jueves, 3 de junio de 2010

Iª FESTA DA CERVEXA E X DO POLO ASADO



Prepárate para o fin de semana do 11 o 13 de xuño, porque no torreiro de festas de Santa Maria de Salceda celébrase o venres 11 pola noite a festa da Cervexa e que terá a sua continuación, segun nos contan os membros da comisión de festas, o sabado 12, pola tarde, donde tamen haberá un campionato do xogo popular da chave e se seguirá repartindo cervexa a un prezo módico de 1,5 Euros.
A primeira festa da cervexa, o noso particular Oktobeerfestival, donde poderemos degustar a cervexa Bittburger e Erdinger. Non quero nin pensar si por sorte toca unha noite quente de veran, cantos litros de cervexa se poden chegar a engulir, cantos litros de orina se poden destilar, e por si fora pouco o domingo 13 a Xª Festa do Polo a Brasa, todo organizado pola comision de festas da Virxe da Concepcion 2010.



Estamos que non paramos coas festas que se organizan no torreiro, despois de pasar o festa do Xabarín e o Trececatorce, agora a festa da Cervexa e do Polo Asado, logo xa ven o carnaval de Veran e o Cubalitro, quen dixo que non había actividades en Salceda, estamos que non paramos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

E HABERÁ MULLERES BÁVARAS PECHUGONAS MOSTRANDO O CANALILLO, CARREXANDO PINTAS DE CERVEXA VESTIDAS CON TRAXES TÍPICOS ALEMANS, IGUALIÑO QUE EN MUNICH.. SE É ASÍ EU SON O PRIMEIRO EN IR...

[Valid Atom 1.0]