lunes, 22 de marzo de 2010

NA FESTA FURANCHEIRA



E alí estivemos nos, nín as mais desfavorables condicións meteriolóxicas foron quen de impedir e evitar a nosas exitosas actuacions nos catro furanchos que participaron nesta festa furancheira organizada pola Asociacion de Veciños Carballeira e que tan bós anfitreóns tiveron e que nos trataron tan ben, que nunca nos faltou unha taza de viño ou algo para levar a boca. Tamen estiveron o grupo de Gaitas de Castro Barreiro e outros moitos gaiteiros que se animaron a participar e cos que coincidimos nos furanchos facendo unha union de grupos que pareciamos unha solemne Real Banda de Gaitas.

A choiva e o vento non deixaron de caer e soplar en toda a tarde noite, a xente que se achegaban os furanchos buscaban o calor da musica e dunhas boas tazas de viño, e pouco a pouco ian entrando nunha dinámica de canto e baile que facían esquecer a choiva o vento e incluso o tempo, pasaban as horas e aínda quedaban furanchos que percorrer, mentras facías o camiño de unha lado para o outro escoitabas os sóns musicais e algarabías que viñan dos outros furanchos e facíaste unha idea da animacion que alí podería haber. Foi unha tarde-noite de moita auga, pero mais de viño, que o final terminamos todos mollados tanto por fora como por dentro.




Os de sempre no furancho da "CHAN DO MARTIÑO"



Os de sempre no furancho da "FRAGA"





Os de sempe no furancho da "PENA"




Os de Sempre no furancho do "LOUREIRO"





As fotos sairon como saíron, non son da mellor calidade nin composicions pois nin a luz existente nos furanchos nin o telemobil nin o fotografo presentaban as mellores condicións para unha sesion fotográfica

No hay comentarios:

[Valid Atom 1.0]