NON SON TODOS OS QUE ESTAN, NIN ESTAN TODOS OS QUE SON,
O PORQUÉ DE "OS DE SEMPRE"
O grupo "OS DE SEMPRE" naceu musicalmente o 25 de xullo do 2003, en terras asturianas, concretamente en SOMIEDO, ai Somiedo, Somiedo...Moito nos lembramos. Bueno, o tema foi que fomos de excursión da Asociación Xuvenil Entroido da Feira a Somiendo, e para amenizar as noite no albergue de Saliencia (donde nos aloxabamos) decidimos levar as gaitas, tambor e bombo do Centro Cultural da Feira, aclarar que moitos anos atras esistía no Centro Cultural un grupo de gaitas, co cal a parte de herdar os instrumentos tamen herdamos boa parte dos musicos que participan a día de hoxe neste grupo. O exito en Somiedo foi rotundo e contundente, os veciños de Saliencia acudia cada noite en LOOR DE MULTITUDES as pequenas actuacion que ofreciamos na cantina do albergue, a parte da nosa musica ofreciamos tamen a participación na brebaxe da nosa queimada, e entre vasiño de queimada e vaso de cubata nos tocabamos a "A DE SEMPRE" paparapáparapaparapa paparapáparapaparapaaaa.....
Despois viñeron outros exitos tamen rotundos, en Santa Maria de Cayon (Cantabria) no 2004, actuación en exclusiva para Marcelino e un grupo de madrileños que con nos estaban aloxados. No 2005 en Serrilla, Matallana de Torio (Leon) actuación con permiso especial da Garda Civil. Exito total en Sotres (Picos de Europa) onde o TANO nos boicoteou a ultima actuación no pobo, e como esto nos creo un gran trauma, decidimos actuar para a xente do noso barrio, donde si aprecian o noso arte, polo que nos xuntamos un mes antes do magosto do Centro Cultural para ensaiar unhas pezas de baile galego e demostralle as nosas xentes no magosto que cando queremos facemos algo digno de ver. Mención especial ten o ano 2007 en Tossa de Mar, a compañia SEUR deixounos quedar tirados en plena Costa Brava sin os nosos instrumentos e o mais importante sin a augardente e a perola da queimada, polo cal non puidemos ofrecerlle o noso arte folklorica os catalans, e polo cal as nosas borracheiras nos saliron bastantes caras pois o non haber o primero Hostiazo da queimada habia que pasar directamente os cubatas e..... como estaban os cubatas na Costa Brava, como o gasoil polas nubes....
E asi empezamos, e tocando, tocando, agora xa tocamos nas actividades culturais do Centro Cultural da Feira, en despedidas de solteiro, en bodas....
Por ultimo decirvos que realmente o grupo "OS DE SEMPRE" non somos un numero determinado de xente, nin nadie ten unha función determinada, si non todo o contrario, somos todos os que queiran cantar, tocar, bailar, comer, berber e pasar un momento de cachondeo.
3 comentarios:
HOLA, HOLA ... QUE BONITOS RECORDOS NOS TRAEN ESTAS PALABRAS,OS QUE ESTIVEMOS EN TODAS ESAS FESTAS E CELEBRACIONS DIGNAS DE CONTAR ......
A VERDADE É QUE A XENTE DE FEIRA FORMA UN GRUPO UNIDO E DIVERTIDO ... A SI QUE, XA SABEDES, QUE TEÑA GANAS DE PASAR UN MOMENTO DIVERTIDO .... ¡¡¡ VAMOS TODOS A FEIRA ¡¡¡
MOI BOAS, ¡QUE GRANDES E GRATOS RECORDOS!!! XA ESTAMOS DESEXANDO QUE HAXA OUTRA EXCURSIÓN PARA PODER BAILLAR, CANTAR, TOCAR E PASALO EN GRANDE COS NOSOS INSTRUMENTOS E A NOSA QUEIMADA. ASÍ QUE, DIRECTIVA, IDE ORGANIZANDO UNHA BOA ESCAPADA!
só teño unha espiña cravada que espero poida quitar que é a de non ter asistido a excursión a SOTRES, por que ó parecer iso foi a O...A;
xa temos anos, xa temos fillos, xa temos hipoteca, pero iso non é un freno para seguir "ós de sempre" nas súas farras, esmorgas e baralladas, un bico.
Publicar un comentario