Xa facía tempo que non celebrábamos unha despedida de solteiro, e moitos xa a votabamos de menos. Este fin de semana volvemos de novo as andadas e despedimos, como Dios manda a Andres de Clara, como sempre xuntamonos o redor dunha mesa para degustar Carne o Caldeiro, regado de bo viño e despois postre e multiple variedade de licores, donde o protagonista foi o Licor de Toxo.
Comenzou o día con bombas de Palenque
Despois da sobremesa pasamos o correspondiente pasaruas polo barrio da Feira, percorrido tradicional, A Cantina, Tenda de Mitos e esta vez atrevémonos a ir a pé ata o Hipo Pub, en Alxen, polo cal a travesía ata dito lugar foi do mais divertida. Si o Licor de toxo foi o protagonista da sobremesa, o Toxo en sí, foi o protagonista do camiño ata Alxén, moitos revolcóns levaron alguns en ditos toxos e silvas, existía unha especie de atracción entre dita planta e o noivo, que cando nos despistábamos xa o víamos a cabalo dela. O regreso da de Hipolito perto das nove da noite foi aínda peor, pois fíxosenos de noite cando íamos polo monte das Torres e Real de Montes, e entre a escuridade do Lusco e Fusco e o enfuscados que víñamos moitos, levounos unha eternidade chegar a Cantina da Feira, pero bueno foi moito divertente. Xa estamos anseosos e esperando para celebrar outra.
Comenzou o día con bombas de Palenque
2 comentarios:
Que bien se la psaron :)
Saludos!
gnuTrade
Isto non e nada comparado ca despedida da noiva. Buscade en despedida de Aurora.
Publicar un comentario