lunes, 22 de septiembre de 2008

FEIRAS NOVAS DE PONTE DE LIMA

Nin San Froilan en Lugo, nin a Peregrina en Pontevedra, nin San Martiño en Ourense se pode comparar coas Feiras Novas de Ponte de Lima (Portugal), a tan só 20 minutos de Tui por autopista, podemos apreciar cada ano, o 3º fin de semana de setembro da mais grandiosa romeria, festa, feira, mercado... que poidades atopar en toda Galicia e Norte de Portugal, realmente e increible e inmensa a manifestación de folklore popular e tradicional do que podedes disfrutar, un folklore moi similar o Galego e que por desgracia en Galicia estas Feiras xa están esquecidas. Aqui podedes visitar a Feira e concurso de gando nunhas magnificas instalacions, carreira de garranos (cabalos), desfile etnografico de usos e costumes da Rexiao do Alto minho con carrozas e comparsas incluido, musica popular, bombos xigantes, mercado ambulante, concursos de cantos de desafio, fogos de lucería, postos de bebida polas ruas a mansalva, zona de acampamento a caron do rio, áreas de espacio noturno con discotecas moviles para disfrutar da noite, e metros e metros de postos ambulantes donde atoparas de todo...e sobre todo xente moita xente.








Cristiano Ronaldo tamen estivo presente nas Feiras novas




A mini cabritinha

A xente e os animais comparten espacio nas ruas de Ponte de Lima



A innovación mezclado coa tradición


O tradicional leitao portugues podese degustar nos bares ambulantes


Duas meninas esperando polo xantar nun carro de feiras




.



Zona de dudosa legalidad para o campismo


Un mar de lonas cubrindo os postos do mercado


Debaixo das lonas do mercado

.

O desfile etnografico




.

.

.
.

.








Xa sabedes, si tendes a oportunidade de visitar as Feiras Novas de Ponte de Lima, facedeo.... e seguro que vades a quedar inmensamente sorprendidos pola magnutide das Feiras.

.

viernes, 12 de septiembre de 2008

MUSICA FOLK GALEGA

Para todos que disfrutan da nosa musica folk e tradicional de Galicia, temos un enlace a paxina web GHASTAS PISTA, ali podedes atopar a un monton de grupos galegos, miticos como MILLADOIRO, A RODA, FUXAN OS VENTOS, LUAR NA LUBRE , CARLOS NUÑEZ ... e outros de menos sona pero tamen de moi boa musica... (haber cando aparecemos nós OS DE SEMPRE). Pinchando sobre os seus albums musicais podedes escoitar as sua musicas pero esta paxina a parte de poder escoitar boa musica, tamén nos dá outras posibilidades, como actuacións de grupos folk en datas proximas, e rutas de copas donde se pode disfrutar de concertos en directo, atoparedes tamen videos, noticias e historia do folk Galego.

Recordarvos a todos Os de Sempre, que vamos a empezar o ensaio de novos temas musicais e bailes tradicionais os venres no Centro Cultural da Feira, si queredes participar xa podedes vir este venres, e seguro que botaremos unha risas.

lunes, 8 de septiembre de 2008

OS DE SEMPRE NA FESTA DOS CALLOS

Bueno, bueno, a Festa dos Callos de Salceda ano a ano vai recobrando importancia pois segun afirma o Faro de Vigo, foi a festa gastronómica mais importante celebrada en Galicia nese día, non sabemos en que termos se basan para realizar dita valoración, pero si o Decano de la Prensa Nacional publica esa información non seremos nós quen o neguemos.

Xente, habia bastante, non sei si mais ou menos que outros anos, pero... xente habia, o que si quedou claro é que foi un gran fracaso realizar o SERAN no parque raiña Aragonta, a parte de que as condicións climatoloxicas non respetaron a noite do sabado, o parque non crea o mesmo ambiente que o da praza do concello, a ver si para o ano se recupera o Seran na praza, e se deixa o parque da Raiña Aragonta de botellometro que é para o que realmente se pode aproveitar. O Padre Casares (Pedro Alonso) tivo a honra de ser o pregoeiro das festas, e unha vez rematado de dar o pregón, ensalzando as virtudes de Salceda xunto co a dos callos e bla, bla, bla......... foi asaltado por miles de seguidores da sua serie, que pedían ser fotografiado con él, tamén non faltaron os politicos de turno, os xa tradicionais alcaldes da zona achegaronse esta vez a Salceda a conselleria de Vivenda Teresa Táboas, o delegado provincial Gonzalo Constenla, e o de traballo Pedro Borrajo, pero bueno isto non interesa.

