viernes, 5 de febrero de 2010

ENTROIDO DE SALCEDA

Xa queda menos para volver a disfrutar do entroido de Salceda, disfrutar novamente deste pique, desta loita carnavalesca, disfrutar probablemente do carnaval mais antigo de Pontevedra. Novamente como ano tras ano os barrios da Feira e Castro Barreiro vólvense a enfrentar nas festa do carnaval, e nós desde este modesto blog vamos a intentar dar a coñecer este entroido, por iso volvemos a publicar a entrada que xa fixemos fai un ano, na cal explicábamos a orixe, a tradición, anecdotas e outras caracteristicas típicas do noso carnaval aportando tamén un amplo reportaxe fotografico.


A elegante comparsa da Feira do ano 2009


A Locomotora LA GENERAL


carroza da Feira , ano 2009

Os hermanos Marx saludando o publico


A carroza do Barreiro representado a cultura Americana, ano 2009


Castro Barreiro, ano 2009


Como todos sabedes, xa estamos no mes do Entroido, e Salceda de Caselas xa cheira a carnaval. Salceda conta con un Entroido ou Carnaval singular dos mais antigos da provincia de Pontevedra e seguramente de Galicia, pese a non ser moi coñecido e promocionado como poden ser os dos concellos limítrofes (Tui, Porriño, Ponteareas) ou mesmo Vigo, que sendo de menos tradición, menos raigame, xa teñen mais fama e mais público e conta con mais axudas economicas por parte das Administracións.



Folletos que anos atras se repartian por Salceda, donde se podían atopar chistes e cantigas de burla sobre o barrio contario.


Na parroquia de Santa Maria de Salceda existen dos barrios, o barrio da Feira e o de Castro Barreiro, que compiten entre si por demostrar quen dos dous fai mellor carnaval. Este carnaval consiste nunha competicion por ver quen ten as mellores orquestras nas verbenas do luns e martes de entroido, a mellor comparsa e sobretodo a mellor carroza, carroza e comparsa que desfilará o Martes de entroido desde este dous barrios a praza do concello de Salceda de Caselas donde realizarán un discurso exaltando as maldades do barrio contrincante. Gracias o carnaval estes dous barrios contan cun forte caracter de asociacionismo, dando lugar en decadas pasadas o nacemento dos primeiros Centros Culturais do concello de Salceda. Podese decir que o barrio xira todo entorno o carnaval, as actividades culturais, as infraestructuras sociais, as relacións personais (antiguamente as xentes dos dous barrios non se falaban nestas datas).


Non se sabe en que datas comenzou o entroido de Salceda, pero os documentos mais antiguos atopados, cartas que mandaban os veciños destes barrios os seus familiares emigrados en America donde lle pedían consello, diñeiro, roupas e sacos para as festas do entroido, estaban datadas sobre os anos 1880, cando a emigración se concentraba no Rio de Janeiro e en Buenos Aires, por iso que o entroido de Salceda non ten nada que ver con entroido tradicional que se celebra nos concellos ourensans de Xinxo, Laza ou Verin, o entroido de Salceda é unha rivalidade entre dous barrios donde, a bulra, a maldade e o maligno, atopase no barrio contrincante, onde se elixe un tema e se encarna nunha carroza, donde as xuventudes dos barrios participan nas comparsas, onde as mulleres elaboran os traxes dos desfiles, donde os mais cativos dedícanse a espiar o barrio contricante, por estas datas todo é entroido. Mais que entroido o de Salceda é un Carnaval, como dixemos antes, pola influencia da antigua emigración en America.

Nesta carta que lle redacta un pai a un fillo que ten emigrado no Rio de Janeiro con data de 1888, podemos observar que xa fan referencia o carnaval polo que podemos afirmar que o carnaval de Salceda polo menos está datado desde o ano 1888.



Salceda a 15 de diciembre de 1888





Nesta fotografia do ultimo parafo desta carta, un irman do emigrado pidelle a este que lle envíe algo gracioso para os carnavales, dice algo asi:


- hermano mio te voi a aborrecer un rato de tiempo, yo quisiera que si nos arreglaras una cosa con la que no te diera mucho trabajo, yo quisiera que me la mandaras para los carnavales, pero yo queria que fuese una cosa que reíra la gente con ella.


Con este parrafo queda demostrado que os carnavales de Salceda teñen mais de 100 anos de vida.




