viernes, 9 de enero de 2009

A NEVE CHEGA A SALCEDA

Plaza do concello de Salceda de Caselas

Xa era hora de que a neve visitara Salceda, moitos de nós xa apenas nos lembramos cando aquel 14 de xaneiro do ano 1987 nos mostrou por primeira vez para moitos o encanto das folerpas caer sobre as nosas cabezas, tinguindo de branco as nosas casas, os nosos campos, os camiños e estradas, como olvidar a volta a casa do colexio, cando o autobus encallou na costa da Paxariña, e todos tivemos que regresar a pe xogando coa neve de camiño a nosas casas. Hoxe voltou a neve a Salceda, a emoción foi a mesma que sentimos fai 22 anos, pero desta vez non tivemos tempo de xogar con ela, pois o ver que nadie saiu o seu encontro esta neve rapidamente se esmoreceu visitando outras latitudes, quedando como unha simple presencia que de seguro tardará moitos anos en voltar a visitarnos.







Vista do barrio de A Feira desde o Gato Fanado





No hay comentarios:

[Valid Atom 1.0]