domingo, 22 de agosto de 2010

XVIII FESTA DOS CALLOS (CALLOS NON STOP)


Despois de un mais que merecido descanso vacacional, voltamos coas pilas recargadas e con mais gañas de retomar este camiño blogeano emprendido xa fai dous aniños.




Proximo estan xa as datas fas Festas dos Callos de Salceda de Caselas que novamente acollerán os días 4 e 5 de setembro a miles de estomacales para degustar miles de racións de callos, tamén se poderá disfrutar de moitas actividades complementarias, como o mercadiño de oportunidades dos comerciantes de Salceda, a exposición de antiguedades no centro da Devesa, a actuación de Uxia Senlle no auditorio de Salceda o domingo 5 as 21:00, e o pregón as 10.00 h. que este ano corre a cargo de MOFA e BEFA.


Este ano queremos facer unha chamada para todos os que pasades por estas festas dos callos, de que non vos esquezades de visitar o Stand que terá montado a Comisión de festa da Concepción 2011, porque poderedes tomar os callos desde o sábado pola maña ata o domingo pola noite, nunha sesión de CALLOS NON STOP, donde serviranse callos durante mais de 24 horas e cos mellores prezos das festas e sen gardas longas colas, servindo ademais de tamen pulpo, orella, viño branco, viño tinto, licores e cafe, con prezos modicos e sempre a sabendas de que se está colaborando coas festas da Concepcion 2011.




No hay comentarios:

[Valid Atom 1.0]