miércoles, 19 de agosto de 2009

RUA MARTIN SHEEN EN SALCEDA


Pois si que esta dando que falar o binómio Martín Sheen e Parderrubias nos medios de comunicación, e nón nos estamos a referir a nivel provincial ou autonómico como pode ser o Faro de Vigo, a Voz de Galicia ou a TVG, referímonos cando o outro día poiden escoitar no programa matinal da Cadena Ser de HOY POR HOY na edición nacional como unha reporteira deletreaba o nome de Parderrubias, clasificando como "Parderrubias una pequeña aldea del ayuntamiento de Salceda de Caselas al sur de la Provincia de Pontevedra, " referíndose o lugar de nacemento de Francisco Estevez, pai de Ramón Gerardo Antonio Estévez, coñecido como Martin Sheen, o protagonista principal da película Apocalypse Now xunto a Marlon Brando, memorable pelicula de Coppola, espetaculares imáxenes, escenas que se me grabaron na memoria, como cando o batallón da División Americana Aerotransportada entraba nun poblado vietnamita bombardeando e rociándo e queimando todo con gas napalm, mentras se escoita a música da Cabalgata das Walkirias de Wagner, im-pre-sio-nan-te. Pero bueno, que me vou polas ramas, querendo falar de Salceda xa cheguei o Vietman.

Martin Sheen está situando a Salceda no mapa de España e si cadra no mundo. Estes días visitou Galicia para preparar unha rodaxe sobre o camiño de Santiago, un film na que el vai ser o protagonista e será dirixido polo seu fillo, o director e tamén actor Emilio Estevez. E como estaba por aqui, aproveitou para acercarse a Parderrubias, donde conserva unha casa con un terreno xeitoso, decirvos que as fotos que podestes contemplar no Faro de Vigo non correspondían coa casa que teñen na Revolta, esta casa da Revolta disque esta moi ben conservada e arreglada, pois visita con mais frecuencia da que pensamos Parderrubias, por eso desde aqui desde este blog queremos que vos unádes o grupo creado en FACEBOOK, Por Unha Rua para Martin Sheen en Salceda, porque posiblemente, sexa o único polo que se coñece Salceda fora da nosa província, porque agora mesmo é o único persoeiro de relevancia mundial con orixes en Salceda, porque a pesares de ser unha estrela cinematrográfica non oldiva as suas raices e sempre que o tempo llo permite visita Parderrubias, e mantén o contacto coas xentes cos veciños desta parroquia. Porque e máis coñecido Salceda de Caselas por Martin Sheen que por a Festa dos Callos e a do Entroido. Porque posiblemente si tivese raices en Andalucia, Cataluña ou Madrid, xa tiña o titulo de fillo predilecto do pobo, as chaves da cidade, ou calquiera titulo honorifico que se poida otorgar.

Pois iso QUEREMOS UNHA RUA PARA MARTIN SHEEN EN SALCEDA

4 comentarios:

An dijo...

Home. de seguro aviache ser un bo detalle :)e moi turistico SAúdos

Ajulla dijo...

Vaia, vaia... non sabía eu que viña asíduamente a Salceda... O que pasa que non debe de saír moito da casa, cando esta nela, senón igual o atósigan. Non a xente senón os medios de comunicación.
Unha rúa xa!!!!!!!!!

TPG dijo...

Non é por desanimar, pero debedes saber que Martin non quere rúas nen nada que leve o seu nome; dice que non é merecedor de tal cousa. E se o digo é porque o sei de boa tinta, que contctos xa os houbo, non para unha rúa pero si para outras cousiñas...

Anónimo dijo...

E eu pensando que era unha lenda urbá.... Manda ca... xa nos deixaron sin lenda. MUKIS

[Valid Atom 1.0]