Non pretendemos abrir antigas loitas producidas na parroquia de Salceda de Caselas co tema do Rancho de Reis, pero queremos denunciar un pequeno incidente, desagravio cara o noso grupo OS DE SEMPRE, pois nos meses de verán presentamos a un chamamento do Grupo O SERÁN para retomar nós coa danza de Reis, pois as dúas persoas que ata esa data o estaban bailando non se atopaban con folgos para seguir interpretando esta tradicional danza...Cando acudimos o primeiro ensaio desta danza un dos danzantes encargado de ensaiarnos díxonos que él non se atopaba con ganas de nos ensaiar, pois que xa era maior e non se lembraba de moitos puntos e si podíamos buscar a outras persoas que nos ensaiara e nos aprendera esta danza cousa que ata agora nos resultou moi dificil de atopar alguén disposto a perder o seu tempo para nos aprender esta danza... A sorpresa foi maiuscula cando nos atopamos o día de Reis con un rancho novo feito con danzantes foráneos a nosa parroquia e a Salceda, ¿Quen ensaiou a esta xente? ¿Non quixeron esaiarnos OS DE SEMPRE, por ser do barrio da Feira? ¿Por que non se nos consultou nada? ¿ E mais correcto enseñarlle a xente da parroquia o rancho de Reis ou a otras personas de fora de Salceda? ¿Que opina a concelleira de Cultura sobre este feito?...
2 comentarios:
Podo asegurar que fun a primeira en non estar dacordo con esta decisión, e a primeira en intentar que se cambiase isto. Agora ben, finalmente e ante a negativa de ensinar a danza de reis a xente da Feira se non había ninguén do Barreiro, tamén é certo que me parece correcto que se lle ensinara a danza a Marcos e Victor, sobre todo porque se temos en conta que estamos a falar de dous mestres de baile, estes mesmos mestres estarán ou así o intentaremos nas accións de recuperación desta danza que se leven a cabo por parte do Concello, e que visto o acontecido se fará xa a partires do vindeiro ano. Polo tanto, o grupo Os de Sempre tedes todo o apoio desta concelleira no que se refire ao tema da danza de reis, e así llo fixen saber aos integrantes do grupo O Serán. Por outra banda aclarar que estamos a falar dun tema completamente alleo ao Concello e a esta concellaría, no que participo como gaiteira pero nunca como concelleira. Pola miña parte, adiante, e espero que o vindeiro ano poidamos falar dun rancho feito con xente de Salceda, independentemente de que sexan da Feira do Barreiro, da Esfarrapada ou de onde sexa. Saudos e a seguir traballando
Nos tampouco estamos a criticar a concelleira de Salceda, tan só pedíamos a sua opinión...e valoramos positivamente o teu comentario e a tua opinion sobre esta tema.
Publicar un comentario