Rematou a temporada balompedística para o equipo do F.C. A FEIRA, que no seu retorno a 1ª Division do Campionato de Aficionados de Salceda alcanzou o 5º posto da taboa clasificatoria, proclamándose así como o equipo revelación, realizando unha primeira volta espectacular donde nunca abandonou o 2º posto na clasificación, perdendo na segunda volta algo de forzas para rematar definitivament no 5 posto. E co remate da temporada realizouse a tradicional churrascada do equipo, que este ano sí o poidemos celebrar nos Agueiros, este ano non houbo a choiva que ano tras ano nos empedía celebralo neste parque. Disfrutamos dunha xornada campestre moi calurosa e moi intensa, e co remate da temporada chegaron o turno de elixir novos delegados e as altas e baixas do equipo...A sorpresa foi que este ano deixanos despois de mais de 15 anos no equipo, Fran, e tamen Juan Pablo. Como obxectivo prioritario para reforzar o equipo para a proxima tempada, estableceuse buscar un porteiro e un bo dianteiro que nos permita entrar na Champions League e como non loitar polo titulo ligueiro.
O equipo da Feira tomando algun sustancia revitalizante antes do ultimo partido de futbol coa sua 2ª equipacion.
En primer plano os dos compañeiros que abandonan este ano o equipo
2 comentarios:
estas mulleres para comer apuntanse pero non para animar os domingos a maña,e para o ano menos cenas q apartir de navidad foi cando baxaistes o ritmo, e un bo dianteiro seria papadopoulos
Felicidades polo 5º posto na taboa clasificatoria, moi moi ben, seguide nesa liña e seguro que alcanzaredes o obxetivo CHAMPIONS.
Un saudo e grazas por representar e deixar o nome da Feira o máis alto posible. ¡¡¡Aupa Feira!!!
Publicar un comentario