Nós, OS DE SEMPRE, estivemos disfrutando da XVI festas dos callos de Salceda, desde a mesma noite do sabado, apoiando os da Virxe da Concepción no seu chiringito calleiro, provandolle o viño e os callos. Estivemos tamen o domingo pola mañá na praza do concello disfrutando do ambiente e da boa música da charanga NBA da Coruña, e tomando unhas cervexiñas a sombra dos stands refuxiandonos do sol que tamen estivo presente. Despois de coller os correspondentes tiket sin ter que esperar nas megacolas que se formaron, pois xa tiña o Meiro os tikets quitados (trafico de influencias) fomos buscar os callos en tarteiras e desprazamonos para o parque dos Agüeiros para ali comelos traquilitos sin agobios, sin mancharnos, sin o mundicio de xente que che colle o sitio nas mesas, sin o tipico codazo que che vai vaciar media cunca de viño, ou tirar coa tapa dos callos, ou ese neno tonto que se che apola todo ladrumado de callos, pordios........xa sabemos todos o duro que é intentar chegar desde o dispensadoiro dos callos ata unha mesa libre...

Despois de limpiarnos entre pecho y espalda duas tarteira de callos e un par de botellas de viño, e otro par de licores, xa pola tarde, uns xogamos o truco, gañando as novas xuventudes perdendo os vellas xeracións, outros o tute cabrón e outras foron a Regueira a tomar un xelado, pero como vale mais unha imaxe que mil palabras aqui vos queda uns videos unha cantas fotografias.¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ POR CERTO OS CALLOS FALTABANLLE PICANTE!!!!!!!!!!!!!!!!

A charanga NBA

As chicas de sempre intentado bailar unha muiñeira

No chiringhito da Concepción


O señor Juan coa cunca de viño na man



O Xerente de Emirates Arabes & Miguez Investiment, disfrutando dos callos


O Padre Casares a o fondo, deixou de repartir hostias para repartir callos

















Partida de tute cabron






O Breixo facendo a mona


Noelia cheiña de licor cafe, ampliar a imaxe e fixarvos na sua cara, !!!ESTA ENGANCHADISIMA!!!!!

A Xavi xa lle vai entrando o becho da percusión


O Presente dos de Sempre



O Futuro dos de Sempre.

martes, 26 de agosto de 2008

FESTAS GASTRONÓMICAS DE GALICIA

Pois si, como non facer unha reseña das festas Gastronómicas que se celebran en toda Galicia durante todo o ano, nos OS DE SEMPRE que somos amantes da cociña galega e co pouco que nos gusta comer, e xa proximos a celebrar a XVI Festas dos Callos de Salceda de Caselas, que mellor que crear un link ou enlace para que cando non teñades nada que facer ou non teñades ganas de cociñar que mellor que ir comer fora e disfrutar de un dia de romeria e festa, porque a parte de degustar o prato típico da zona seguramente que tamen disfrutades de boa musica tradicional, pois en Galicia a musica e o xantar van da man, a verdade que despois de comer e beber calquera fai festa pero bueno, si viaxades polo resto da peninsula, si queredes ver musica tradicional seguramente teredes que pagar, sobretodo no sur, concretamente o Flamenco..., que presume de ser o folklore typical Spanish, pero de espondaniedade e gratuidade nada de nada....

Segun un estudio publicado por CAIXAGALICIA, reflexado no libro TEMPOS DE FESTA EN GALICIA, en Galicia hai mais de 8.000 festas anuais (Gastronomicas, Relixiosas, Paganas..) liderando esta categoria a nivel europeo. Si dividimos 8.000 festas entre os 315 concellos de Galicia saenos 25 festas aprox., de esas 25 festas a metade son festas relixiosas ou romerias, e decir 13 relixiosas, 5 son feiras ou mercados, 2 etnograficas-culturais e 5 son gastronomicas, e decir 5 por 315 concellos temos nada mais e nada menos que 1575 Festa Gastronomicas en total, sempre falando dunha media, haberá concellos con mais e outros con menos. Está claro que non todas teñen a mesma sona e afinidade, nin son ampliamente coñecidas, pois fozando en internet atoparedes listados donde non coinciden uns cos outros, onde aparecen unhas e non aparecen outras, e tamen hai que ter en conta que cada ano se crean novas festas.

