Como xa sabedes, esta ano adicase o dia das Letras Galegas a Uxío Novoneyra, poeta nado na Serra do Courel no ano 1930 e finado en Santiago de Compostela no ano 1999. O Courel, o cal debuxaría como ninguén, nas súas obras literarias, describindo a vida e o paisaxe da súa serra.
Serra que para quen escribe estas liñas lle resulta un lugar de inigualable beleza e de inolvidables recordos de anos mozos. Recordos de anos pasados, descubrindo a nosa terra galega a través de camiños e sendas pola cal descorrían as nosas andainas do grupo de sendeirismo que formábamos alumnos e profesores, con un obxectivo común de descubrirnos a nos mesmos a través de outras formas de vida, de paisaxes, de costumes, do rural, tamén de outras falas, pero sobre todo co contacto coa natureza. Hoxe lendo fragmentos da poesía de Uxío Novoneyra, volvo a recordar os derradeiros anos da década dos 90.
Cando a maioría da xuventude estaba tola por rematar o curso, e saír de vacación para zonas turísticas masificadas, o noso grupiño buscaba lugares mais tranquilos, de indubidable valor ecolóxico e paisaxísticos, sen nada mais que ofrecer que as súas xentes e o súa natureza. Un de eses lugares é a Serra do Courel, e unha destas saídas do grupo de sendeirismo levounos durante unha semana de xuño a disfrutar destas terras. Cada palabra de Uxío Novoneyra lévame a ese camiño, a esa fraga, a esa devesa, a ese muíño, a esa ponte, a ese río, a ese aire fresco do Piapaxaro, a esa auga ferruxenta da fonte do Cervo, a eses castiñeiros e faias da impresionante Devesa da Rogueira. Recordo as noites quentes de xuño no cámping de Seoane do Courel, noites de augardente e queimada, noites de festa e inmensa soidade, nós, o monte, a lúa, as estrelas, o són do río Lor. O sol do mediodía, nas costas camiño de lagoa da Lucenza, entre xestas e carrascos dos montes pelados do Piapaxaro e Formigueiros, Sombras escuras e frescas en profundos vales en Moreda, pobos aillados enlousados, camiños de lameiros buscando Ferramolin, camiños estreitos que nos levan a aldea de Vilar, camiños e mais camiños que nos transportan a Terras da Comarca, como se de unha novela de J.R.R Tolkien se tratase, terras de elfos, de fadas...,
Anos mais tarde volvín o Courel, para pasar novamente unha semana nesta serra, pero algo estaba pasando, estaba ferida de morte, sufría unha enfermidade interna, algo lle estaban facendo a esta serra, algo lle estaba perforando o estómago, unha canteira de pizarra estendíase polo seu ventre coma un cancro, engulindo a súa flora, a súa paisaxe, a súa fauna, convertendo en queimazón os seus verdes pastos, convertendo un fermoso val nunha horríbel canteira que enche de euros día a día os bolsillos de algúns especuladores, pero que deixará a corto prazo unha serra baleira sen alma, sumida na mais grande pobreza.
Hoxe lendo a Uxio Novoneyra, volvín a viaxar o Courel, volvín a respirar esas terras...

Terras outas e soias!
Serras longas mouras!
Eu son esta coor de soedá
Ancares soñados co lonxe!
Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do
Candedo ás Moás!
Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro
Tesos cumes do Courel! Pobos probes
Ardidos de tristura mouros de queimados!
Lor ruxindo polo val pecho!
Ucedo e ucedo!
Fontiñas outas
penedos
carrozos escuros
fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras
que soio vistes
istes tesos e máis estes vales!
Aturula a curuxa e canta o cuco
Medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose
Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte!
Serra aberta .

9 comentarios:
Moi bo artigo, eu tamen amo moito esa serra, magua que os políticos de turno non protexan e defendan o suficientemente esa zona do interior lucense como area de especial proteccion da natureza.
estás feito un poeta do carallo (da peña do carallo), mira que todo o que escribas aquí vai a medias cos de sempre o día que teña valor, senón mételle o copyright....
fermosa homenaxe o finado e a súa, como ben dis, ferida terra. Saúdos e apertas
Que a poesía que aparece na entrada en cor negrita e en cursiva, é de Uxio Novoneyra, do seu libro EIDOS, non é miña, eu so escribín o texto ohomenaxe nun momento de nostalxia pensando na sua terra.
Si o meiro`s ten razón... creo que te trabucaches de profesión. Vas a ter que facer un periódico para Salceda, que se che da moi ben facer de reporteiro.
Moitas gracias, xa me gustaria a min...Por certo, ¿sabedes que ten fotos da festa Trececatorce, queria facer unha entrada pero eu so teño 4 fotos, 2 do noso grupo no momento que estamos comendo e outras duas do duo de animadores?. Si sabedes de alguien que teña fotos que as envien o correo electronico de os de sempre, a ver si podo facer unha pequena entrada.
Mira no blog dos trececatorce, que alí ao millor teis con quen contactar e pedirllas.
Moi bo artigo.Eu creo coñecer bastante ben O Courel.Dos "Eidos" de Uxio, xamais esquecerei "Courel tesos cumes que ollan de lonxe eiquí síntese ben o pouco que é un home".
Bonita entrada.Yo estube en los Ancares en la parte de Leon y en la de Lugo, y el paisaje es precioso. Tendré que visitar el Caurel, ¿Hay casas de turismo rural?...
Publicar un comentario