viernes, 25 de junio de 2010

NOTA ACLARATORIA DA BANDA DE MUSICA DE SALCEDA

Pouco a pouco este blog vai sendo un referente en Salceda de Caselas, actualmente é o blog de Salceda con mais visitas e mais comentarios recibidos. Estes días chegounos o noso correo a seguinte nota aclaratoria da Banda de Musica de Salceda, pedindo que publicaramos esta nota, sabendo da repercusion que ten o noso blog.



Nota Aclaratoria

A Asociación amigos da Música vese na obriga de facer a seguinte Nota Aclaratoria: A Asociación Amigos da Música de Salceda quere aclarar que a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas depende unicamente de dita Asociación así como tamén a Escola de Música de Salceda. En ningún caso as decisións de dita asociación non dependeron nin dependen do concello de Salceda.

Este aclaración é devida a que na Parroquia de Soutelo no concello de Salceda, rumorease que a Banda de Música Cultural de Salceda non actua nas festas parroquiais xa que o alcalde non lle deixa, iste é COMPLETAMENTE FALSO e menos por parte do alcalde que sabemos que se sinte orgulloso que a banda de música actúe en todas as parroquias.
A banda de Música de Salceda decide por ela mesma onde actúa e onde non, e no caso de Soutelo sería unha gran ilusión actuar, como no resto das parroquias, pero a comisión de festas de este ano non pediu ningún presuposto a dita banda para actuar nas festas parroquiais. Tal rumor parece que quere confundir a xente, polo que nos sentimos na obriga de facer esta aclaración, deixando claro que a Asociación Amigos da Música de Salceda e todo o que depende dela, como é a Banda de Música Cultural de Salceda, Escola de Música de Salceda e todos os grupos que nesta Asociación xurden e TOTALMENTE INDEPENDENTE do Concello de Salceda.

Dende aqui queremos aproveitar para dar un gran agradecemento a todas aquelas comisións, tanto de este ano como doutros anos que nos levaron polas parroquiais, xa que creemos que é unha forma de apoiar a nosa banda, a banda de todos os salcedenses, e a todos aqueles rapaces que nela están aprendendo música e desta maneira dándolle a oportunidade de descubrir unha nova meta profesional.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

XA ESTAN PODERES FACTICOS DE CERTO PARTIDO POLITICO MOVENDOSE PARA TRATAR DE DESESTABILIZAR E DESACREDITAR O GOBERNO DE SALCEDA, UFFF, O QUE NOS ESPERA....A 11 MESES DAS ELECCIONS MUNICIPAIS.....UFFFF

Anónimo dijo...

este rumor no se quien lo difundiria, por lo tanto no puedo opinar pero creo q culpar al partidos popular de salceda para desacretidar al actual me parece demagogia, ya que todos los salcedenses se llenande orgullo de esta banda de musica,
Y SI LO Q NOS ESPERAN EN ESTE 11 MESES DE PROMESAS INCUMPLIDAS( CENTR DE SALUD, POLIGONO INDUSTRIAL, Y ETC)

OS SOFISTAS dijo...

NON EMPECEMOS CON DEMAGOXIAS, O CENTRO DE SAUDE, SE NON O SABES... QUEN TEN QUE COSTRUILO E O SERGAS, O CONCELLO TEN QUE POR OS TERREOS, COUSA QUE CREO QUE SE APROBOU EN PLENO ESTA SEMANA, INCLUIDO COS VOTOS A FAVOR DO PP.

PROMESAS IMCUMPLIDAS, EN 30 ANOS DO PP EN SALCEDA ¿CANTAS PROMESAS SE CUMPLIRON?....

ramalazos dijo...

Non creo que sexa boa idea politizar nesta web, que penso ten outras finalidades máis atractivas, pero creo que é un acerto que a Banda publique ese comunicado pra desacreditar a quen tenta enganar a opinión pública con comentarios malintencionados.

TROMENTA dijo...

Deixovos uns dias solos , e xa vos tirades os trastos a cabeza, SOIS COMO NIÑOS, Non me politizar os temas, ou terei que pasar o corrector da censura.

[Valid Atom 1.0]