Cristiano Ronaldo tamen estivo presente nas Feiras novas
Un mar de lonas cubrindo os postos do mercado
Debaixo das lonas do mercado
.
.
.
Cristiano Ronaldo tamen estivo presente nas Feiras novas
Un mar de lonas cubrindo os postos do mercado
Debaixo das lonas do mercado
.
.
Recordarvos a todos Os de Sempre, que vamos a empezar o ensaio de novos temas musicais e bailes tradicionais os venres no Centro Cultural da Feira, si queredes participar xa podedes vir este venres, e seguro que botaremos unha risas.
Bueno, bueno, a Festa dos Callos de Salceda ano a ano vai recobrando importancia pois segun afirma o Faro de Vigo, foi a festa gastronómica mais importante celebrada en Galicia nese día, non sabemos en que termos se basan para realizar dita valoración, pero si o Decano de la Prensa Nacional publica esa información non seremos nós quen o neguemos.
Xente, habia bastante, non sei si mais ou menos que outros anos, pero... xente habia, o que si quedou claro é que foi un gran fracaso realizar o SERAN no parque raiña Aragonta, a parte de que as condicións climatoloxicas non respetaron a noite do sabado, o parque non crea o mesmo ambiente que o da praza do concello, a ver si para o ano se recupera o Seran na praza, e se deixa o parque da Raiña Aragonta de botellometro que é para o que realmente se pode aproveitar. O Padre Casares (Pedro Alonso) tivo a honra de ser o pregoeiro das festas, e unha vez rematado de dar o pregón, ensalzando as virtudes de Salceda xunto co a dos callos e bla, bla, bla......... foi asaltado por miles de seguidores da sua serie, que pedían ser fotografiado con él, tamén non faltaron os politicos de turno, os xa tradicionais alcaldes da zona achegaronse esta vez a Salceda a conselleria de Vivenda Teresa Táboas, o delegado provincial Gonzalo Constenla, e o de traballo Pedro Borrajo, pero bueno isto non interesa.
Nós, OS DE SEMPRE, estivemos disfrutando da XVI festas dos callos de Salceda, desde a mesma noite do sabado, apoiando os da Virxe da Concepción no seu chiringito calleiro, provandolle o viño e os callos. Estivemos tamen o domingo pola mañá na praza do concello disfrutando do ambiente e da boa música da charanga NBA da Coruña, e tomando unhas cervexiñas a sombra dos stands refuxiandonos do sol que tamen estivo presente. Despois de coller os correspondentes tiket sin ter que esperar nas megacolas que se formaron, pois xa tiña o Meiro os tikets quitados (trafico de influencias) fomos buscar os callos en tarteiras e desprazamonos para o parque dos Agüeiros para ali comelos traquilitos sin agobios, sin mancharnos, sin o mundicio de xente que che colle o sitio nas mesas, sin o tipico codazo que che vai vaciar media cunca de viño, ou tirar coa tapa dos callos, ou ese neno tonto que se che apola todo ladrumado de callos, pordios........xa sabemos todos o duro que é intentar chegar desde o dispensadoiro dos callos ata unha mesa libre...
Despois de limpiarnos entre pecho y espalda duas tarteira de callos e un par de botellas de viño, e otro par de licores, xa pola tarde, uns xogamos o truco, gañando as novas xuventudes perdendo os vellas xeracións, outros o tute cabrón e outras foron a Regueira a tomar un xelado, pero como vale mais unha imaxe que mil palabras aqui vos queda uns videos unha cantas fotografias.¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ POR CERTO OS CALLOS FALTABANLLE PICANTE!!!!!!!!!!!!!!!!
A charanga NBA
As chicas de sempre intentado bailar unha muiñeira
O señor Juan coa cunca de viño na man
O Xerente de Emirates Arabes & Miguez Investiment, disfrutando dos callos