Buscando entre o arquivo fotografico do Asociación Cultural A Feira, atopamos a estirpe dos de Sempre, regrasando as orixes a traves de diferentes fotografias de distintas decadas que nos mostran a pegada do folclore galego no barrio da Feira, sempre baixo a influencia do entroido que é realmente quen marca o ritmo do asociacionismo e da cultura no barrio.
Non houbo nunca, un gran grupo de gaitas e baile como pode ser actualmente a Banda de Gaitas de Entenza que acadou o 1º posto no Campeonato Nacional de Bandas de Gaitas celebrado en L'hospitalet de Llobregat (Cataluña) no 2007, pero si houbo moitos grupos pequenos que tocaban en actividades culturais dos centros culturais de Salceda ou dos arredores. Tampouco tivemos unha figura sobresainte que destacara musicalmente, pero sí bos gaiteiros.
Grupo de Gaiteiros na romeria de San Cibran
Os primeiros grupos de baile e gaitas estaba dirixida por Jose Acuña alias Meiriño, chegando a actuar na praza do obradoiro en Santiago de Compostela, maiormente se actuaba cando visitaban o Centro Cultural algunha autoridade como foi Don Mariano Rajoy por aqueles tempos na Deputación provincial de Pontevedra ou en anos anteriores cando era moi comun que personaxes e autoridades pertencente o rexime visitaba o Centro Cultural, pois dito Centro pertencia a Red Nacional de Teleclub de España, e tamen polas asociacións pro-Franquistas que aqui había.
Na decada dos 80-90, formase un grupo de Gaitas baixo a dirección de Don Salvador, que actuan co nome do Grupo de Gaitas do C.C.D A Feira, desfacendose a mediados dos 90, ainda que a principios do 2000, o gaiteiro Abel Perez, que perteneceu a Xarabal e que toca na Banda de musica de Salceda, quixo reorganizar de novo grupo de gaitas aportando un toque mais Folk, aportando novos musicos e instrumentos, pero a cousa non saiu adiante, actuando tan só unha vez, desfacendose de novo o grupo.
Estas escaramuzas que quedan do grupo de gaitas, van ir tocando en cenas, despedidas, excursión, e volve a xurdir en 2006 para tocar e bailar baixo o nome de grupo Os Folklorico OS DE SEMPRE. De seguir coa progresión que se esta levando seguramente chegaremos moi lonxe tanto que xa estamos preparando a actuación para o dia de investidura de Barak Obama como presidente de EE.UU, preparados todos que os cambios son chegados, e si os yankees elixen por primeira vez un presidente afroamericano porque nón nos OS DE SEMPRE poderemos chegar a ser algo neste mundo...e en tempos de crise, como os que estamos sufrindo neste momento, que mellor que sair a rua como musicos ambulantes e quitar unha perrillas
As autoridades da epoca nos actos oficiais de inauguración do CCD A Feira
Fotos da actuación do grupo de baile pola visita de don Jose Antonio Campos Borrego, delegado provincial de Información y Turismo nos tempos da Dictadura Franquista, abaixo a noticia da visita recollida nun periodico da epoca, leede a cronica, que non ten desperdicio.
Actuación en Santiago de Compostela
Don Mariano Rajoy na inauguración das obras do acondicionamento do Centro Cultural, moi acondicionado o centro non parece pero .... seguramente que tamen contou coa actuación do grupo de baile.
Primeira e unica actuación do grupo folk Fonte do Viño.
A banda de Gaitas do C.C.D. A Feira a finais dos 80
Os mismos pipiolos que na foto anterior: Juan meiriño, Martin meiriño, Josiño, Manuel Ledo, Abel Perez, Paco, Josiño de Milagros, Andres de Clara, e Andres de Gumian, case todos hoxe participan cos de sempre.
Banda de Gaitas Xarabal, na decada do 80, onde tocou o noso gaiteiro Abel Perez, formaban o grupo os que despois foron grandes gaiteiros, Carlos Nuñez, Anxo Pintos de Berrogueto, Xose Manuel Budiño, Jose Luis Ojea do Castro Barreiro, tamen podedes atopar nesta foto a Don Tiano, lembrades a Don Tiano pois sale aqui na foto
As partes que forman a Gaita Galega, para que lle chamedes polo seu nome a cada cousa
.
6 comentarios:
QUE FOTOS MÁIS BONITAS ... A VERDA É QUE ME TRAEN MOITISIMOS RECORDOS ... QUE PENA QUE O GRUPO "FONTE DO VIÑO " NON SEGUIRA ADIANTE ... PERO BUENO, COMO VEXO XA ESTÁN OS GAITEIROS "OS DE SEMPRE" PARA CONTINUAR ESA SAGA.
A pena devou ser grande pero non por non seguir adiante co grupo "FONTE DO VIÑO", a pena foi grande por gastar unha pasta no traxe.
Que morriña o mirar estas fotos.
E que guapos os gaiteriños do C.C.D. A Feira
bicos
hola buenas tardes, somos Rosi y Jordi del directorio http://aquinosevota.blogspot.com y quisieramos invitarle a participar en el dado la calidad de su blog. No hace falta ningún requisito especial tan solo debe enviar un mensaje con la dirección de su blog y la categoria a la siguiente direccion de correo:
aquinosevota@gmail.com
Un saludo y esperamos no haberle molestado
Imcreible fotografia de Mariano Rajoy Brey, podeis indicar de que año es esa foto y realmente es Mariano Rajoy...puede ser cualquier paisano con gafas.
Realmente es Don Mariano Rajoy en sus tiempos mozos, e creo que a foto esta datada a principios dos 80, cando taballaba na Deputación Provincial, na que seria no 86 Presidente.
Publicar un comentario