O proximo sabado día 27 de novembro, as 14:30 posiblemente no recinto do Pote da Feira, celebraremos a comida anual de inverno da Peña do Carallo, así que todos os membros de dita peña terán que estar o día nos pagos das cotas para poder asistir o xantar. Como sabedes está exposto na cantina da Feira o carton para realizar os pagos do ano 2010, asi como tamén o menu do xantar, que consistirá en cocido galego, con sopa, galiña vella, todo do porco, carne da falda e do xarrete, patacas, feixon, verzas, chourizos, .... e moito viño. O grupo encargado de organizar este xantar esta composto por Manolo e Ruben de Cholo, Jose e Cesar Fariña, Manolito de Rocha e Oscar. Para o ano quedan encargados de organizar as actividades e a cena do veran e o xantar de inverno: Toñi e Josiño de Milagros, Cesar de Albina, Enri, e Pablo de Gildo. Para o ano seguinte o grupo encargado é Martin, Javi Vello, Abel, Paco de Sara e Ruben de Fino.
6 comentarios:
A asistencia de Ruben de Cholo depende da presa k teña o pekerrecho de probar o cocido. JAJAJA.
Pois vaite preparando para ir esa noite o paritorio. Antia do vello naceu o dia despois da comida do Corzo.
Non fastidies eh! K me deixe rematar o mes. O dia primeiro xa ten permiso para nacer. Ademais ese día xa está programada a montaxe da árbore de nadal, k logo a nai o mellor non ten forzas.
Y como siempre, a atiborrarse, que buena esta la comida gallega, estupenda. Que la disfrutéis, pero con cuidadito.
Un saludo muy cordial.
pois eu tamen estou pendiente de ir po paritorio,levaremos un taper jejej
pois eu tamen estou pendiente de ir po paritorio,levaremos un taper jejej
Publicar un comentario