As festas Gastronomicas en Galicia están claramente diferenciadas tanto xeograficamente como temporalmente. Xeograficamente claro está, as poboación proximas o mar celebran a suas festas realicionadas cos productos que dá o mar, ( Festa da Ostra, Do mexilon, Do percebe, Da Langosta, Do Berbecho, Do Marisco, Da Sardiña, Do Xurelo, Do Bonito, Da Solla,.....) e case sempre estas festas celebranse na temporada do veran (de Maio a Outubro). Por otro lado estan as terras do interior de Galicia donde o porco e gran maestro de ceremonias ( A festa do Cocido, a festa do Porco , a da Cacheira do Porco, a do chourizo, a do Xamón, a do Lacón, do Codillo, a do Butelo, a da Ourella, a do Churrasco, a do porco Cebado....) con calquera parte do porco se aproveita para celebrar unha festa,... é que o galego gusto moito do porco, tamen hai festa de outros animais como o cabrito, carneiro, o xabarin, o boi, a vaca, animais de caza... estas festas celebranse mais no inverno, sobretodo proximos as Festas do Entroido ou do San Martiño. E despois dos pratos principais tamen celebramos en Galicia festas gastronómicas dedicadas os postres, as froitas, hortalizas, etc....e aqui tamen temos tela ( A festa da Filloa, da Nabiza, da castaña, do Magosto, do Cogumelo, da mel , do Queixo, da Cereixa, do Melindre, da Rosquilla, do Pemento, da Pataca..........E que comentarvos das Festas do viño que se celebran en Galicia. So temos 5 denominación de Orixen (O Ribeiro, Valdeorras, Rias Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei) pero festas......a moreas, por nominarvos algunhas: a Festa do Viño do Condado, Festa do Viño de Rubiós, Do viño novo en Arantei, Festa do viño do Rosal, a do Ribeiro en Ribadavia, a Festa do Albariño en Cambados, Festa do viño de Amandi Da Ribeira Sacra en Sober, Festa do Viño de Valdeorras, Do viño Tinto de Barrantes, Festa do viño de Betanzos, Festa do viño do Ulla,.... etc, etc, etc .....bueno, pero si non nos chega co viño, despois temos as festas do Augardente y derivados, Festa do Augardente en Sela(Arbo), Festas da Augardente do Ulla, Festa do Augardente de Valga, Festa do Augardente de Portomarin, Festa do Augardente de Campo Lameiro, Festa da Queimada en Cervo e tamen en Riós, Do licor Cafe en Leiro, de Sopas de Burro Canso en Muiños....etc,etc,etc


Para comenzar este fin de semana xa podemos disfrutar da Festa do Viño do Condado de Salvaterra, recomendase levar roupa comoda e non moi chip, porque a choiva de viño e moi comun a partires do mediodia, e non vos olvidedes de linkear na barra da dereita deste blog si queredes ter información sobre festas Gastronómica.

.

martes, 12 de agosto de 2008

PARTICIPA NO BLOG ENVIA AS TUAS FOTOS

Despois de facer as correspondentes comprobación agora xa podedes crear vos mesmos as entradas (publicar textos, fotos, videos...) e así ampliaremos e diversificaremos a tematica, enriquecendo este blog. Para poder enviar as tuas entradas, tendes que buscar o ultimo icono que vos aparece na barra lateral, e pinchades sobre ENVIA AS TUAS FOTOS, COMENTARIOS,VIDEOS,... O que ti nos envíes chegará a unha dirección de correo deste blog, e permanecerá en espera a que nós a publiquemos, despois de pasar a nosa censura e verificar o contido, editaremos a tua entrada neste blog, sempre que respecte a honorabilidade das personas que poidan sair referidas directamente nese texto, e decir, si algo que mandades non se publica foi porque o Señor censor non lle parecía correcto publicar dita entrada. Asi que xa sabedes, axudar a manter este blog coas vosas publicacións. (non importa si ten erros ortograficos , pois nós temos un corrector acojonante).

.


FOTAS DA FESTA DA HISTORIA

Os Caballeros de corpo redondo, na corte das doncellas escarabellas

Doña Jimena de Nogueira co Cabaleiro da Feira.


miércoles, 6 de agosto de 2008

CUMPREANOS DE SYLVIA

O sabado da Cupseicion, celebramos o cumpreanos de Sylvia con unha menumental sardiñada. Sardiñas procedentes de Portugal, concretamente do Modelo, e decir sardiñas Modelo, e debían de ser modelos de alta costura, pois estaban buenissimas. Tamen o Meiro preparounos unha deliciosa paella na que non faltaba o Socarrón, o coñecido popularmente como Esturro, pero bueno dicen que por terras do Levante e o mais apreciado da paella. E como aínda era pouco consistente o menu, as Chicas prepararon un contundente salpicon donde non faltaba nidios, todo regado de bo viño e de boa sombra.


Josiño e Sylvia presentaronos o novo membro da familia, a "Yenifer" unha cadela boxer, que igual co seu dono so fai dormir, e xunto con "Demetrio" son polo momento os fillos deste matrimonio, aínda de que xa hai rumores de que pode estar en camiño un fillo humano, DISQUE.

Tal para cual......, menuda parella de dormilóns, o que che espera Sylvia..., si antes tiñas que espabilar o Jusé agora xa son dous (estaranche facendo complot)

A Homenaxeada en primer termo, o seu carón Beatris, e na punta A Vella (la mujer de un miembro de la Concepción)


A la izquierda de la foto, LA GUADA, no centro con cara de asco A FUNIQUEIRA, e detras da botella de viño NURI

¡Ruçio, dalle de comer tamen a Lara!..... non comas ti todo
.
SÍ es el, PERROMUCHACHO, e detras del o ROXO, que non perde bocado
.
O Meiro buscando o tenedor
.
San Roque mais o can

Yenifer, la perra muchacha

[Valid Atom 1.0]