domingo, 4 de julio de 2010

CUBALITRO 2010





Trixesimodecimacuartaxésima edicion do Cubalitro, a festa de todas as festas das que se celebran en Salceda de Caselas e parte do extranxeiro.

Preparade o fígado, ide facendo estiramentos estomacais, poñede a punto os vosos riles, o sistema de absorcion, distribucion e filtrado de liquido dos vosos corpos, teñen que estar o 100%, hai que dalo todo, que non vos colla o cubalitro en baixa forma, que non vos colla ... porque despois pasa o que pasa, devolución por un lado, devolución polo outro, xente tirada polas cunetas, entre o millo, no medio das verzas, debaixo das viñas, que si me sentou mal...que si era garrafon, excusas...e mais excusas...Ide bebendo estas semanas para chegar o día a tope e poder disfrutar da festa o máximo...Que non estamos incitando a xente a que se dé a bebida, a que se alcoholice, pois tamén temos zumol e frisumo, e auguiña da fonte do viño.

O Proximo venres 16 de xullo, todos a festa do cubalitro no torreiro da Concepcion, a parte de moito líquido, esta ano volve a discoteca movil SPACE MUSIC, sin dúbida o mellor discoteca movil existente no mundo mundial, miles de millóns de kilowatios de sonido e iluminacion, e miles de millons de mega go-gos, e mais 200 kilovatios de xente guapa, tamen habera a 1ª FESTA FLUOR, que vai a ser todo unha sorpresa, as empresas dentríficas patrocinan esta festa , a si que xa podedes traer a boca limpa porque haberá revisión odontolóxica, pero tamén traer vestimenta de cooor BRANCO, promete ser unha noite moi fosforita e fluorescente.








1 comentario:

Unknown dijo...

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CARBALLEIRA DE PICOÑA CONVIDAVOS Á INAUGURACIÓN DA RUTA DOS MONTES DE SAN CIBRAN QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO 10 DE XULLOÁS 12 EN SAN CIBRÁN.
ÁS 9:45 SALIRÁSE DENDE AS CONFORCADAS, EN SAN XURXO, PARA FACER O CAMIÑO ATA SAN CIBRÁN CHEGANDO ÁS 12

[Valid Atom 1.0]