Este sabado, Os de Sempre participamos na inauguración de un novo espacio verde, ecolóxico e enotgráfico en Salceda do cal xa vimos falando neste blog como é a carballeira de Xabaris. Como xa víñamos contando e facendo un seguimento das ditas obras de recuperación desta carballeira, pensamos que debeu ser esta a causa de que o Alcalde de Salceda se puxese en contacto connosco para reclamar a presencia nesta inauguración do noso grupo folclórico, así Os de Sempre compartimos protagónismo musical co grupo de Gaitas do Castro Barreiro.
O concello tivo a honra de convidar os veciños da Feira e Castro Barreiro para que se acercaran o lugar e disfrutar desta nova area de recreo e compartir un viños e escoitar o noso repertorio musical. Despois dos discursos protocolarios, o protagonismo foi para os mais vellos do lugar que foron os encargados de descubrir o penedo conmemorativo no que figura a data de dita inauguración.
Na foto de arriba podedes ver como quedou a fonte de Xabaris, unha vez rematada as obras, e na foto de abaixo asi estaba cando fixemos a primeira referencia a esta carballeira no noso blog, no inicio das obras
Na foto de arriba podedes ver como quedou todo o espacio da fonte e lavadoiro de Xabaris, unha vez rematada as obras, e na foto de abaixo asi estaba todo cuberto de silvas e ortigas cando fixemos a primeira referencia a esta carballeira no noso blog, no inicio das obras.
1 comentario:
Non entendo por que o Concello non utiliza o escudo nas placas conmemorativas, e no seu lugar ese "horrible" logotipo.
Publicar un comentario