miércoles, 5 de agosto de 2009

FESTAS DA CONCEPCION 09


Este fin de semana pasado, celebramos como todos os primeiros fins de semana do mes de agosto as festas patronais de Salceda de Caselas, as festas na honra a Virxe da Concepción. Si, as festas patronais de Salceda, seguramente pensábades que as festas patronais de Salceda son as do Cristo, pois craso error, as festas patronais son as da Virxe da Concepción, que se celebra no torreiro da Concepción, loxicamente.

Como sempre, os de sempre reunímonos o sabado da Concepción para celebralo conxuntamente cos cumpreanos de Silvia, entorno a unha mesa, que é como se celebran as cousas en Galicia, sempre entorno a unha mesa.

As festa foron como sempre, festas o sabado a noite con duas orquestriñas, misa solemne o domingo pola maña, onde te atopas as persoas e familiares da parroquia que por calqueira motivo están fora de Salceda e que regresan para pasar as vacacións o simplemente a comer a casa dos pais ou irmans, pois eso, que os saudas e compartes un aperitivo na sesion vermout no Broas King e escoitas a banda de musica de Salceda que desde tempos do homus erectus xa tiñan un contracto firmado de por vida para actuar nestas festas, (cousa mais aburrida, chico). Concerto pola tarde novamente da Banda de musica de Salceda, e posterior verbena a cargo de outras duas orquestras, e o luns remate das festas, co xogo da chave pola tarde e outras duas orquestras pola noite, e despois para rematar as verbenas gran queimada ata altas horas da madrugada para prolongar a borracheira e si non preguntarlle a algún dos da Peña da Pirubia, que estaban bastante Alteriados.
































































































Video da cena, atentos o audio deste video porque podes escoitar o TE FENDO EN SIEN MIL PEDASOS, unha grabación da Radio Galega onde o locutor fai unha entrevista sobre un homicidio, a uns paisanos de unha aldea certa de Santiago.

No hay comentarios:

[Valid Atom 1.0]