Cóntase polas xentes mais vellas do barrio, que según lles contaban a eles os seus avós, o entroido naceu de dous Seráns que había na parroquia, un na Fonte da Pedra, (no eido dos Suarez) e o outro no Barral (na carballeira do Barral), dista un barrio de outro, uns escasos 100 metros en liña recta, tan só separados polo regato da Ameixoa. Estes Seráns formábanse durante o inverno para fiar o liño, e cando se remataba esta tarefa, a principios da primavera facíase unha festa e troula donde se vestían os cabaleiros do barrio todos engalonados e montados nos seus cabalos desfilaban pola festa metendose cos mozos e mozas. Estes seráns foron rivalidando ata derivar nas festas do entroido, que nos tempo da Dictadura franquista, chamaronse festas da primavera, ou festas na honra o santo que cadrase no martes de entroido, pois nos anos mais duros da Dictadura estaba prohíbido celebrar o entroido, mais estas prohibicións non foron quen de parar esta tradición que se manten ata o día de hoxe.


Hai moitisimas características, tradicións e anedotas que vos podemos contar, pero deixaremolo para outra proxima entrada. A continuación podedes ver fotografias do arquivo fotografico da Asociación Cultural A FEIRA, polo tanto só son fotos do barrio da Feira, si queredes ver fotos do barrio do Castro Barreiro visitar a paxina http://www.carnavalcastrobarreiro.es/ ;

No barrio da Feira e Castro Barreiro, nestes barrios realizanse unhas carrozas e comparsas que desfilan os martes de entroido desde cada barrio ata a plaza do concello aproximadamente 2km de percorrido nos cales estas carrozas e comparsas son seguidas por moita xente, donde as musicas e as comparsas non paran de tocar e bailar. O chegar a praza do concello desde cada carroza, primeiro un barrio e despois o outro, alternando cada ano, realizan un discurso sobre o tema exposto na sua carroza burlandose do barrio contrincante, recurrindo moitas veces o insulto e os tradicionais motes, motes que xa todo o mundo coñece e o relaciona co persoñaxe, esto todo discurre o martes de entroido, antigamente, estes dous barrios desfilaban o Domingo de Entroido, pero esto causaba grandes problemas nas xentes das comparsas, pois de tanto baile no Domingo moitos traxes se descosían co cal tiñan que amañalos para estar listos e lucidos para o martes, finalmente decidiuse reducir o desfile tan só o martes, considerado como festivo local en Salceda, na actualizade desde fai uns anos o domingo desfilan tamen as carrozas e comparsas de outras parroquias e barrios Salceda ou mesmo de outros concellos que participan asi no concurso organizado polo concello de Salceda loitando por un premio en metalico, aclarar que o noso entroido o da Feira e o Barreiro non loitan por ningun tipo de premio, o unico premio é o recoñecemento e a valoración por parte do publico.

A parte do desfile do Martes, están as verbenas, que se celebra a noite do Luns e a noite do Martes. Esta e outra caracteristica deste carnaval de Salceda pois en este dous dias xuntanse en Salceda as mellores orquestras que se poden atopar en Galicia. Tanto nun barrio como no outro queren ter as mellores orquestras, e puxan por levar para o seus barrios as mellores, estas contractación levanse en secreto e tan só a comision de festa saben das orquetras que se contractan, pero o curioso e que estas orquetras non se anuncian nos pasquin das festas ata o xoves ou venres do entroido, e decir, escasos 4 días antes das festas, así evítase que o outro barrio contracte outra orquestra mellor, ou algunha atuación de ultima hora. Os pasquins que anuncian as festas colocanse o xoves ou o venres e producese unha carreira e unha loita por colocalos no mellor sitio posible e no lugar mais vistoso, Salceda desperta o sabado pola mañá cos seus escaparates empapelados cos pasquin da festas, estes pasquin a parte de anunciar as orquestras, tamen mostrar unhas rimas que nós lle chamamos chistes dedicados as xentes do outro barrio sobre alguna torpeza que realizou durante o ano, aparecen asi os motes tipicos como MALETIN, LOCO FOUZAÑAS, A MOTORETA, PARVOVIROSA, ROSI DE PALMA, O PLUTO, O POLLITO EXPLOSIVO, O CARCABELIÑAS, O CENICIENTA O OURELLUDO ENCADENADO, O PIJO PALOTE, O CABEZUDIÑO, estes son alguns dos motes que vos podedes atopar nos pasquins.

