miércoles, 15 de octubre de 2008

ENSAIOS PARA SEMPRE

Ainda que vos parece mentira, si... nos tamén ensaiamos algo, non todo vai ser espontaniedade e interpretación. Estamos ensaiando porque o dia 8 de Novembro actuaremos por segunda ocasión no magosto que celebra a Asociación Cultural A Feira, e deleitaremos os veciños e socios coas nosas musicas e os nosos bailes galegos, e como non, queimaremos litros de augardente nunha espetacular "QUEIMADA".

De momento estamos preparando unha muiñeira e unha ghota con bastante imperfecións por parte dos danzantes, seguro que no dia do baile o faremos moito mellor, pouco a pouco, e poñendolle moita voluntade vamos mellorando, ainda que non se note moito. Tan só estamos ensaiando 2 dias a semana e creédeme realmente o esforzo e desgaste físico é supremo, queimando calorias e cargando os xemelgos e brazos co dichoso picado da Xota ou Ghota, tamen a Muiñeira cansa, pero é mais levadeira.

E despois de tanto salto para un lado e salto paro outro, paso adelante paso atras, tacon punta tacon, que mellor que recuperar forzas e grasas queimadas con unha boa chourizada regada de viño novo, que xa vai apetecendo, que xa estamos no Outono, mais que lle pese a alguns, que xa veñen os cogumelos, as noces, as castañas, os figos, o viño novo, a augardente, a carne de caza, YUHUUU, ALEGRIA, quen dixo que o outono era triste...que mellor que estar calor dun bo lume asando uns chourizos, bebendo vo viño e parolando con bos amigos, iso non ai dios que o pague, por iso nós despois de tanto danzar vamos para o pote a papar.


Preparando e poñendo a punto a gaita de Francisco

Os Danzantes esperando a que sone a Ghota.

As chicas no picado da ghota


Montse machacando o picado cos chicos, mentres Sylvia parece ser que ten problema con Xabi.


Exahustas de tanto esfuerzo




Os chouriciños bailando na parrilla, sudando e pingando no lume como sudabamos nós antes.








Estes tres xa non eran eles, xa estaba o viño novo facendo delas, Menos mal que era mencía, si chega a ser Jaca menuda cagarría




Os videos que a continuación podedes ver, non somos nos OS DE SEMPRE, pero chegaremos a bailar igual que eles,...ou incluso mellor.

Video de unha Xota

Video de unha muiñeira.

.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

que ben o pasamos ... sobre todo cando despois de gastar tanta enerxía, zampamos eses bocatas de chourizo ... ¡¡ ANIMO CHICOS ¡¡ que seguro que sale de P. Madre, e se non .... que máis da, o importante e pasalo ben, e nos pasámolo en grande ... bicos

TROMENTA dijo...

E non se olviden de que hoxe temos ensaio, e de novo nos revitalizaremos con chourizos e viño novo, esta vez vai a ser feitos o viño e non a brasa, e tamen haberá castañas cocidas, sin noces porque a nogueira das veiguiñas vai vella e xa non da a produción desexada, pero con castañas do Meiriño.

Anónimo dijo...

ormio, ormioooooooooo ¡¡ menuda festa estamos preparando ¡¡ boa música, boas cancións, e sobre todo, bo baile ... espero que este ano a directiva se porte ben, e que nos regale a aguardiente, a parte dos pinchiños, por suposto ¡¡

chicos ánimo, que o vamos a facer de p ... madre ...

[Valid Atom 1.0]