieles dijo...

castriño solo tedes una solucion
que e a rendicion
si a feira queredes impresionar
moito teredes que mellorar
¡¡¡¡¡¡¡¡FEIRA SEMPRE!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

[Valid Atom 1.0]