As verbenas distan unha da outra de 100 metros e moitas veces os altavoces dunha festa escoitanse con forza na outra, as verbenas están moi concurridas de publico que duran ata altas horas da madrugada, sobretodo a verbena do luns donde a maioria da xente se disfraza e van de unha festa para outra organizandose un gran ambiente polo camiño, e sobretodo mota diversión e moitas borracheiras. O rematar as verbenas o Luns e o Martes,a la polas 5 da mañan, da lugar o falar polos altavoces, que consiste en que a xente do barrio colle o microfono da megafonia e poñense a berrar cousas moitan veces intendibles contra o outro barrio e comenza asi un pique que remata coas gorxa rotas dos falante, escoitanse cousas como EI CASTRIÑO, ESES CANECOS, CASTRO BARREIRO CARA DE CARNEIRO, ou FEIRA PICA CARA DE MICA, estas rimas son míticas.

Durante un mes, anterior o martes de entroido vaise realizando as carrozas, cosendo a roupa e ensaiando as xentes para o desfile, sempre durante a noite e sempre en secreto, as carrozas realizanse en galpóns construidos especificamente para albergar as carrozas e o material que se utiliza nelas, o traballo de construción da carroza e levado a cabo polos homes do barrio e a roupa do desfile polas mulleres. Moitas veces mentres uns traballan na contrución da carroza, outros dedicanse a espiar o outro barrio producindose momentos de emoción e gran tensión pois, para realizar dito espionaxe aqui ir por veigas, campos, saltar muros e charcos para non ser descubertos e despois chegados o lugar donde se construe a carroza do enimigo, estar en sumo silencio e intertar ollar ou escoitar algo. Como case sempre o intento e inútil, no momento de retirada par facer rabiar os contrincantes tíraselle un petardo ou unha pedra nas chapas que cubren o galpón e rapidamente votase a correr para o teu barrio, mentras miras de reollo como salen os teus contricantes todos apresurados fora do galpon exclamando. Xa non e a primeira vez que se atrapan a estas espias, e se lle da unha labazada, ou se encerran nuha corte con algun animal toda noite, ou se lle castiga con algun traballo a realizar. Estes momentos de espionaxe producense moitisimas anecdotas e historias divertidísimas, que quizá sexa o mais divertido destas festas do entroido de Salceda xunto coa festa do Luns, porque o día do Martes todo é nervios e tensión.

Mais fotos do entroido de Salceda, fotos do barrio da Feira e do Castro Barreiro tamen, que nos os da Feira somos bastante respetuosos e mostramos as carrozas e comparsas neste blog para que todos poidades ver e comparar, non como na paxina do castriño que se ignora as carrozas e comparsas da Feira, quiza por medo a quedar en ridículo.


Ano sin determinar



Ano sin determinar



Ano sin determinar


Ano sin determinar



Ano de 1947



ano de 1948




Ano de 1950


Ano de 1953



Carroza do ano 1954



Ano de 1955


As carrozas desfilando na praza do Concello de Salceda, ano 1956



Mozas e mozos posando diante do que hoxe é o Centro Cultural de A Feira, no ano 1956



