lunes, 20 de septiembre de 2010

A MANIFESTACION DE SALCEDA



Unhas 3000 persoas acudiron á manifestación convocada pola plataforma en defensa da sanidade en Salceda que descurriu dunha forma pacifica polas rúas de Salceda.

Os asistenten reclararonlle ó Sergas e Xunta do PP, que repoñan o servizo que dende o 3 de xullo trasladaron para O Porriño.

Ó final da manifestación, representantes da plataforma leron o manifesto adxunto.

Comunicaron tamén se non se repón o servizo continuarán con mais manifestación e actos de protesta.





COMUNICADO RECLAMANDO A DEVOLUCIÓN DOS SERVIZOS MÉDICOS PARA SALCEDA O SÁBADO POLA MAÑÁ.

Bos días, veciños e veciñas de Salceda e arredores.

Primeiro de todo, darvos as grazas pola vosa presenza nesta manifestación.

A continuación aclarar que este acto foi convocado pola Plataforma en defensa dos servizos sanitarios en Salceda composta polas seguintes asociacións: Asociación de Veciños Caselas, Asociación de Veciños de San Xurxo, Asociación de Veciños Carballeira de Picoña, Asociación de Veciños Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias, Asociación de Veciños Escola da Feira e Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda.

O obxectivo desta manifestación é pedir a reposición dos servizos médicos no centro de saúde de Salceda de Caselas ós sábados pola mañá, despois do seu traslado para o PAC de O Porriño. Esta decisión foi tomada polo SERGAS con nocturnidade e aleivosía, da noite para a mañá, sen dar ningún tipo de información previa ós cidadáns. Aqueles que o 3 de xullo tiveron que asistir a urxencias atopáronse cun simple carteliño na porta que dicía que tiñan que ir ó Porriño.

Esta Plataforma, a partires de que tivo coñecemento desta decisión, levou a cabo varias actuacións:

 Notas de prensa anunciando este cambio, as consecuencias que traería e posicionamento en contra.
 Colocación dunha pancarta en frente do Centro de Saúde en contra do traslado do servizo.
 Solicitude e consecución dunha moción do Pleno do Concello de Salceda de Caselas en contra do traslado so servizo dos sábados pola mañá e solicitude ó Sergas do retroceso desta decisión.
 Presentación de dúas mil sinaturas de veciños e veciñas de Salceda en contra do cambio e instándolle ó Sergas a dar marcha atrás.
 Reunión co Xerente de Atención Primaria do Sergas, na Xerencia, na Rúa Rosalía de Castro, na que estiveron presentes un representante de cada asociación que conforman esta plataforma, o alcalde de Salceda de Caselas e un representante de cada partido político da corporación municipal. Nesta entrevista, o Xerente, Javier Caramés tentou convencer ós asistentes de que este traslado para o Porriño era o mais beneficioso para a poboación de Salceda.
 Asemblea informativa no Auditorio Municipal á que asistiron unhas 300 persoas enchendo o local. Nesta asemblea foi onde se decidiu organizar esta manifestación por maioría dos asistentes.
 E xa por último, ata o de agora, esta manifestación na que estamos todos e todas aquí presentes.

Os motivos polos que nos opoñemos a este traslado son os seguintes:

 O resultado deste traslado supón unha nova perda dun servizo básico por parte dos veciños e veciñas de Salceda de Caselas que teñen que trasladarse ó concello veciño de O Porriño para recibir asistencia sanitaria. “Hai uns anos xa se perdeu o dereito a ter urxencias en Salceda na fin de semana e agora pretenden rematar con este proceso eliminando tamén o servizo ordinario do sábado pola mañá
 A poboación máis afectada vai a ser a menos protexida: as persoas maiores, aquela xente que non dispón de vehículo propio, os nenos e nenas e en xeral toda a poboación que a partires de agora vai ter que desprazarse ó Porriño.
 Os motivos reais para este cambio son unicamente para que o persoal médico faga menos sábados e polo tanto menos horas semanais co mesmo salario. Así nolo recoñeceu o xerente de atención primaria na entrevista dicindo que a iniciativa partira deles e que hai que tratalos ben para que aprendan a utilizar novos aparatos médicos. Aclarar que para os médicos o sábado pola mañá non son guardias nin horas extras, senón que é un horario ordinario,
 A escusa de mellor dotación do centro de saúde de O Porriño non é correcta, xa que a maquinaria que ten a maiores o de Salceda (retinografía, desfibrilador ou ambulancia asistencial) non están dispoñibles os sábados pola mañán no Porriño ou xa existen en Salceda
 Por outra banda porcentualmente os médicos en Porriño van atender moita máis xente xa que aquí había un medico para 8,000 persoas e no PAC de Porriño a media por médico vai a ser de 14,000. Cando haxa tres urxencias domiciliarias quedaría o centro de saúde de Porriño igualmente sen atención médica.
 Economicamente ó Sergas vaille a supor o mesmo gasto ter aberto o Centro de Saúde de Salceda que non, xa que o mantemento sopórtao o Concello de Salceda de Caselas e ó persoal vaille ter que pagar igual.

Por todo isto instamos ó Sergas a que dea marcha atrás nesta decisión e non nos quite este servizo que viña funcionando dunha forma correcta ata o de agora.

Que non nos quiten servizos, xa que en Salceda cada día somos máis, senón mais ben ó contrario, teñennos que ofrecer máis. A sanidade é un servizo básico onde non hai que escatimar. A saúde de todos nós, non é unha broma e con ela non se xoga.

Sergas, devolución do servizo xa !!!!!!

Sergas, devolución do servizo xa !!!!!!

Sergas, devolución do servizo xa !!!!!!





4 comentarios:

Anónimo dijo...

Sergas, devolución do servizo xa !!!!!!
Sergas, devolución do servizo xa !!!!!!
Sergas, devolución do servizo xa !!!!!!
Sergas, devolución do servizo xa !!!!!!

que non nos quiten nada máis ¡¡¡¡

Anónimo dijo...

pois o meu parecer no esta mal que pasen os servizos para o Porriño tendo en conta cantas urxencias ten os sabados a maña este centro, eu prefiro isto antes de teñan q facer outro tipo de recortes como son becas para estudantes , e estamos nun tempo donde un par de euros q se poidan aforrar para todo o que sexa innecesario, como por exemplo si ti es de entenza custaxe o mismo ir a urxencias a o Porriño q a salceda tendo en conta donde aparcar os sabdos a maña(no hay liñas azuis) e si eres de salceda e estas enfemo non podes ir a pe o centro de saude

Anónimo dijo...

UFF...Creo que estas bastante confundido ou non tiveches a desgracia de ter que ir un sabado a urxencias de Salceda con unha persoa maior e ter que esperar 2 horas, xunto con demais xente, para que nos atenderan porque estaban so un medico e un ATS e tiveron que sair a unha urxencia a un domicilio. Noutro caso non creo que pasar as emerxencias a Porriño se mellore o servicio pois si en Salceda a menudo estaba colapsado canto mais en Porriño, cando vaiamos tamen os de Salceda.

Anónimo dijo...

Que quede claro que con traspasar os Sabados pola maña o servizo médico ó Porriño o Sergas non aforra nada, xa que ós médicos tenlle que pagar o mesmo, e por encima traballan menos. E desde logo que si son de Entenza vaime quedar mais lonxe Porriño que Salceda e polo tanto vou tardar mais e gastar mais. Loitemos polo que nos pertenze e non deixemos que nos quiten os servizos que sempre tivemos¡¡¡¡

[Valid Atom 1.0]