Un mar de xente no torreiro de festas da Feira no ano 1956



Carroza entrando na Feira no ano 1959


Comparsa de Mariñeiros no ano 1959



foto do ano 1961



Ano de 1961

ano de 1962


Ano de 1963


Ano de 1965

Ano de 1969



comparsa do Barreiro ano 1969



Ano sin determinar


Ano sin determinar


ano sin determinar



ano sin determinar




ano sin determinar



ano sin determinar

ano sin determinar



ano sin determinar


ano sin determinar





COMPARSA DA FEIRA ANO 1972






COMPARSA E CARROZA DA FEIRA 1974





CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1974







COMPARSA E CARROZA DA FEIRA 1975

ALADINO






COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1975







CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1976

PRIMAVERA







COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1976









CARROZA DA FEIRA 1977






CARROZA CASTRO BARREIRO 1977









CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1978








COMPARSA E CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1978












CARROZA E COMPARSA DA FEIRA 1979








CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1979











A FEIRA 1980

PAVOS REAIS







CASTRO BARREIRO 1980
CASA GRANDE DA PICOÑA










A FEIRA 1981
A CIBELES


CARROZA DO BARREIRO 1981


Este ano concidiron os dous barrios representando a Cibeles, foi espionaxe






A FEIRA 1982

BEN-HUR






CARROZA DE CASTRO-BARREIRO 1982






CARROZA DA FEIRA 1983




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1983







CARROZA DA FEIRA 1984

BATALLA DE PONTESAMPAIO



CARROZA CASTRO BARREIRO 1984





CARROZA DA FEIRA 1985

CASA LABREGA GALEGA




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1985








CARROZA DA FEIRA 1986

II GUERRA MUNDIAL




CARROZA DE CASTRO BARREIRO 1986







CARROZA DA FEIRA 1987
SEVILLA


CARROZA DO CASTRO BARREIRO 1987




CARROZA DA FEIRA 1988
ILLA DE SAN SIMON






CARROZA DO BARREIRO 1988
AUDITORIO




CARROZA DA FEIRA 1989
BAIONA OU PROCESION DA VIRXE DA ROCA




CARROZA DO BARREIRO 1989






CARROZA DA FEIRA 1990
AS OLIMPIADAS DE BARCELONA 92
ESPETACULAR COMPARSA QUE ROMPEU ASÍ COS ANTIGUOS MOLDES DE IR VESTIDOS TODOS IGUAIS



CARROZA DO BARREIRO
BARCELONA 92, outra coincidencia ou expionaxe





CARROZA DA FEIRA 1991
O OESTE AMERICANO



CARROZA DO BARREIRO 1991



CARROZA DA FEIRA 1992
A FEIRA NATURALMENTE






CARROZA DO BARREIRO 1992
A EXPO DE SEVILLA





CARROZA DA FEIRA 1993
O TERROR

CARROZA DO BARREIRO 1993
TRANQUILO COMANDANTE





CARROZA DA FEIRA 1994
O MUNDO DA TELEVISIÓN



CARROZA DO BARREIRO 1994
DINOSAURIO






CARROZA DA FEIRA 1995
OS INSECTOS



CARROZA DO BARREIRO 1995
A POLITICA CORRUPTA








CARROZA DA FEIRA 1996
O FUTBOL GALEGO







CARROZA DE BARREIRO 1996





CARROZA DA FEIRA 1997
FANTASÍA





CARROZA DO BARREIRO 1997






CARROZA DA FEIRA 1998
O MUNDO SUBMARINO






CARROZA DO BARREIRO 1998
A CUOTA LACTEA








CARROZA DA FEIRA 1999
DISNEY





CARROZA DO BARREIRO 1999
O EURO E A PESETA









CARROZA DA FEIRA 2000
2000 DEFECTOS





CARROZA DO BAREIRO 2000
CHINA



CARROZA DA FEIRA 2001
AFRICA



CARROZA DO BARREIRO 2001
TAMARA










CARROZA DA FEIRA 2002
OS VIKINGOS




CARROZA DO BARREIRO 2002







CARROZA DA FEIRA 2003
OS CATRO ELEMENTOS





CARROZA DO BARREIRO 2003









CARROZA DA FEIRA 2004
A INDIA








CARROZA DO BARREIRO 2004









CARROZA DA FEIRA 2005
V CENTENARIO DON QUIXOTE


Representacion-parodia dos da Feira da Carroza do Barreiro, funcionou o servicio secreto de espionaxe.





CARROZA DO BARREIRO 2005
O CIRCO








CARROZA DA FEIRA 2006
EXIPTO







CARROZA DO BARREIRO 2006
A VOLTA O MUNDO








CARROZA DA FEIRA 2007
A CORRUPCIÓN URBANISTICA




CARROZA DO BARREIRO 2007











CARROZA DA FEIRA 2008
O CARNET POR PUNTOS






CARROZA DO BARREIRO 2008









VISTO PARA SENTENCIA A FEIRA NON TEN COMPETENCIA


1 comentario:

Anónimo dijo...

hai certas cusas que hai que tedes que aclarar. As fotografías con referencia ós anos 1955, 1947, 1950, 1960 e ano a determinar(a foto que ten un destello abaixo), ainda que aparecen no arquivo fotográfico da FEIRA, pertencen a comparsas e festas de CASTRO BARREIRO. Un saúdo e disfrutade das mellores festas do mundo mundial

[Valid Atom 1.0]